Crise da Restauración en España (1898-1923)
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 8,3 KB
A Crise da Restauración en España (1898-1923)
O Desastre do 98 e as súas Consecuencias
En 1895 comeza a Guerra de Cuba, encabezada por José Martí e o Partido Revolucionario Cubano. España presenta grandes carencias a pesar de enviar numerosas tropas; as enfermidades tropicais provocan numerosas baixas. En 1898, tras a explosión do Maine, o goberno de EUA envía un ultimato ao goberno de España para que renuncie a Cuba e, tras o Tratado de París, asinouse a paz, cedendo España así Cuba, Porto Rico, Filipinas e a illa de Guam aos EUA. Esta derrota, coñecida como o Desastre do 98, causou en España un forte impacto na opinión pública, nos partidos políticos, intelectuais e nas clases medias.
O Rexeneracionismo
O Rexeneracionismo era unha tendencia que vai desde finais do XIX ata principios do XX e que analizaba os males do país, así como criticaba o sistema de Restauración e quería atopar remedio e modernizar a realidade política e económica de España; destaca Joaquín Costa, que apoiou o programa renovador, aínda que a fortaleza do caciquismo fixo que se tivese que impoñer un "cirurxán de ferro" que actuaba de forma autoritaria con carácter temporal e que pretendía acabar cos males do país.
A Galiza dos Caciques
O sistema caciquil estaba moi arraigado e diversas familias controlaban e dirixían o poder político que derivaba de votos por favores. Isto provocaba unha situación estable.
Reinado de Afonso XIII e Crise Política
En 1902 comeza o reinado persoal de Afonso XIII que, tras o asasinato de Cánovas (1897) e a morte de Sagasta (1903), xurdiron novos líderes que non foron capaces de aglutinar aos partidarios e xurdiron novas familias; a quenda seguía funcionando pero tiña menos respaldo parlamentario. Tamén seguían funcionando o fraude electoral e o caciquismo, pero as protestas obreiras creaban gran conflitividade laboral, había atentados caciquistas e correntes anticlericais, e os nacionalismos periféricos, así como a gran importancia dos republicanos, que destaca na Coruña onde agruparon tendencias en torno ao Casino Republicano.
O Exército e a Lei de Xurisdicións
En 1898 as críticas do exército provocaron un gran malestar entre os militares e en 1905 uns oficiais asaltaron as redaccións da prensa. O goberno non puido castigalos e aproba a Lei de Xurisdicións (1906) que asinaba que os delitos de opinión e obra que fosen en contra da unidade da patria e o exército ían ser sometidos a un código e a un xuízo militar.
Gobernos de Maura e Canalejas
En 1907 Antonio Maura, presidente, fixo uns cambios na vida política para evitar a revolución desde abaixo. Algunhas destas medidas son:
- Lei de Reforma Electoral de 1907: pretendía maior efectividade do sistema sen recorrer a métodos fraudulentos, aínda que conseguiron o efecto contrario, mostrado no artigo 29.
- Lei da Administración Local: pretendía incrementar as competencias e a autonomía administrativa e para iso creou mancomunidades provinciais.
A Guerra de Marrocos e a Semana Tráxica
España quería ocupar Marrocos enviando tropas desde Ceuta e Melilla, pero en 1909 é derrotada no Barranco do Lobo. O 26 de xullo convocouse unha folga xeral que radicalizou a protesta obreira; construíronse barricadas e queimáronse conventos, igrexas e escolas. A Semana Tráxica provocou que a insurrección popular fose dominada e tivo amplas consecuencias políticas (caída de Maura e volta ao poder do Partido Liberal con Canalejas). Tamén favoreceu a reagrupación das forzas opositoras á monarquía e creouse a Conxunción Electoral Republicano-Socialista; os anarquistas fundaron a CNT, que desenvolvería a 1ª folga xeral en España (1911).
Reformas de Canalejas
Canalejas tamén levou a cabo unhas reformas entre as que destacan:
- Lei de Asociacións Relixiosas de 1910: limitaba o establecemento de novas ordes relixiosas en España.
