Evolución política e exterior do franquismo (1936-1975)
Evolución política do franquismo
Entre 1936 e 1939 configúrase o réxime na zona ocupada durante a Guerra Civil. O 1 de outubro de 1936, Franco foi nomeado “Xeneralísimo” dos exércitos e xefe do goberno e do Estado.
Ditadura totalitaria ou Ditadura azul (1939-1945)
Baseada no nacional-sindicalismo, seguindo o modelo do fascismo italiano. A figura clave foi Ramón Serrano Súñer (o "cuñadísimo"), que desde 1938 adoptou unha política de achegamento a Alemaña e Italia como ministro de Gobernación e Asuntos Exteriores. Promocionou os membros da Falanxe para convertela nun partido totalitario, aínda que finalmente se converteu nun instrumento ao servizo do Estado.
As medidas adoptadas foron:
- Control político: Lei de Responsabilidades Políticas e Lei de represión contra a masonería e o comunismo.
- Organización sindical: Salvador Merino creou a Organización Sindical Española (OSE), baseada na Lei de unidade sindical e a Lei de bases, dividida en seccións económica e social.
Entre 1943 e 1945 produciuse un distanciamento das potencias do Eixe (Berlín-Roma-Tokio). Os monárquicos presionaron a Franco, destacando a carta de militares en 1943 e o Manifiesto de Lausana (1945) de Don Juan, que propugnaba unha monarquía parlamentaria.
Ditadura nacional-católica (1945-1957)
Franco retirou os falanxistas do poder e deu protagonismo aos católicos para mellorar a imaxe internacional. A estratexia baseouse en resaltar as características católicas e a idea da monarquía. Creáronse o Consello do Reino e o de Rexencia.
Ditadura tecnocrática (1957-1975)
Os tecnócratas do Opus Dei (López Rodó, Alberto Ullastres e Navarro Rubio) asumiron o protagonismo político e económico. Destacan:
- Lei Orgánica do Estado: Apertura das Cortes a procuradores elixidos por cabezas de familia.
- Sucesión: Franco designou a Don Juan Carlos de Borbón.
- Lei de Prensa (1966): Promovida por Manuel Fraga, suprimiu a censura previa, aínda que na práctica continuou existindo.
O final do réxime estivo marcado polo proceso de Burgos (1970), a crise do petróleo e a morte de Carrero Blanco en 1973. Tras a agonía de Franco, este faleceu o 20 de novembro de 1975.
Política exterior española
Ata 1945
Durante a II Guerra Mundial, España declarouse neutral, pero colaborou coas potencias do Eixe. No encontro de Hendaya (1940), Hitler rexeitou as esixencias territoriais de Franco. En 1941 enviouse a División Azul para loitar contra a URSS. Coa derrota alemá, España volveu á neutralidade.
Entre 1945-1957
Tras a vitoria aliada, España sufriu un illamento internacional. En 1946, a ONU recomendou a retirada de embaixadores. Franco respondeu coa macromanifestación na Praza de Oriente. Ante o illamento, a diplomacia buscou apoio no Vaticano, o mundo árabe e Latinoamérica. Coa Guerra Fría, a posición estratéxica de España cambiou, ingresando na FAO en 1951 e normalizando relacións con EE. UU.