Galego e portugués: orixe, narración e elementos do relato narrativo
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,78 KB
O galego e o portugués
O galego-portugués viviu o seu período de esplendor na época medieval. No remate da Idade Media, Galicia, baixo o dominio da coroa castelá, entrou nun período de marxinación e o galego quedou relegado a lingua oral, popular e de usos non formais. Pola contra, Portugal constituíuse en reino independente desde 1128 e o portugués desenvolveuse como lingua nacional normalizada.
O galego, reducido á oralidade, sufriu un proceso de dialectalización e continuas interferencias do castelán. O portugués, pola súa banda, desenvolveu unha variedade estándar baseada nas falas do centro-sur do país.
Texto narrativo
O texto narrativo relata feitos e acontecementos (reais ou imaxinarios) ordenados nunha secuencia temporal.
Elementos da narración
Estrutura
A narración organízase en tres partes ordenadas cronolóxicamente:
- Introdución: preséntanse os personaxes, os feitos, o tempo e o lugar.
- Nó: relátanse os acontecementos.
- Desenlace: remate da historia.
Técnicas narrativas
- In media res (no medio): inícase o relato cuns feitos para logo ofrecer acontecementos anteriores e posteriores que explican os primeiros.
- Flash-back (analepse): recurso que retrotrae a acción a feitos anteriores.
- Flash-forward (prolepse): anticipa acontecementos futuros. Tamén coñecido como in extremis cando o relato comeza polo final e volve aos comezos para contar os feitos en orde cronolóxica.
Pronomes átonos e tratamento
Pronome de solidariedade
No galego é frecuente o uso do pronome átono coa finalidade de implicar o interlocutor ou interlocutores nos feitos que se narran ou nas opinións que se expresan, procurando a súa solidariedade ou unha maior aproximación afectiva.
Tratamento
- Tratamento de ti (un interlocutor): che
- Tratamento de vós (varios interlocutores): vos
- Tratamento de vostede (un interlocutor): lle
- Tratamento de vostedes (varios interlocutores): lles
Dativo de interese
Na nosa lingua tamén é posible empregar o pronome átono para indicar a persoa que ten un especial interese na acción que se expresa. As formas do dativo de interese coinciden coas do complemento indirecto (me, che, lle, nos, vos, lles).
Ex: Pediulles que non lle saísen da aula.
Narrador
O narrador é quen conta a historia. Pode ser:
- Omnisciente: coñece o que pensan ou senten os personaxes.
- Protagonista: relata os feitos desde dentro da historia.
- Testemuña: espectador da historia que conta o que ve.
Personaxes
Os personaxes son as persoas que protagonizan os feitos relatados:
- Principais: motor da acción e caracterizados de forma máis completa.
- Secundarios: menos relevantes, con caracterización superficial.
Espazo e tempo
- Espazo: lugar onde se sitúan os feitos.
- Tempo: tempo da historia.