A Revolución Francesa e o Liberalismo no Século XVIII

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,84 KB

A Revolución Francesa

Nos Estados Xerais, a nobreza e o clero pretendían que se votase por estamento, o que lles daba maioría aos privilexiados. Pronto, o Terceiro Estado foi tomando conciencia de que representaba a case toda Francia. En xullo, os representantes do Terceiro Estado pasaron a denominarse Asemblea Nacional. O rei e os privilexiados intentaron expulsalos da sala que ocupaban, pero os deputados reuníronse no Xogo de Pelota. Por iso, a Asemblea Nacional pasou a chamarse Asemblea Constituínte. O 14 de xullo de 1789, os cidadáns parisienses manifestáronse e asaltaron a Bastilla.

Liberalismo e Nacionalismo

  • O liberalismo da primeira metade do século XIX rexeitaba o absolutismo e buscaba recuperar os dereitos e máis as liberdades que recoñecera a Revolución Francesa.
  • O nacionalismo ten a súa orixe na expansión napoleónica, que exacerbara os sentimentos de pertenza a unha nación, pero a reorganización do Congreso de Viena ignorará a identidade cultural, histórica e de costumes dos pobos.

A Revolución Americana

A Constitución de 1787 organizou a nova orde política. O Estado tiña unha estrutura federal. O presidente controlaba o poder e era elixido cada 4 anos mediante un sufraxio indirecto. George Washington foi o primeiro presidente de EUA. O poder lexislativo tamén era elixido polos cidadáns e estaba composto por dúas cámaras: a Cámara de Representantes e o Senado. O poder xudicial recaía nos tribunais. O Tribunal Supremo controlaba que as leis e os actos do goberno non vulnerasen a constitución.

A Convención Montañesa e o Terror

O temor á derrota da revolución provocou un golpe de Estado dos sans-culottes contra os xirondinos en xuño de 1793. Os montañeses, dirixidos por Robespierre, fixéronse co poder. Os montañeses elaboraron unha nova constitución democrática que recoñecía a soberanía popular e o sufraxio universal masculino. Pero a separación de poderes quedou moi debilitada e Robespierre implantou unha ditadura. O asasinato de Marat por unha realista e o ataque inglés en Toulon provocaron que se iniciase o Terror. Suspendeuse a constitución e aprobáronse as leis de sospeitosos, polas que o Comité de Salvación Pública podía xulgar e executar a calquera sen necesidade de probas. Robespierre intentou frear a crise económica limitando os prezos máximos dos artigos de primeira necesidade. Tras o golpe de Estado do 9 de Termidor (27 de xullo de 1794), Robespierre foi xulgado e executado.

Entradas relacionadas: