Cultura Galega na Posguerra e no Exilio: Literatura, Editoriais e Resistencia

Lengua y literatura9,61 KB

A Posguerra

As forzas vencedoras, comúns a Hitler e a Mussolini, eran contrarias á democracia. Esta ideoloxía defendía unha organización autoritaria da sociedade, asentada no catolicismo. As consecuencias foron graves: a prohibición dos partidos políticos, que quedaron moi limitados. Esta represión afectou aos de esquerdas e aos nacionalistas, e a expresión cultural en linguas que non fosen o castelán, xa que entraban en conflito coa concepción imposta pola ditadura. Desde o primeiro momento, Franco desencadeou unha represión contra a República e contra os que tiñan ideas contrarias, en especial contra os docentes.

O resurdir editorial

Nos anos 50 xorde a necesidade de fundar plataformas ou empresas editoriais que devolvesen ao libro galego a súa continuidade tras a Guerra Civil. Aparecen selos editoriais como Edicións Monterrey. Nos anos 60 fúndase Edicións do Castro, vinculada á figura de Isaac Díaz Pardo e á fábrica de cerámica de Sargadelos.

Destaca a editorial Galaxia, con sede en Vigo, fundada nos anos 50 como a disolución afectiva do Partido Galeguista tras a morte de Castelao. Os seus fundadores foron Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego e Domingo García-Sabell. Puxeron en marcha a revista Grial, que aínda hoxe se edita, realizaron algunhas traducións e a reedición da obra de autores que publicaron antes de 1936, ofrecendo espazo aos novos autores na Colección Illa Nova.

Álvaro Cunqueiro

Poesía: Poemas do sí e do non, Mar ao norde, Cantiga nova (vangarda neotrobadorista antes da guerra), Dona do corpo delgado e Herba aquí e acolá (despois da guerra).

Narrativa: Merlín e a familia, As crónicas do desconcerto, Se o vello Simbad volvese ás illas (narrativa longa); Os outros feirantes, Escala de mariñeiros (narrativa breve).

Teatro: O incrible señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca; A noite vai como un río.

Características

  • Convivencia natural entre a realidade e a fantasía.
  • Mito e lenda, con mestura de personaxes reais e fantásticos.
  • Técnicas de oralidade.
  • Aparición de personaxes mitolóxicos.
  • Humor.
  • Estratexias realistas: percusión toponímica, alusión a personaxes históricos e apelación á autoridade.

A súa poética e o seu teatro

Cunqueiro non deixou de escribir ou traducir poemas ao longo da súa vida, como en Flor de diversos (1991). Á actividade poética de posguerra súmanse libros posteriores. Na posguerra publicou Dona de corpo delgado (1950) e poemas diversos concentrados en Herba de aquí e acolá, volume no que, ademais de poemas, hai outros temas como a morte. Tamén escribiu teatro, con destaque para A noite vai como un río. Ademais, escribiu ensaios como Tesouros novos e vellos (1964), que recolle o discurso da RAG, e artigos periodísticos en galego e en castelán.

A obra narrativa de Anxel Fole

Ten catro libros de contos: A luz do candil (1953), Terra brava (1955), Contos de néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981). Os dous primeiros están relacionados co mundo cultural e teñen unha estrutura semellante, a de recoller relatos con varios narradores arredor da lareira ou nunha mesa. Historias que ninguén cre está ambientado no mundo urbano e na cidade de Lugo, aínda que tamén hai medo e misterio. Gustaballe xogar con moitas aventuras e misterios; como contrapunto, tamén se encontra humor. Nos seus libros hai galego recollido entre as xentes da terra do Courel, con dialectalismos e barbarismos. El mesmo se refire ao seu modelo narrativo: Un conto é bo cando, lido, parece cantado.

Un retrato da Galicia máxica e popular

Nos contos de Fole hai referencias a Galicia e a aqueles aspectos que proveñen da cultura espiritual. Retrata unha Galicia máxica e misteriosa con tres aspectos fundamentais:

  • As experiencias parapsicolóxicas.
  • As crenzas tradicionais.
  • As supersticións de raigame relixiosa, como a Santa Compaña.

A súa narrativa caracterízase polos trazos estilísticos e estruturais propios da narración oral tradicional.

Elementos referidos á narración

  • Fórmulas de apertura.
  • Narración en espiral: un conto leva a outro e así sucesivamente.
  • No tramo final do relato dáse unha conclusión de carácter didáctico.
  • A voz narradora preséntase como testemuña, para que nos fiemos do que di, e emprega chamadas de atención aos oíntes.


