Economía franquista: autarquía e desenvolvemento económico (1939-1973)

HistoriaActualizado el 5,45 KB

Resumen

O texto explica as dúas grandes etapas da economía durante o franquismo: a política autárquica (1939-1950), marcada pola destrución da guerra, o illamento internacional e o racionamento, e o desenvolvemento económico dos anos 60 e 70, impulsado polo Plan de Estabilización de 1959 e os Plans de Desenvolvemento. Permite comprender as causas e os efectos de cada período.

Puntos clave

  • O período autárquico (1939-1950) foi consecuencia da destrución da Guerra Civil e do illamento internacional tras a II Guerra Mundial.
  • A política autárquica pretendía protexer a produción nacional e crear unha economía autosuficiente, influenciada polo modelo fascista italiano.
  • O fracaso da autarquía manifestouse en inflación, forte déficit exterior, escaseza de materias primas e de enerxía.
  • O INI (Instituto Nacional de Industria), creado en 1941, intentou potenciar certos sectores industriais.
  • O racionamento rematou en 1952, grazas a boas colleitas agrícolas e ao fin do illamento internacional.
  • O Plan de Estabilización de 1959 liberalizou a economía, abriu fronteiras e fomentou o crecemento dos anos 60.
  • Os Plans de Desenvolvemento, dirixidos por Laureano López, crearon polos de desenvolvemento en cidades como Vigo, Burgos e Sevilla.

Ponte a prueba

A Economía Franquista: Dúas Etapas Clave

Durante o franquismo distinguimos dúas etapas de desenvolvemento económico: o período autárquico (1939-1950) e o desenvolvemento económico (1960-1973), coñecido como desarrollismo.

O Período Autárquico (1939-1950)

Factores Determinantes da Autarquía

Este período económico vén determinado por unha serie de factores:

  • A destrución dos sectores económicos (industria, agricultura e comercio) trala Guerra Civil.
  • A destrución material do país e das infraestruturas.
  • A caída da poboación.

A estes problemas engádense os derivados do illamento político e económico ao que se someteu o réxime franquista ao finalizar a II Guerra Mundial.

Consecuencias Sociais e Económicas

Como consecuencia, o panorama económico de España era desolador. A escaseza de alimentos era tan aguda que era necesario o racionamento. O Auxilio Social tivo que facer fronte aos casos máis perentorios.

A Política Económica Autárquica

A política económica adoptada polo goberno estivo determinada por eses factores, polo que se converteu nunha política estatal dirixida polo Estado e de carácter autárquico. A política económica dese período estaba formalmente influenciada polo modelo fascista italiano. Basicamente, o que pretendía era protexer a produción nacional da competencia exterior e intentar crear unha economía autosuficiente.

Fracaso da Política Autárquica

As premisas das que partían todos os sectores industriais determinaron o fracaso da política autárquica, manifestado en:

  • Inflación incontrolada.
  • Forte déficit co exterior.
  • Escaseza de materias primas industriais.
  • Escaseza de fontes de enerxía.

Situación da Agricultura e Industria

A agricultura era un sector estancado, descapitalizado, no que se carecía de materias primas, abono e maquinaria. Polo que a produción era moi baixa, e a superficie cultivada era menor que no período anterior. Como consecuencia, non había alimentos suficientes para satisfacer a demanda da poboación. A iso temos que engadir a proliferación do mercado negro, e a carencia de infraestruturas e mercados para estruturar o comercio interior agrario. As terras ocupadas durante a II República devolvéronse aos grandes terratenentes.

Para incrementar a produción, creouse o Instituto Nacional de Colonización nun intento de colonizar novas terras e promulgouse a Lei de Concentración Parcelaria.

O desenvolvemento industrial, caracterizado polo forte intervencionismo estatal, tivo pouco éxito xa que a carencia de capitais e a dificultade e trabas impostas ao capital estranxeiro, xunto coa falta de infraestruturas, mercados e capacidade de consumo da poboación sumida na pobreza, fixeron que o aumento da produción industrial fose inexistente. A creación do INI (Instituto Nacional de Industria) en 1941, segundo o modelo italiano, intentou potenciar certos sectores industriais e intervir en industrias con problemas. Fíxose grazas a canalizar os ingresos do Estado e aumentando o seu déficit.

A carencia de infraestruturas varias, xunto co pouco desenvolvemento das vías férreas recentemente nacionalizadas, incrementou o atraso económico. As liñas xerais da economía estiveron paralizadas, por iso a vida dos españois nos anos 40 era precaria e miserable.

Fin do Racionamento e Illamento

O racionamento rematou en 1952, grazas a unha serie de boas colleitas agrícolas. A isto temos que engadir o fin do illamento internacional que supuxo unha apertura económica do réxime e de liberalización capitalista.

O Desenvolvemento Económico (1960-1973)

Contexto e Factores do Crecemento

O desenvolvemento económico dos anos 60 e 70 produciuse dentro dun contexto de crecemento económico en toda Europa. Foi posible grazas ao abandono do modelo económico autárquico e á entrada no goberno de tecnócratas ligados ao Opus Dei.

O Plan de Estabilización de 1959

Púxose en marcha o Plan de Estabilización de 1959, cun forte desenvolvemento económico, aumentando o nivel de vida e o consumo.

Obxectivos do Plan de Estabilización

O Plan de Estabilización de 1959 pretendeu modernizar e flexibilizar a economía mediante a liberalización da economía e a produción. Os seus obxectivos incluían:

  • Apertura de fronteiras cara ao comercio exterior.
  • Fin da política autárquica e das cartillas de racionamento.
  • Liberalización dos prezos e do intervencionismo estatal.
  • Libre competencia.
  • Potenciación da produción.
  • Incremento dos salarios.

O crecemento económico dos anos 60 foi enorme, a pesar da existencia de paro e baixos salarios.

Os Plans de Desenvolvemento

Nos Plans de Desenvolvemento dos anos 60 e 70 estivo á fronte Laureano López, e estiveron divididos en tres fases (1964-1967, 1968-1971, 1972-1975). Os Plans de Desenvolvemento intentaron crear polos ou áreas de desenvolvemento, creando industria en cidades como Vigo, Burgos e Sevilla (por exemplo, no sector do automóbil con SEAT e Renault).

Impacto nos Sectores Produtivos

Aumentou o sector agrario e a construción, aínda que a balanza comercial española era negativa.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que foi o período autárquico do franquismo?

Foi a etapa de 1939 a 1950 na que o Estado dirixiu a economía de forma autárquica, protexendo a produción nacional da competencia exterior e tratando de crear unha economía autosuficiente. Estivo marcada pola escaseza e a inflación.

Que foi o Plan de Estabilización de 1959?

Foi un plan que modernizou e liberalizou a economía, eliminando a política autárquica e as cartillas de racionamento, abrindo o comercio exterior e incrementando salarios e produción. Deu lugar a un forte crecemento económico.

Para que servía o INI?

O Instituto Nacional de Industria, creado en 1941 segundo o modelo italiano, intentaba potenciar determinados sectores industriais e intervir en industrias con problemas, financiándose con ingresos do Estado e aumentando o seu déficit.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que anos transcorre o período autárquico do franquismo?
2. Que modelo influíu formalmente na política económica autárquica?
3. Cando rematou o racionamento?
4. En que consistiu o Plan de Estabilización de 1959?
5. Quen estivo á fronte dos Plans de Desenvolvemento?
6. Que factor determinou o fracaso da política autárquica?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.