Conceptos lingüísticos e gramaticais en galego

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,79 KB

En que consiste a repetición?

Consiste en utilizar nunha oración ou texto referencias á mesma palabra varias veces, mediante o uso de sinónimos, hiperónimos ou repetindo o mesmo elemento.

En que consiste a elipse?

Consiste en suprimir palabras que non son imprescindibles para a comprensión dun texto.

Que é a deíxe?

Son palabras que serven para indicarnos cousas (deixis, en grego, significa 'sinalar'). Palabras coma ti, hoxe, aquí, isto son expresións deícticas, que nos serven para sinalar ou facer referencia a persoas, situacións, lugares, etc.

Elementos esenciais da oración (sintaxe)

O suxeito e o predicado.

Tipos de oracións segundo a semántica

  • Enunciativas
  • Interrogativas
  • Exclamativas
  • Exhortativas
  • Dubitativas
  • Desiderativas

Transformación de clases de palabras

Prodúcese principalmente mediante morfemas.

Función dos determinantes

Teñen a facultade de transformar calquera clase de palabra nun substantivo. Nestes casos, o determinante cumpre a función de substantivador e o elemento transformado por el denomínase palabra substantivada.

Puntos de vista nunha noticia

Si, unha noticia pode estar redactada desde diferentes puntos de vista.

Importancia da comunicación non verbal

Si, os elementos paraverbais e non verbais son importantes na comunicación oral porque reforzan o dito mediante a linguaxe verbal e axúdannos a comprender mellor a mensaxe que nos queren transmitir.

Tipos de argumentos

Existen diversos tipos de argumentos, como:

  • Argumento de experiencia persoal
  • Argumento de autoridade
  • Argumento de universalidade
  • Argumento de singularidade
  • Argumento de semellanza
  • Argumento por xeneralización
  • Argumento ad hominem (baseado na persoa en vez das súas razóns)
  • Argumentos baseados nas consecuencias dun feito

Que é o racismo?

É unha doutrina que propugna a desigualdade das razas humanas, en virtude da cal se xustifica o feito de que certas razas ou culturas fosen sometidas á explotación económica, á segregación social ou mesmo á destrución física.


Adverbios e preposicións

Son clases de palabras pechadas.

Finalidade do texto científico

A súa finalidade é a difusión entre a comunidade científica e o resto da sociedade dun determinado coñecemento ou teoría.

Proceso de normalización lingüística

Entre outras cousas, debe ser transversal e, xa que logo, incidir en diversos ámbitos ou sectores dunha determinada sociedade.

Exemplos de oracións

Oracións con suxeito omitido:

  • Chegaron tarde ao partido.
  • Traballaron con dedicación.
  • Foise tan rápido como veu.

Oracións sen suxeito (impersoais):

  • Xogar é bo.
  • Comer san é saudable.
  • Facer exercicio desenvolve os músculos.

Análise sintáctica de oracións

Instrución: Identificar núcleo do suxeito (NS), núcleo do predicado (NP) e complementos (C).

  • Serxio (NS) xoga (NP) ao fútbol todos os días (C).
  • Álex e Rita (NS) andan (NP) sempre xuntos (C).
  • O experimento (NS) funcionou (NP).
  • O seu pai (NS) é (NP) directivo dunha gran empresa (C).
  • (Suxeito omitido: El/Ela) Non apareceu (NP) pola oficina en todo o día (C).
  • (Suxeito omitido: Nós) xogamos (NP) ao póker os venres pola noite (C).
  • O meu tío (NS) leva (NP) no hospital dúas semanas (C).
  • Vítor (NS) obtivo (NP) un dez no exame (C).

Tipos de enunciados segundo a actitude

  • Cantos anos tes? - Interrogativo.
  • Abre a porta, entra no cuarto e acende a luz. - Exhortativo.
  • En Sevilla vai moita calor. - Enunciativo.
  • Da que te zafaches! - Exclamativo.
  • Pode ser como dis, pero non estou seguro. - Dubitativo.
  • Oxalá España gañe o mundial de fútbol! - Desiderativo.
  • Pregúntalle a que hora sae o tren. - Enunciativo.
  • O libro que me recomendou Xaime é horrible. - Enunciativo.