Continentes e relevo de Europa: guía de xeografía

Geografía2,8 KB

Os continentes

Os continentes son grandes extensións de terras emerxidas que separan os océanos: África, América, Antártida, Europa, Ásia e Oceanía.

África

É un continente moi macizo e uniforme, formado por rochas antigas e moi desgastadas pola erosión. No relevo predominan numerosas mesetas e cubetas.

América

Estendese case desde o polo norte ata rozar o círculo polar antártico e separa o océano Atlántico do Pacífico. Compóñena América do Norte, América do Sur, o istmo de América Central e os arquipélagos das Antillas.

Ásia

O continente asiático é unha gran masa de terra situada na parte oriental de Eurasia. Nel podemos distinguir catro sectores:

  • Extensas chairas e mesetas.
  • Ao norte, elevadas cordilleiras; e mesetas no centro e sur.
  • Grandes penínsulas no océano Índico.
  • Arquipélagos no océano Pacífico.

Europa

Está situada na parte occidental de Eurasia. A división entre Europa e Ásia resulta difícil de precisar, porque Europa é unha gran península do continente asiático. As cordilleiras dos Urais e do Cáucaso e os mares Caspio e Negro marcan os límites entre os dous continentes. O Mediterráneo delimita Europa de África.

Oceanía

Este continente está formado por unhas 10.000 illas de diversos tamaños repartidas polo océano Pacífico: Australasia, Melanesia, Micronesia e Polinesia.

Antártida

Está situada no polo sur e rodeada polos océanos Pacífico, Atlántico e Índico.

O relevo de Europa

Europa pódese dividir en dous grandes conxuntos de relevo: as montañas e as chairas.

As montañas

Nelas distínguense os macizos, que son relevos antigos moi erosionados, e as montañas novas, de época máis recente, que non superan os 2.000 m. Pertencen a este grupo os montes Grampianos, os montes Escandinavos, o Macizo Central francés, os Vosgos e a Meseta española.

As cordilleiras novas dan lugar a paisaxes de formas abruptas: os Pireneos, os Alpes, os Cárpatos, os Balcáns e o Cáucaso. Por estes relevos circulan numerosos ríos: o Ródano, o Po e o Danubio.

As chairas

A chaira máis extensa é a Gran Chaira Europea. Os grandes ríos europeos circulan polos amplísimos vales da Gran Chaira: o Volga, o Don, o Dniéper e o Dniéster. Outras chairas son a Húngara, a do Po, a depresión do Ebro e a do Guadalquivir.

O litoral europeo

O litoral do continente europeo presenta, no seu conxunto, costas de formas moi recortadas. En función do tipo de relevo e dos océanos ou mares que bañan as súas costas, Europa ten dous tipos de costas moi contrastadas: as costas atlánticas e as costas mediterráneas.

Descargar

PDF Word HTML