O traballo cultural dos exiliados

Entre os exiliados atópanse Luis Seoane, Blanco Amor, Dieste, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado, Emilio Pita e Ramón de Venezuela. Eles puxeron en marcha iniciativas para manter viva a vida galega. Destacan:

  • Edición de revistas culturais e literarias, como Galicia, Galicia Emigrante ou Correo Literario.
  • Creación de canles para a publicación de libros galegos: as coleccións Horreo e Dorna, e editoriais novas como Nova, Citania e Botella.

Esta actividade foi moi importante: reeditáronse libros de figuras desaparecidas e déronse a coñecer obras creadas nos anos de exilio.

Consolidación do teatro galego

Puxéronse en marcha compañías como a de Maruxa Villanueva e Varela Buxán (Os vellos non deben namorarse).

Labor de divulgación

Hai unha extensa labor de divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante. En México houbo outro significativo período de vida cultural no exilio. Tamén en Londres houbo un grupo moi activo que creou un programa de radio transmitido para Galicia a través da BBC.

Luis Seoane

A Guerra Civil obrigouno a exiliarse en Bos Aires, onde desenvolveu unha labor de axitación política e cultural. A súa sona como pintor medra cada vez máis en todo o mundo. Despois de 27 anos de exilio, en 1963 volve a Galicia e continúa o seu labor de animador cultural. Xunto con Díaz Pardo crea o Museo Carlos Maside e a fábrica de cerámica de Sargadelos. A poesía de Seoane ten como temas a emigración e o exilio; con eles dá voz aos emigrantes que tiveron que deixar a súa terra e levar a vida noutros países. É unha poesía de denuncia social.

A poesía de Lorenzo Varela

A obra poética en galego de Lorenzo Varela é breve e está recollida en Catro poemas para catro gravadores (1944), e acompañada de gravados de Seoane en Lonxe (1954). É un libro magnífico, con poemas reivindicativos e cargados de nostalxia por Galicia, a terra que tivo que abandonar.

Obra narrativa de Eduardo Blanco Amor

É de enorme importancia: trouxo novos temas e formas de narrar. Ten dúas novelas en castelán (La catedral y el niño e Los miedos) e en galego (A esmorga, 1951; Xente ao lonxe, 1972).

A esmorga está ambientada ante un xuíz de Cibrán (personaxe) desatado pola morte de Bocas e Milhomes (compañeiros de esmorga). Ten unha linguaxe dura e realista e consegue unha atmosfera traxica e opresiva.

Xente ao lonxe ten un narrador (Suso) cunha familia obreira de esquerdas en Ourense no primeiro terzo do século XX. Presenta unha narración fragmentaria e técnicas experimentais, é moi emotiva e destaca pola creación de personaxes e a recreación de ambientes urbanos.

Os bisbardos son sete contos de Blanco Amor con diversas facetas da infancia e da adolescencia. El di: «Os contos pasan dúas décadas do século nas que eu convivín no meu bolso. Como ambiente autobiográfico; como anécdota, ningún».

Un tempo de resistencia

A cultura galega vive aquí, sen medios para resistir, sen idioma recoñecido legalmente, sen ensino e nunha ditadura que non respecta as liberdades. Entre 1960 e 1975 a cultura galega expándese, creándose asociacións culturais en defensa da lingua e da difusión da cultura, con novas edicións como Edicións do Castro. O 17 de maio de 1963 publícase Cantares Gallegos e a RAG crea o Día das Letras Galegas. Comeza como unha celebración oficial e remata con actos de reivindicación da cultura galega. Nestes anos o galego úsase publicamente para expresarse e aprendelo, e converteuse no idioma das reivindicacións sociais.

Elementos referidos á lingua

  • Abundante uso de refráns.
  • O galego aparece mesturado con barbarismos e dialectalismos na tentativa de recoller a fala real.

Luis Pimentel

O inicio da Guerra Civil e as súas consecuencias de norte e medo marcaron a súa personalidade e a súa poesía, con dor e sentimento. Aínda que presenta trazos vangardistas, é moi persoal e non segue modas nin movementos poéticos da época. En vida publicou Triscos (1950). Despois da súa morte publicouse Sombra do aire na herba (1959) e Barco sin luces (1967), en castelán.

Xosé María Díaz Castro

En vida publicou Nimbos (1961). O resto da súa obra foi inédita ou espallada en revistas e xornais. Pero a calidade desta única publicación (na que se atopa «Penélope») converteuno nun dos poetas máis significativos do século XX.

Descargar

PDF Word HTML