Galego estándar: construción, normativa e contexto histórico

Lengua y literaturaActualizado el 5,07 KB

Resumen

O documento explica como se construíu o galego estándar, as etapas da súa estandarización e as posturas enfrontadas entre reintegracionistas e defensores da normativa oficial. Tamén recolle os criterios ortográficos e de selección de trazos da normativa de concordia de 2003, e achega o contexto da literatura galega durante a ditadura e a posterior recuperación cultural.

Puntos clave

  • A variante estándar é lingüisticamente igual de válida que as demais, pero goza de maior prestixio social por usarse na escrita e en contextos formais.
  • A estandarización do galego distingue catro etapas: galego popularizante (século XIX), enxebrizante (1º terzo do XX), protoestándar (1936-1975) e estándar (1975-hoxe).
  • A normativa de concordia de 2003 uniu as opcións da normativa de mínimos e a oficial, polo que hoxe a maioría da sociedade usa a mesma variante estándar.
  • A ortografía combina criterio fonolóxico, criterio etimolóxico e tradición escrita (por exemplo, 'ñ' e 'll' fronte a 'nh' e 'lh').
  • O estándar galego é unha variedade supradialectal que combina trazos dos diferentes falares, seleccionados pola extensión xeográfica e demográfica, o uso literario e a harmonía coas linguas románicas.
  • Durante a ditadura (ata 1975) houbo unha forte represión cultural e lingüística, e a actividade no exilio americano foi decisiva para a supervivencia da literatura galega.

Ponte a prueba

A Construción do Galego Estándar: Proceso e Evolución

A variante estándar ou normativa é unha variedade máis dende o punto de vista lingüístico; non é mellor nin peor ca as outras, pero dende un punto de vista social é a que goza dun maior prestixio, xa que é a empregada na escrita e nos contextos formais. A normativización é un proceso longo e laborioso, arredor do cal xorden con frecuencia polémicas.

Pasos Iniciais na Estandarización do Galego

  • Fixación dunha ortografía.
  • Escolla dunha variedade estándar, establecemento dunhas normas de uso común.
  • Elaboración de dicionarios e gramáticas (comezan a aparecer na década de 1860).

Etapas da Estandarización da Lingua Galega

Os estudos coinciden en distinguir catro etapas no proceso de estandarización:

  • Século XIX: galego popularizante.
  • 1º terzo do XX: galego enxebrizante.
  • 1936-1975: galego protoestándar.
  • 1975-hoxe: galego estándar.

Posturas sobre o Estándar: Reintegracionismo vs. Oficial

A tendencia reintegracionista propugna a aproximación do estándar galego ao do portugués, tomando como referencia a gramática e o dicionario portugueses. Fronte á postura reintegracionista, os partidarios da normativa oficial defenden a identidade do galego como lingua autónoma e independente do portugués e toman como punto de partida o galego oral, depurado dos elementos provocados pola convivencia desequilibrada co castelán.

A Normativa de Concordia de 2003: Unificación e Criterios

No ano 2003 aprobáronse as normativas vixentes na actualidade, que aglutinan as opcións da normativa de mínimos e a oficial, de xeito que hoxe en día a maioría da sociedade utiliza xa a mesma variante estándar. Por ese motivo, deuse en chamar “normativa de concordia”.

Criterios para a Fixación da Ortografía Galega

En canto á fixación da Ortografía, a proposta combina tres criterios:

  • Criterio fonolóxico: unha soa grafía para un único fonema. Por exemplo, /∫/ represéntase mediante 'x', independentemente da súa procedencia etimolóxica.
  • Criterio etimolóxico: a representación gráfica dun fonema depende do étimo de cada palabra. Para /b/ empréganse as grafías 'b' e 'v'. O mesmo ocorre para o uso ou non do grafema 'h'.
  • Tradición escrita: na representación de /ɲ/ e /ʎ/ óptase polas grafías 'ñ' e 'll', solucións que xa adoptaran os escritores do Rexurdimento, fronte ás opcións 'nh' e 'lh', escollidas polo estándar portugués.

Selección da Variedade Estándar: Opción Supradialectal

Con respecto á selección da variedade estándar dunha lingua, existen dúas posibilidades: ou escoller unha das variedades xeográficas da lingua para que exerza esa función, baseándose en criterios históricos e políticos, ou elaborar unha variedade supradialectal combinando trazos dos diferentes falares. Esta última opción foi elixida para a elaboración do galego estándar.

Criterios para os Traxos do Estándar Galego

Na selección dos trazos propios do estándar téñense en conta os seguintes criterios:

  • A maior extensión xeográfica.
  • A maior extensión demográfica.
  • O grao de uso na literatura.
  • A harmonía coas demais linguas románicas, especialmente co portugués.

Tal e como se recolle na introdución ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, a variedade estándar debe aspirar a ser “unha lingua común asentada na fala, máis depurada de castelanismos, supradialectal, enraizada na tradición, coherente e harmónica coas demais linguas da cultura”. Polo tanto, debe excluír os castelanismos, hipergaleguismos, arcaísmos e os lusismos innecesarios.

Contexto Histórico e Liñas Formais da Literatura Galega

Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que se derivaron dela. O establecemento dunha ditadura que durará até 1975, provoca unha gran represión cultural e lingüística. Desaparecen todos os grupos e institucións que levaran a cabo o desenvolvemento da cultura galega e deixa de publicarse literatura galega en Galicia até a década de 1950. Nesta etapa, cobra unha importancia vital para a supervivencia da literatura galega, e da cultura galega en xeral, a actividade levada a cabo no exilio americano: publicación de libros e revistas, representacións teatrais, conferencias, emisións de radio... A temática comprometida gaña peso no conxunto da produción literaria. Mediado o século XX, prodúcese unha progresiva recuperación da actividade cultural en galego no noso país, centrada nun principio arredor da editorial Galaxia. A literatura galega vaise vendo cada vez máis influída polas correntes sociais e filosóficas europeas, que contribuirán de maneira decisiva na renovación da nosa literatura, esencialmente da narrativa.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é a variante estándar dunha lingua?

É unha variedade lingüisticamente non superior ás demais, pero con maior prestixio social por ser a empregada na escrita e nos contextos formais. A súa elaboración é un proceso longo e laborioso.

Cales son as etapas da estandarización do galego?

Os estudos distinguen catro etapas: galego popularizante no século XIX, galego enxebrizante no primeiro terzo do XX, galego protoestándar entre 1936 e 1975 e galego estándar desde 1975 ata hoxe.

Que é a normativa de concordia de 2003?

É a normativa aprobada en 2003 que aglutina as opcións da normativa de mínimos e a oficial, de xeito que a maioría da sociedade usa xa a mesma variante estándar.

Que criterios se empregaron para fixar a ortografía galega?

Combínanse tres criterios: o fonolóxico (unha soa grafía por fonema), o etimolóxico (a grafía depende do étimo da palabra) e a tradición escrita, que optou por 'ñ' e 'll' en lugar de 'nh' e 'lh'.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Segundo o texto, que caracteriza a variante estándar desde o punto de vista social?
2. Cantas etapas distinguen os estudos no proceso de estandarización do galego?
3. Que ano se aprobou a normativa de concordia?
4. Que grafías se escolleron para representar /ɲ/ e /ʎ/?
5. Cal foi a opción elixida para a elaboración do galego estándar?
6. Que criterio NON se menciona para seleccionar os trazos propios do estándar?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.