Estudio de los Géneros Menores en la Lírica Galego-Portuguesa: Pastorela, Tenzón y Pranto

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,81 KB

Géneros Menores en la Lírica Galego-Portuguesa

Los principales géneros menores estudiados en la tradición lírica son: la pastorela, la tenzón, el pranto y la cantiga de seguir.

A Pastorela

É unha composición que relata o encontro dun cabaleiro cunha pastora (pastor nos poemas) nun lugar idílico ou locus amoenus. Este tipo de cantigas, presente en varias literaturas da época (francesa, provenzal...), adoita ter unha estrutura semellante a esta:

  • Comezo narrativo que explica o encontro da pastora e o cabaleiro.
  • Aceptación final da pastora.
  • Establecemento dun diálogo entre cabaleiro e pastora.

Moitos estudosos caracterizaron a pastorela galego-portuguesa como un xénero híbrido, xa que comparte trazos formais:

  • Os temas e parte do léxico son comúns coa cantiga de amigo.
  • O punto de vista do poeta, parte do léxico e os recursos formais coinciden coa cantiga de amor.
  • O comezo narrativo e os diálogos relaciónana coas de escarnio e maldicir.

A Tenzón

É unha composición con forma dialogada elaborada por dous poetas que van defendendo a súa opinión sobre un tema. O autor da primeira cobra escollia o esquema estrófico, métrico e de rima, expoñía a súa tese e aproveitadaba para aludir ao interlocutor.

O autor da segunda cobra debía mostrar o seu dominio da arte de trobar facendo fronte ao desafío presentado. Retomaba o tema e os trazos formais da primeira cobra e construía a súa réplica. Había coincidencia formal e temática. Ambos os autores compoñen igual número de estrofas e findas; o primeiro alongaba a tenzón cunha finda adicional.

Temas Principais da Tenzón

  • Aldraxes dos xograres: Críticase a súa aspiración a ser trobadores e a incompetencia profesional, defendéndose con argumentos.
  • Afirmacións presuntuosas dos trobadores: O primeiro poeta gaba de ser o mellor trobador, mentres que o segundo o desmente.
  • Censuras a distintas persoas: Críticase o comportamento doutros trobadores, dos privados do rei, etc.

O Pranto

É un tipo de composición galego-portuguesa derivada da forma poética provenzal planh e, en última instancia, da latina planctus. Todas elas son cancións de dor e loanza creadas a raíz da morte dun persoeiro.

É posible estabelecer unha estrutura común á maior parte dos prantos galego-portugueses:

  • Lamento pola morte do persoeiro.
  • Loanza das virtudes do difunto.
  • Ocasionalmente, conciso eloxio do sucesor do morto ou oración polo defunto.