Evolución da Literatura Galega: Séculos Escuros, Ilustración e Prerrexurdimento

Lengua y literatura3,31 KB

Séculos Escuros

Poesía anónima tradicional de carácter popular. Consérvanse escasas mostras, destacando ao redor de 20 cancións paralelísticas.

Poesía de temas históricos ou de circunstancias

  • O pranto da Frouseira (século XV).
  • Saqueo a Cangas polos turcos (1617).

Poesía académica e relixiosa

  • Renacentista: Soneto de Monterrei (1530).
  • Barroca: Exequias á raíña Margarida de Austria (1612) e Décimas ao apóstolo Santiago (1617).
  • Relixiosa: Vilancicos de Nadal aos Reis.

Teatro

A primeira peza en galego é o Entremés famoso sobre a pesca no Miño ou Contenda dos labradores de Caldelas (1671).

Ilustración

Período marcado pola exaltación da razón, o cultivo das ciencias, o estudo das humanidades, a preocupación polas linguas modernas e a educación.

  • Frei Benito Xerónimo Feixoo: Defendeu a dignidade do galego.
  • Padre Sarmiento: Autor de Coloquio de 24 galegos rústicos.
  • Xosé Andrés Saavedra: Soneto dedicado á "Filida".
  • Diego Antonio Cernadas: Considerado o mellor poeta do século XVIII.
  • Padre Sobreira: Autor do dicionario da lingua galega.

Prerrexurdimento

Textos literarios de carácter propagandista

  1. 1808: Romance anónimo.
  2. 1810: Xosé de Neira publica Poezas de Galicia.
  3. 1813: Manuel Pardo publica Os rogos de un gallego establecido en Londres.
  4. 1823: Pedro Boado publica Diálogo entre 2 labradores gallegos, afligidos, y un abogado instruído.

Poesía e Teatro

A comezos do século XIX continúa a tradición do vilancico galego de Nadal. Destacan autores como Vicente Turnes e Nicomedes Pastor (Alborada e Égloga de Belmiro e Benigno). No teatro, Antonio Benito Fandiño escribiu A Casamenteira en 1812.

Precursores (1846-1863)

Grupo de autores vinculados ao provincialismo, de ideoloxía liberal e romántica:

  • Xoán Manuel Pintos: A gaita galega (1853), primeira obra en galego do século XIX.
  • Fran Añón: Autor de 39 poemas, sendo "A Galicia" o máis famoso.
  • Alberto Camino: O Desconsolo.
  • Antonio María de la Iglesia: Álbum de Caridad.
  • Francisco María de la Iglesia: Cultivou a poesía e a prosa.

Xogos Florais

En 1861 celebráronse na Coruña. Presentáronse poemas en galego e castelán, publicados ao ano seguinte no Álbum de la Caridad. Esta antoloxía bilingüe inclúe o Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos, con 40 poetas como Eduardo Pondal, Fran Añón, Rosalía de Castro e Alberto Camino.

Provincialismo

Proceso de nacemento da primeira gran manifestación do galeguismo. Conscientes do carácter diferencial de Galicia, loitaron polos seus intereses económicos e culturais. Créase a Xunta Superior do Reino de Galicia, pero o levantamento fracasa e moitos dos seus líderes son fusilados (Mártires de Carral).

Descargar

PDF Word HTML