Dereitos Humanos e Democracia: Fundamentos e Características

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,82 KB

Que son os Dereitos Humanos?

Os Dereitos Humanos (DDHH) son un instrumento de paz que debe ser o criterio da lexitimidade xurídica e política de toda acción de goberno. O seu contido baséase na paz mundial e na garantía da solidariedade e a ecoloxía. Fronte a calquera incumprimento dos DDHH, establecéronse xuízos para as persoas que os incumpran. O seu obxectivo é o respecto da xustiza, a democracia e o mantemento da paz.

Características dos Dereitos Humanos

Son universais porque son para todo o mundo, son independentes e non se poden someter a votación. «Os seres humanos non teñen prezo, teñen dignidade»: a dignidade das persoas non ten un valor calculable materialmente en canto a sexo, raza, etc. Os DDHH son históricos porque non se crearon todos ao mesmo tempo.

Antecedentes Históricos

Os dous antecedentes máis antigos dos DDHH son:

  • O Código de Hammurabi, unha compilación xurídica que consta de 282 artigos na que se recolle a Lei de Talión.
  • O Dereito Romano, que serviu para crear o dereito civil nos países occidentais.

Na Constitución Española, o dereito fundamental é a dignidade da persoa, o libre desenvolvemento da personalidade e o respecto á lei como fundamentos da orde política e social.

A Democracia como Sistema Político

A Democracia é un sistema político de organización dun Estado no que as decisións colectivas son adoptadas polo pobo mediante participación directa ou indirecta. É unha forma de convivencia social na que os cidadáns son libres e iguais.

Características da Democracia

  1. Unha Constitución que limita os poderes e controla o goberno.
  2. División de poderes.
  3. Dereito a votar e a ser votado.
  4. Dereito á propiedade.
  5. Pluralismo político.
  6. Liberdade de expresión.
  7. Liberdade de prensa.
  8. Liberdade de asociación.
  9. Existencia de cidadáns educados.
  10. Poder orientado ao ben común.
  11. Eleccións libres e periódicas.
  12. Un marco xurídico de protección das minorías que recoñece a aplicación indivisible dos DDHH.

Tipos e Mecanismos de Democracia

  • Democracia Directa: O pobo, reunido en asemblea, delibera e toma as decisións, sancionando leis.
  • Democracia Indirecta: O pobo limítase a elixir os seus representantes para que estes deliberen e tomen as decisións.

Actualmente fálase de democracia deliberativa, participativa e social.

  • Plebiscito: O pobo elixe por «si» ou «non» unha proposta.
  • Referendo: O pobo concede ou non a aprobación final dunha norma (constitución, tratado ou lei).

Formas de Participación Cidadá

  1. O voto en procesos electorais.
  2. Accións dirixidas a influír nas actitudes dos políticos.
  3. Accións dirixidas a actores politicamente relevantes.
  4. Actos a favor ou en contra de medidas tomadas (manifestacións).
  5. Asociacións de carácter político.
  6. Asociacións informais voluntarias.

Valores e Crise da Democracia

Os valores democráticos son: liberdade, tolerancia, igualdade, solidariedade e xustiza. A Constitución española establece que España é un Estado social e democrático de dereito que garante os dereitos individuais, a liberdade e a propiedade. Atópase en crise porque, desde as convulsións económicas de 1973, comezan a facerse patentes os límites do estado social.