Europa dominante: crise económica e imperialismo (1873-1890)
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,69 KB
Europa dominante: crise económica e imperialismo
Crise económica entre 1873 e 1890
Entre os anos 1873 e 1890 desenvolveuse na Europa industrializada unha crise económica que se iniciou cunha crise agrícola.
Crise de sobreprodución
As reservas de produtos acumuláronse, os prezos baixaron aínda máis, diminuíron os beneficios, aumentou a competencia e moitas industrias pecharon.
Causas económicas
- Expansión do imperialismo contemporáneo para atender as necesidades da industria dos países desenvolvidos.
Causas ideolóxicas e nacionalismo
- Chovinismo: patriotismo esaxerado francés, que considera que o propio do país ao que pertence é o mellor do mundo.
- Xingoísmo: nacionalismo británico de carácter exaltado, partidario da expansión violenta sobre outras nacións. Tiña un carácter racista e consideraba necesario o imperialismo.
Causas políticas e demográficas
- Explosión branca: xerou un movemento migratorio grande.
Causas ideolóxicas
Creíase na superioridade da raza branca. Isto veu acompañado dunha exaltación nacionalista (chovinismo e xingoísmo). O colonialismo sostiña o paternalismo, é dicir, a responsabilidade do home branco, tal como expresou Rudyard Kipling.
Doutrina Monroe
Declaración que recolle os principios da política exterior dos EE.UU. con respecto aos dereitos e actividades das potencias europeas no continente americano, exposta polo presidente James Monroe. Abrangue dous elementos clave: non intervención americana en Europa e non intervención europea en América. Resúmese na frase «América para os americanos».
Formas de dominación colonial
- Plantación: explotación agrícola, situada nunha rexión tropical ou subtropical, que emprega regularmente traballadores asalariados e na que, con fins comerciais, se cultivan ou producen, en réxime de monocultivo, produtos tropicais.
- Colonias: non tiñan goberno propio e dependían de maneira directa da administración metropolitana.
- Protectorados: goberno indíxena respectado formalmente pola administración metropolitana.
- Dominios: territorios con pouca poboación indíxena nos que a minoría branca dispuxo dun goberno e dun sistema parlamentario propio.
- Mandatos: apareceron despois da Primeira Guerra Mundial para administrar os territorios dependentes das potencias perdedoras.