Climas, relevo e institucións de Galicia

Geografía4,53 KB

Mediterráneo

RelevoVariado, con zonas montañosas tanto nas proximidades da costa como no interior, e amplas planicies, especialmente na Meseta central e nas depresións do Ebro e do Guadalquivir.
ClimaPrecipitacións escasas; as maiores precipitacións caen na primavera e no outono. Clima cálido, invernos suaves (>0 ºC), veráns cálidos (>22 ºC).
RíosMoi irregulares (xeadas no outono e secas no verán).
VexetaciónA vexetación está adaptada ás altas temperaturas e a longos períodos de seca. As formacións vexetais características son o bosque perennifolio e a vexetación arbustiva formada polo maquis, a garriga e a estepa. O perennifolio está formado por árbores de mediana altura, follas pequenas e coriáceas. Destacan a aciñeira, a sobreira e o piñeiro. O maquis é unha formación arbustiva densa. A garriga é menos densa e máis pequena, e a estepa é unha formación vexetal propia do clima semiárido.

Atlántico

RelevoMontañoso e moi accidentado.
ClimaAs temperaturas medias son suaves (12-14 ºC) e a oscilación térmica é baixa (9-12 ºC). As precipitacións son abundantes (>800 mm).
Ríos Os ríos son curtos e teñen un réxime fluvial caudaloso e regular pola abundancia de precipitacións.
VexetaciónAdaptada á abundancia de humidade e ás temperaturas suaves. As formacións vexetais características son o bosque de folla caduca, ademais de especies foráneas de crecemento rápido (piñeiro/eucalipto), a landa e os prados.


Provincias e municipios

Desde a reorganización provincial de 1833, que eliminou a condición de Reino de Galicia que tivese en épocas anteriores, o territorio galego está dividido en catro provincias: A Coruña... O órgano de goberno da provincia é a deputación, encargada de fomentar os intereses provinciais e de coordinar e cooperar cos municipios. As provincias están subdivididas en municipios gobernados pola corporación municipal ou concello, formado por concelleiras e concelleiros. Varios concellos poden formar unha comarca, é dicir, un territorio cuns límites naturais ben delimitados e con caracteres xeográficos, económicos, históricos e culturais comuns. Aínda que sen exercer función administrativa, en Galicia teñen gran importancia as parroquias, territorio que está baixo a xurisdición dun párroco, é dicir, é unha organización territorial de carácter eclesiástico. Nunha parroquia pode haber vilas ou aldeas.

As institucións autonómicas

Na capital están as institucións que exercen o poder autonómico:

  • O PARLAMENTO: exerce o poder lexislativo.
  • A XUNTA: órgano colexiado de goberno que exerce o poder executivo.
  • XUICES E MAXISTRADOS: imparten xustiza, así como o TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA.

Descargar

PDF Word HTML