Adecuación, coherencia e cohesión textual: guía en galego

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,33 KB

Adecuación

Adecuación: elección da variedade lingüística axeitada á situación comunicativa. Ao establecer unha comunicación, ter en conta os factores: intención, tema, destinatario, canle, tempo e lugar.

Rexistro

Formal: información ben organizada, corrección morfosintáctica, tecido sintáctico ben construído, emprego de oracións compostas, riqueza léxica, léxico preciso, ton impersoal e distante, emprego de «vostede».

Informal: repetición de información, problemas de concordancia e oracións sen rematar, oracións simples, abuso de coordinadas con «e», léxico repetitivo, palabras comodín, frases feitas, ton próximo aos interlocutores.

Coherencia

Coherencia: selección e organización da información; o texto debe ter sentido e ser coherente.

Requisitos informativos

Deben estar relacionadas co mesmo tema, ser completas e suficientes, non redundantes, non contradictorias, organizadas de xeito lóxico, claras e comprensibles.

Corrixir

  • Circunloquios: uso de varias palabras para expresar unha idea que se podería expoñer cunha soa.
  • Sinónimos consecutivos: para dar a sensación de que se teñen moitos coñecementos, encadéanse termos co mesmo significado.
  • Redundancias: emprego innecesario dunha palabra para completar outra.

Cohesión

Cohesión: propiedade mediante a cal se relacionan os diversos elementos que compoñen un texto.

Elementos que compoñen o texto

Cohesión léxica: elementos léxicos que relacionan diferentes partes do texto:

  • Repetición das mesmas palabras.
  • Sinónimos e expresións equivalentes: hipónimos (margarida e rosa de flor), hiperónimos (animal de león, gato…), sinónimos, metáfora, metonimia.
  • Pronomes (persoais/demostrativos), adverbios, elipse (suprimir un elemento que aparece moi amiúde e que é moi doado de identificar).

Cohesión gramatical

Cohesión gramatical: elementos que marcan as relacións entre os enunciados, parágrafos e oracións que conforman o texto.

TipoExpresanExemplos
TemporalRelación no tempoEntón, aínda
EspacialRelación no espazoPreto de, lonxe de
ConsecutivoConsecuenciaPolo tanto, daquela
CausaisCausa, razón, motivoPorque, pois, dado que
AditivoSuma de ideasE, ademais, tamén


TipoExpresanExemplos
OpositivoContraste entre enunciadosPero, máis
ExemplificativoExemploPor exemplo
Explicativo

Explicación

/ matización dunha idea

É dicir, ou sexa
TematizadorIntrodución dun temaEn canto a
OrdinaisComezo, continuación, remateEn primeiro lugar
Conclusivos e sintetizadoresSíntese, conclusión ou recapitulación

En resumo, en suma

Corrección

Corrección

Ortografía

Signos de puntuación, acentos graves, maiúsculas.

Morfosintaxe

Uso correcto de diferentes palabras (substantivos, pronomes, verbos, preposicións).

Léxico

Vocabulario adecuado, rico, variado e sen repeticións.