Evolución e Normalización da Lingua Galega: Hitos e Desafíos

Lengua y literatura4,88 KB

A Normalización da Lingua Galega: Unha Cronoloxía

O Contexto Postfranquista e a Oficialidade do Galego

A partir de 1975, coa morte de Franco e o establecemento dun goberno constitucional, producíronse unha serie de cambios políticos e socioculturais que mudaron a condición legal do galego e permitiron o seu uso normal en ámbitos ata entón prohibidos.

En virtude da Constitución de 1978 e do Estatuto de Autonomía de 1981, o galego acada o rango de lingua oficial na Comunidade Autónoma, compartindo co castelán. Trátase dunha cooficialidade asimétrica.

Hitos na Institucionalización e Difusión do Galego

A Década de 1970: Primeiros Pasos

En 1976, constitúese en Santiago o Departamento Universitario de Galego-Portugués.

En 1977, aparece de novo A Nosa Terra.

A Década de 1980: Lexislación e Medios

En 1983, promúlgase a Lei de Normalización Lingüística, que detalla e desenvolve polo miúdo os aspectos legais relacionados co uso e aprendizaxe do galego e incorpórase ao sistema educativo na disciplina de Lingua e Literatura Galega no ensino primario e secundario. Por primeira vez, os galegos comezan a ser alfabetizados sistematicamente na propia lingua. Esta lei foi modificada en dúas ocasións.

En 1986, comezan as emisións periódicas na RTVG.

A Década de 1990: Prensa e Tecnoloxía

En 1994, aparece o primeiro diario convencional integramente en galego: O Correo Galego. Tamén se producen numerosas publicacións de estudos lingüísticos e literarios sobre o galego e a súa literatura, e obras de creación ou investigación en diversas materias.

Nas décadas de 1980 e 1990, o mundo editorial galego viviu unha etapa de grande actividade. Naceron novas editoriais que se interesan pola publicación en galego: Anaya, Santillana-Obradoiro, Edebé-Rodeira, entre outras.

Na década de 1990, o galego accede ao mundo da informática, con programas de ordenador en galego e os primeiros correctores ortográficos.

En 1999, aparece o primeiro buscador de internet en galego: Xis.

Século XXI: Planificación e Desafíos Recentes

En 2004, o Parlamento galego aprobou o Plan Xeral de Normalización da Lingua, con medidas destinadas a potenciar o galego no ensino.

Entre 2007 e 2008, entra en vigor o decreto que establece que en Primaria e ESO polo menos un 50% das materias sexan en galego.

En 2010, apróbase un Novo Decreto que reduce a presenza do galego ata un máximo do 50% e pretende introducir o ensino en inglés, un retroceso que pode traer consecuencias moi negativas no futuro.

Nos últimos anos, pódense xa visitar numerosas páxinas web no noso idioma. Tamén dispoñemos de tradutores gratuítos en liña para case todos os idiomas e as compañías de telefonía móbil xa ofertan terminais en galego.

Características e Variedades do Galego Actual

O Galego Estándar e os seus Usos Formais

Lingüisticamente, estamos no período do galego estándar: o idioma incorpórase a ámbitos dos que estivera afastado e aumentan os usos formais.

As Variedades de Uso: Espontáneo e Neofalante

O Galego Espontáneo: Riqueza e Particularidades

Por unha banda, temos o galego espontáneo: empregado polos falantes que teñen o galego como lingua primaria.

  • Riqueza dialectal.
  • Enxebreza fónica.
  • Abundancia de vulgarismos.
  • Emprego de castelanismos léxicos, entre outros.

O Galego dos Neofalantes: Interferencias e Evolución

Por outra banda, temos o galego dos neofalantes: empregado polos neofalantes.

  • Rexeitamento de vulgarismos.
  • Perda de enxebreza fónica.
  • Interferencias co castelán.
  • Hiperenxebrismos, entre outros.

Situación Sociolingüística Actual e Retos Futuros

A pesar de todos os avances, o español segue a gañar falantes, sobre todo nas zonas urbanas. Despraza o galego de usos que lle foron tradicionalmente propios e que mantiveron a súa vitalidade ata os nosos días, como os usos tradicionais, familiares ou laborais. Aínda que o 92% da poboación entende o galego e o 84% pode falalo, só o 56% teno como lingua principal fronte ao 46% que ten como lingua principal o castelán.

Descargar

PDF Word HTML