A Evolución e as Políticas da Unión Europea
A evolución da Unión Europea
Os Tratados Fundamentais
- O Tratado de París (1951): Deu orixe á CECA (Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro). Era un mercado común que permitía a libre circulación destes dous produtos.
- O Tratado de Roma (1958): Creou a CEE e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom), establecendo un mercado libre para o combustible atómico.
Amplmacións da Unión Europea
Nun principio eran 6 países: a Benelux (Holanda, Luxemburgo e Bélxica) ademais de Francia, Alemaña e Italia.
- 1973: Integráronse Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido.
- 1981 e 1986: En 1981 entrou Grecia e en 1986 Portugal e España.
- 1995: Entraron Suecia, Finlandia e Austria.
- 2004: Entraron Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Eslovaquia, Hungría, Eslovenia, Chipre e Malta.
- 2007: Entraron Romanía e Bulgaria.
A UE en diferentes ámbitos
A UE no ámbito político
A política exterior e de seguridade común pretende que a Unión adopte posicións e accións comúns ante os grandes acontecementos internacionais e ten diversos obxectivos:
- Seguridade: A UE aspira a incrementala colaborando a crear un mundo máis unido, aumentando a cooperación internacional.
- Defensa: Contemplase a progresiva elaboración dunha política de defensa común, que podería conducir á creación dunha estrutura de defensa común.
A cooperación na xustiza e asuntos interiores
- O espazo de liberdade: Proponse lograr plenamente a libre circulación de persoas.
- O espazo de seguridade: Inclúe medidas para evitar que a libre circulación de persoas favoreza a delincuencia e o terrorismo.
- O espazo de xustiza: Proponse fomentar a cooperación xudicial con medidas como a creación de Euroxustiza.
As políticas económicas da UE
- O mercado único: Libre circulación de persoas, mercancías, capitais e servizos entre os seus membros.
- A unión económica e monetaria: A implantación do euro como moeda única.
Outras políticas económicas comúns
- Sector primario: A Política Agraria Común (PAC) e a pesqueira pretenden conseguir uns prezos xustos para produtores e consumidores.
- Sector secundario: A política industrial proponse mellorar a competitividade das empresas reestruturando os sectores en crise e fomentando o investimento en novas tecnoloxías.
- Sector terciario: Destacan a política de redes transeuropeas de transporte para fomentar a integración europea e a política comercial, que elimina os aranceis interiores entre os estados membros e establece un arancel común para os produtos de terceiros países.