Análise e Resumo de A Fiestra Valdeira: Obra e Personaxes

Lengua y literaturaActualizado el 4,38 KB

Resumen

A obra presenta a Don Miguel, un vello mariñeiro que volveu á súa vila despois de emigrar. Un pintor retrata a súa casa cunha fiestra que mostra unha paisaxe mariñeira, e este cadro provoca discusións entre a familia e os mariñeiros. O documento describe o cadro, o desenvolvemento da trama e os personaxes principais, para entender o conflito e o seu final.

Puntos clave

  • A obra transcorre nunha pequena vila mariñeira, entre as dúas grandes guerras do século XX.
  • O cadro é o eixe da acción e orixina os conflitos entre os personaxes.
  • A muller e a filla de Don Miguel non queren que se vexa a fiestra, porque a relacionan coa pobreza.
  • Os mariñeiros levan o cadro porque consideran que a paisaxe non é unha deshonra.
  • Ao final, arránxase todo nunha cea e acordan que o cadro é de todos.
  • Don Miguel é o protagonista e Antonio é o pintor do polémico cadro.

Ponte a prueba

Análise da Obra: A Fiestra Valdeira

O principal axente da acción da obra é o cadro, que arredor del se desenvólvese toda a acción. É o que trae os problemas e as discusións entre tódolos personaxes da obra.

O Cadro Polémico e a Súa Simboloxía

Os elementos que aparecen no polémico cadro son:

  • A vista que hai a través da fiestra: É a paisaxe que se ve dende a fiestra da casa de Don Miguel. Vense os barcos e a xente da vila traballando coas redes, a paisaxe típica dunha vila mariñeira. Ao final, despois de moitas discusións e problemas, volve outra vez a mesma paisaxe ao cadro.

A oposición da muller e da filla débese a que elas pensan que se no cadro se ve a Don Miguel e pola fiestra unha paisaxe mariñeira, vese que son pobres, aínda que Don Miguel fora mariñeiro durante moitos anos, e a elas non lles gusta aparentar que son pobres, porque pensan que é malo. A elas gústalles que na vila pensen que son ricos, aínda que non o sexan.

Conflitos e Desenvolvemento da Trama

Na obra xorde o mesmo conflito entre diferentes personaxes: xorde un conflito entre a filla e a muller e Don Miguel e logo entre Don Miguel e os mariñeiros, porque queren levalo cadro. A filla e a muller queren que desapareza a fiestra polo que representa para elas, e os mariñeiros queren levalo para que non o cambien porque pensan que así está ben, que non fai falta cambialo para nada, porque ao fin e ao cabo é o que se ve pola fiestra e para eles non é ningunha deshonra, a diferenza da muller e da filla de Don Miguel.

Esta historia transcorre nunha pequena vila mariñeira, entre ambas as dúas grandes guerras do século XX. Don Miguel é un vello mariñeiro, que estivo emigrado en América e logo volveu para a súa vila. Vive coa súa muller e a súa filla.

Aparece o problema cando un pintor chamado Antonio retrátao e debuxa unha fiestra na que se ve o exterior, que é unha paisaxe mariñeira. A Don Miguel gústalle moito, pero á filla e á muller non tanto, posto que cren que isto representa a súa pobreza. Entón propoñen sacar ese anaco do cadro (a fiestra), e despois de ofrecerlle mil duros e el non aceptalos, os mariñeiros adiántanse e sácalo eles, un día que van á casa de Don Miguel. O cadro estivo gardado durante un tempo no desván (sen o anaco da fiestra), pero logo os mariñeiros, despois dalgún tempo, deixáronlle a Don Miguel que tivese o cadro na súa casa, e volvérono poñer, esta vez co consentimento da muller e da filla. O pintor ofrécese voluntario para volver poñer a fiestra e rematalo por completo. Ao final arránxase todo nunha cea na casa de Don Miguel, e acordan que o cadro é de todos.

Personaxes Principais de A Fiestra Valdeira

  • Don Miguel: É o protagonista. É un vello mariñeiro, que estivo traballando en Brasil e volveu outra vez á súa vila a vivir. El aínda se considera mariñeiro, aínda que xa non vai ao mar. É moi compracente coa súa filla e a quere moito.
  • Doña Balbina: É a muller de Don Miguel. É a típica muller dun mariñeiro, leva a casa e coida a familia.
  • Adelaida: É a filla de Don Miguel e Doña Balbina. É unha rapaza xove e aínda sen casar. Educouse nun colexio de monxas. Ten un medio noivo chamado Mariñas.
  • Señor Baldomero: É amigo da infancia de Don Miguel, foron xuntos á escola. Tamén é mariñeiro.
  • Nogueira: É un estudante, que lle dá moitas voltas ás cousas, como, por exemplo, ao do can do Urco.
  • Antonio: É o pintor do polémico cadro. Adelaida pensa que é un mal embaucador de lenzos que cobra aos incautos por iso (neste caso o seu pai). Oponse en todo momento ao cambio do cadro, pensa que quedaría moi mal.
  • Matapitos: É un cativo que lle fai os recados a Don Miguel. Tivo un pequeno problema con Don Miguel cando Caramañolas non quixo aceptar o traxe que Don Miguel lle agasallaba e tivo que quedar el co traxe e, ao final, non quedou co traxe.
  • Caramañolas: É un dos mariñeiros que vai á casa de Don Miguel a coller o cadro.
  • O Garreante: Outro dos mariñeiros que vai á casa de Don Miguel a coller o cadro.
  • Dourado: Outro dos mariñeiros que vai á casa de Don Miguel a coller o cadro.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen é o pintor de A Fiestra Valdeira?

O pintor chámase Antonio. Retrata a familia de Don Miguel e debuxa unha fiestra que mostra unha paisaxe mariñeira.

Por que a muller e a filla non queren o cadro?

Cren que a fiestra representa a súa pobreza. Prefiren que na vila pensen que son ricos, aínda que non o sexan.

Como acaba a historia?

Os mariñeiros devolven o cadro á casa de Don Miguel, esta vez co consentimento da muller e da filla. Ao final acordan que o cadro é de todos.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que época transcorre a historia?
2. Que representa a fiestra para a muller e a filla de Don Miguel?
3. Onde traballou Don Miguel antes de volver á súa vila?
4. Quen é o pintor do polémico cadro?
5. Quen é amigo da infancia de Don Miguel?
6. Que acordan os personaxes ao final da obra?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.