Vulgarismos galego

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,04 KB

Sociolingüística 2



Para que unha lingua sexa un instrumento útil e eficaz para a sociedade, ademais de ser o núcleo cultural aglutinador de toda a comunidade precisa dunha variedade unificada, común a todos os seus falantes, que sirva de vehículo para a comunicación formal. O proceso a través do cal se «elabora» esta variedade denomínase estandarización lingüística ou normativización.
Os primeiros pasos para levala a cabo son a fixación dunha ortografía, a escolla dunha variedade estándar (é dicir, unhas normas)
E mais a elaboración de dicionarios e gramáticas.
A estandarización das linguas ROMánicas comeza xa na I.M., non obstante, a do galego, debido á súa minorización, empeza a partir do século XIX, despois de tres séculos de escuridade. No proceso de estandarización do galego hai que distinguir as seguintes etapas:
A)
Galego popularizante (ata fins do séc. XIX). Este período vén caracterizado polos interdialectalismos, vulgarismos, castelanismos…
A lingua galega, carente de produción escrita nos ámbitos oficiais desde finais da Idade Media, reducida a unha especie de fala bárbara e inculta, atopábase nun estado de gran fragmentación dialectal, por iso, os escritores do Rexurdimento botaron man nun primeiro momento do galego que eles coñecían, que non era outro que o galego que se falaba no seu ámbito xeográfico, moi contaminado por elementos do castelán e tamén por distorsións vulgarizantes. O primeiro intento de fixación da escrita vese na aparición das primeiras gramáticas (a de Francisco Mirás, Saco e Arce) e dicionarios (Cuveiro, Marcial Balladares).
B)
Galego enxebrizante (desde principios do XX ata 1936). Período caracterizado pola selección de vocabulario (portugués, galego antigo, outras linguas), hiperenxebrismos, castelanismos disfrazados, neoloxismos, ampliacións semánticas, ante a teima dos autores por afastar o galego do castelán nun intento de identidade propia.
É o momento das Irmandades da Fala, Grupos Nós e SEG, que será o artífice de Algunhas normas para a unificación do idioma galego (1933), antecedente máis claro do comezo da estandarización do noso idioma. O castelán deixa de ser a fonte máis importante para suplir as carencias do galego e agora o portugués adquire unha inusitada importancia, por iso non é casualidade que sexa nesta época o punto no que podemos situa-lo nacemento do movemento reintegracionista (reintegración do galego nun tronco común co portugués).
Continua neste momento o labor lexicográfico coa elaboración de gramáticas (Leandro Carré, Lugrís) e dicionarios. C)

Galego protoestándar (ata a década dos 70)

En 1971, nace unha das institucións máis importantes da actualidade:
o Instituto da Lingua Galega (ILG). Un ano antes a Real Academia Galega publicara as Normas ortográficas do idioma galego. En 1972 o galego entra no ámbito universitario (creación da Cátedra de Lingua e Literatura Galega en 1972).

Pero o proceso normativizador desta etapa que non está exento de debates e controversias, xa que xorde unha polémica sobre o futuro do galego entre  reintegracionistas e isolacionistas (defendían unha norma para o galego baseada nas falas populares e independente do portugués). A partir de 1977 coa publicación por parte do ILG dunha Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego iniciarase unha xeira de enfrontamentos dialécticos entre os partidarios das dúas tendencias.

D)
Galego estándar (desde 1980 ata a actualidade). En 1982 a Xunta de Galicia asume como normativa oficial as Normas Ortográficas e Mofolóxicas do Galego do ILG e da RAG. Estas normas pretendían elaborar unha variedade supradialectal combinando trazos de diferentes falares. Para moitos, esta normativa era unha traizón á lingua galega por facer  demasiadas concesións de tipo ortográfico, morfolóxico, sintáctico e léxico aos elementos castelanizantes presentes no galego.
É o momento da radicalización no proceso de normativización entre isolacionistas-oficialistas (ILG / RAG)  e os lusistas e/ou reintegracionistas  (AGAL). A reforma da normativa aprobada en xullo no ano 2003 pola RAG e o ILG supuxo unha concesión a algunhas das propostas reintegracionistas o cal suavizou os enfrontamentos.

Con todo, malia contar o noso idioma cunha normativa a súa conflitiva permite explicar que aínda hoxe sexa frecuente que os seus usuarios empreguemos a lingua con interferencias (préstamos innecesarios), sobre todo do castelán (castelanismos)
e con fenómenos de “desviación”  da variedade estándar, que son voces que non se axustan á normativa, ben porque non pertencen ao nivel culto (vulgarismos, dialectalismos), ben por non seren palabras de uso actual (arcaísmos)
, ben por seren inventos motivados indirectamente pola presión do castelán (hipergaleguismos)
.

Os castelanismos que podemos atopar no galego son variados:
fonéticos (p. Ex. Redución do sistema vocálico a 5 elementos), morfolóxicos (p. Ex. Cambio do xénero das palabras, incorrecta formación de feminino ou plural... Por influxo do castelán), sintácticos (p. Ex. Colocación errónea do pronome átono), léxicos (substitución de voces galegas por castelás...).