Conceptos clave da sociolingüística galega: diglosia, normalización e variedades
Resumen
O documento recolle os conceptos fundamentais para estudar a situación sociolingüística do galego, como ámbitos de uso, bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico, neofalantes e normalización. Inclúe tamén unha breve clasificación das variedades lingüísticas: diatópicas, diafásicas, diacrónicas e diastrácticas. Serve como glosario para revisar a materia.
Puntos clave
- Diglosia: convivencia desigual do galego e o castelán, con unha lingua hexemónica e outra minorizada.
- Normalización lingüística: proceso para que o galego se use con normalidade en todos os ámbitos.
- Normativización lingüística: proceso de crear e fixar as normas do galego.
- Neofalantes: persoas que non teñen o galego como lingua materna pero o aprenden e usan habitualmente.
- Variedades diatópicas (territorio), diafásicas (contexto), diacrónicas (tempo) e diastrácticas (estudos e profesión).
- Prexuízos lingüísticos: crenzas negativas e inxustas sobre o galego baseadas en estereotipos.
Conceptos fundamentais da lingua galega
- Ámbitos de uso: son os diferentes contextos, situacións ou espazos nos que empregamos o galego.
- Axentes de transmisión lingüística: son as persoas, grupos ou institucións que contribúen a transmitir o galego de xeración en xeración e garantir que non se extinga.
- Bilingüismo: é a situación na que unha persoa ou comunidade utiliza dúas linguas de maneira habitual.
- Bilingüismo harmónico: é a situación na que unha persoa ou comunidade utiliza dúas linguas e o goberno considera que non ten que tomar medidas lingüísticas xa que se fai un uso equilibrado delas.
- Diglosia: é a situación na que o galego e o castelán conviven de forma desigual, xa que se considera que unha ten máis prestixio que outra, unha hexemónica e outra minorizada.
- Conflito lingüístico: é a situación na que o galego e o castelán compiten entre si para ter maior prestixio que a outra.
- Neofalantes: son os falantes que non teñen como lingua materna o galego pero que deciden aprendela e utilizala de forma habitual.
- Normalización lingüística: é o proceso para conseguir que o galego se utilice con normalidade en todos os ámbitos.
- Normativización lingüística: é o proceso de crear e fixar unhas normas para o galego.
- Lingua minoritaria: é a lingua que é falada por menos xente respecto a outra.
- Lingua maioritaria: é a lingua máis falada nun territorio, o castelán.
- Lingua minorizada: é a lingua con pouco prestixio nunha sociedade e que non se considera válida en todos os ámbitos.
- Lingua hexemónica: é a lingua con maior prestixio nunha sociedade.
- Prexuízos lingüísticos: son crenzas negativas e inxustas sobre o galego baseadas en estereotipos.
- Transmisión xeracional: é o proceso polo que se transmite a lingua materna no ámbito familiar de xeración en xeración.
- Variedade estándar: é a variedade do galego que recolle todas as normas necesarias para que este sexa oficial.
Variedades lingüísticas
Son as diferentes formas de falar o galego:
- Diatópicas: non se fala o mesmo galego ao norte que ao sur.
- Diafásicas: non falamos igual cos amigos que cos nosos pais.
- Diacrónicas: non se falaba igual hai cen anos que agora.
- Diastrácticas: os estudos e a profesión tamén inflúen á hora de falar.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cal é a diferenza entre normalización e normativización lingüística?
A normalización é o proceso para que o galego se utilice con normalidade en todos os ámbitos. A normativización é o proceso de crear e fixar unhas normas para a lingua.
Que é a diglosia?
É a situación na que o galego e o castelán conviven de forma desigual, considerándose unha lingua hexemónica con máis prestixio e outra minorizada.
Quen son os neofalantes?
São as persoas que non teñen o galego como lingua materna pero deciden aprendelo e utilizalo de forma habitual.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.