- Lei de Mancomunidades Provinciais (aprobada en 1913): para complementar as competencias dos concellos e canalizar as reivindicacións rexionalistas, formando mancomunidades de municipios e concesión dunha reducida autonomía rexional.
- Lei de Recrutamento de 1912: establecía o servizo militar obrigatorio.
Canalejas tamén intentou introducir melloras nas condicións de traballo.
A Crise de 1917
En 1917 prodúcese unha crise que tivo gran impacto na sociedade española desde o punto de vista ideolóxico e económico. O aumento dos prezos e a falta de subsistencias acentuaron o malestar social e político. Esta tensión explotaría en 1917, provocando a crise máis profunda do sistema de Restauración con 3 tipos de conflito:
- Crise militar (Xuntas de Defensa): pola perda do poder adquisitivo dos salarios e a precaria situación económica, estendeuse por toda España, engadíndose outras reivindicacións.
- Crise política (Asemblea de Parlamentarios): aproveitando a debilidade do goberno, Francesc Cambó fixo presión sobre o goberno para conseguir autonomía para Cataluña. A Asemblea de Parlamentarios insistiu na convocatoria de Cortes Constituíntes pero fracasou pola falta de apoio e polas divisións internas entre os seus protagonistas.
- Crise social (folga revolucionaria): a alza de prezos provocou un incremento do malestar social que deu lugar a estas protestas e manifestacións. En 1916 a UXT e a CNT convocaron unha folga xeral que foi seguida polas clases traballadoras. Os ferroviarios comezaron unha folga laboral pero a UXT e PSOE convocaron a folga xeral revolucionaria en agosto de 1917 co obxectivo de derrocar o réxime e a convocatoria de Cortes Constituíntes. A isto reaccionou o goberno cunha forte represión (cadea perpetua para membros do comité da folga asinantes da convocatoria, imposición da lei marcial...). A folga fracasou e os obreiros volveron ao traballo.
Fraccionamento Político e Inestabilidade
O fraccionamento dos partidos dinásticos e a tensión entre os líderes fixeron que a quenda deixou de funcionar. Afonso XIII forma gabinetes de confrontación compostos por representantes de grupos políticos; a inestabilidade gobernamental acentúase, aumentan as folgas obreiras, as organizacións obreiras amplían o número de afiliados, os atentados anarquistas son frecuentes e alcanzan as autoridades do Estado e a empresarios eclesiásticos, os republicanos aumentan e acentúan as críticas ao sistema e manteñen a Conxunción Republicano-Socialista, xurdiron novos líderes como Lerroux.
Situación en Galicia
En Galicia destaca a presenza republicana na Coruña, onde manteñen unha organización independente do resto do Estado, e incrementouse a actividade dos movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos.
O Protectorado de Marrocos e o Desastre de Annual
En 1912 creouse o Protectorado e aumentaron os gastos. O exército creou corpos específicos para a loita en Marrocos (Lexión e Regulares). En 1921 Silvestre penetrou no Rif para ocupar Alhucemas, pero as cabilas rifeñas a mando de Abd el-Krim atacaron as súas posicións, perecendo a maioría dos seus soldados en Annual. Os soldados españois sobrevivintes retrocederon cara Melilla e os rifeños fixéronse co control da zona e proclamaron a independencia da República do Rif. O Desastre de Annual provocou un forte impacto e acentuou a impopularidade da guerra e do exército. Difundiuse a sospeita de que detrás das accións de Silvestre estaba a intervención de Afonso XIII, o que incrementou a oposición á monarquía.
Conclusión
Ante o cúmulo de problemas, o réxime só tiña 2 posibilidades para sobrevivir: democratizarse ou impor unha solución de forza encabezada por un "cirurxán de ferro". A incapacidade do réxime de transformarse favoreceu en 1924 a imposición dunha ditadura militar, a Ditadura de Primo de Rivera, un capitán xeneral de Cataluña.