Galicia (1900-1936): Contexto Histórico, Cultura e Vangardas Literarias

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,54 KB

Galicia ata 1936: Contexto Histórico e Cultural

O cambio de século supuxo para a literatura galega unha época de decadencia.

Acontecementos Históricos Clave

Galicia viuse máis condicionada pola tradición que España.

Reinado de Afonso XIII (1902-1931)

O primeiro terzo do século foi fundamental para Galicia, marcado por:

  • Agrarismo: Movemento social que reivindicaba a abolición dos foros.
  • Nacionalismo: Tras os movementos provincialista e rexionalista, faltaba artellar o movemento nacionalista. Así, creáronse as Irmandades da Fala na Coruña no ano 1916. As Irmandades da Fala foron unha organización nacionalista que, a través da lingua, reivindicaba politicamente Galicia e a súa cultura.
  • Emigración: O fluxo emigrante foi constante, o que causou desestruturación e despoboamento do territorio de orixe.

A Segunda República (1931-1936)

Este novo réxime trouxo modernidade e democracia a Galicia. En 1931, as Irmandades da Fala crearon o Partido Galeguista, que conseguiu que o pobo aprobase o Estatuto de Autonomía, aínda que non chegou a ser aceptado nas Cortes polo inicio da Guerra Civil.

A Guerra Civil Española

O que predominou en Galicia foi a represión do bando nacional, que en pouco tempo controlou todo o territorio.

Cultura e Movementos Intelectuais

Reinado de Afonso XIII

  • Irmandades da Fala: Reivindicaban o ideario nacionalista, tendo como obxectivo principal a defensa e o emprego da lingua.
  • Real Academia Galega: Creouse no ano 1906 e persegue a defensa, promoción e estudo do galego.
  • Revista e Grupo Nós: Destacou por integrar o galego na universidade.
  • Seminario de Estudos Galegos: Fundouse en 1923, formado por universitarios que promovían o estudo científico en Galicia.

A Segunda República

Durante este período houbo unha gran actividade cultural en Galicia.

A Guerra Civil

Todo o logrado ata a data frustrouse.

As Vangardas Poéticas Galegas

Neotrobadorismo

Combina temas e técnicas dos cancioneiros medievais, como as imaxes e metáforas tomadas do creacionismo. Esta poesía caracterízase por un coidado formal, recuperando os paralelismos, o refrán e o leixaprén.

  • Fermín Bouza Brey: Publicou unha novela curta, pero foi fundamentalmente poeta.
  • Álvaro Cunqueiro: A súa poesía neotrobadorista represéntase en Cantiga nova se chama Ribeira.

Hilozoísmo

Crea unha poesía paisaxística, sinxela, que mestura metáforas e imaxes creacionistas cos temas da lírica popular.

Neovirxilianismo

É unha visión poética da paisaxe. Os neovirxilianistas seguen coa tradición clásica latina.

Principais autores:
  • Xosé Crecente Vega: (Codeseiras)
  • Aquilino Iglesia Alvariño: (Corazón ao vento)

Creacionismo

Manuel Antonio é o único poeta creacionista galego e o principal representante da vangarda poética galega. O creacionismo, creado por Vicente Huidobro, crea un novo mundo sen contar con ningunha referencia externa. Manuel Antonio escribiu De catro en catro nesta corrente. Sérvese das imaxes creacionistas para mostrar unha vivencia marcada pola saúde.

A Diglosia: Tipos e Manifestacións

A diglosia presenta dous tipos principais:

  • Lingua teito: A que conta con prestixio social e se emprega nos ámbitos elevados.
  • Lingua cuberta: A que conta con menos prestixio social. Úsase no ámbito familiar e nas situacións informais.

Clasificacións Sociolingüísticas da Diglosia

  • Maioritaria e maiorizada: Falada por un gran número de habitantes e en todos os eidos da vida pública (ex: francés en Francia).
  • Minoritaria e maiorizada: Falada por poucos habitantes, pero en todos os eidos da vida pública (ex: gaélico irlandés, lingua cooficial en Irlanda).
  • Maioritaria e minorizada: Falada por un gran número de habitantes, pero só no ámbito familiar (ex: o sardo en Sardeña, onde a lingua oficial é o italiano).
  • Minoritaria e minorizada: Falada por poucos habitantes e só no ámbito familiar (ex: grego en Italia, galego en Asturias, León...).