A Escolástica: Santo Anselmo, Tomé de Aquino e a Filosofía

Enviado por AnirB y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,95 KB

A Escolástica (séculos XI-XIV)

Aparecen as escolas monacais e catedralicias e, posteriormente, as Universidades. Os seus subperíodos son:

  • Preescolástico (IX-XI, Carlomagno).
  • Inicios (XI-XII).
  • Apoxeo (XIII).
  • Decadencia (XIV).

Santo Anselmo de Canterbury

Considerado o fundador, sostén que a razón e a fe son inseparables e indistinguibles. Destaca o seu argumento ontolóxico (proba da existencia de Deus):

  • Defendido por: Racionalistas.
  • Criticado por: Empiristas (Tomé de Aquino argumenta que non se pode pasar da idea á existencia sen razoar; Kant afirma que o concepto non implica a súa existencia).

Tipos de demostracións da existencia de Deus

  • A priori ou propter quid: Da causa ao efecto.
  • A posteriori ou quia: Do efecto á causa.

A recepción de Aristóteles

Produciuse por dúas vías:

  • Indirecta: A través dos árabes. Averroes comentou as súas obras, creando os averroístas latinos, que afirmaban a eternidade do mundo, a mortalidade da alma individual e a dualidade entre a verdade da razón e a da fe.
  • Directa.

Teoría do coñecemento de Tomé de Aquino

É unha proposta empirista, adaptación da de Aristóteles. O proceso inclúe:

  • Especie sensible impresa: Sinal que imprimen os sentidos nos obxectos.
  • Especie sensible expresa: Imaxe na imaxinación.
  • Especie intelixible impresa: Esencia que o entendemento axente abstrae.
  • Especie intelixible expresa (verbum mentis): Concepto universal.

O coñecemento non acaba no entendemento paciente, senón que se aplica aos individuos volvendo á especie sensible expresa: conversio ad phantasma.

Postura fronte aos universais

Realismo moderado: os universais teñen fundamento in re.

Teoloxía de Tomé de Aquino

Teoloxía existencial

A demostración da existencia de Deus realízase mediante a vía quia, recollida na Summa theologica. Deus é evidente en si mesmo, pero non para nós. Existen 5 vías:

  1. Movemento do mundo.
  2. Causas eficientes subordinadas.
  3. Continxencia dos seres creados.
  4. Graos de perfección.
  5. Orde cósmica.

Teoloxía esencial

Só se pode ter un coñecemento imperfecto da esencia de Deus mediante tres vías:

  • Vía negativa.
  • Vía positiva.
  • Vía da eminencia: Elevar ao grao máximo as perfeccións dos seres creados.