Poemas pilar pallarés (entre o lusco e o fusco)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,49 KB


Esta novo período literario vén propiciado por relevantes acontecementos que afectan a historia de Galicia como son o final da ditadura franquista e o restablecemento da democracia, a etapa de transición e o Estatuto de Autonomía de 1981 no que o galego é recoñecido como lingua cooficial, a entrada o idioma galego no ensino, a aprobación da Lei de Normalización Lingüística e 1983, a ampliación do mundo editorial galego (Xerais, edicións do Cumio, Sotelo Blanco...), a creación da Asociación de escritores en lingua galega.


A dinamización poética da década dos 80 vese favorecida por condicionantes  externos, de carácter político e social, e internos, produto da evolución do discurso poético. Cómpre facer alusión a outros aspectos que repercuten na dinámica literaria e na creación poética destes últimos anos: a aparición de numerosas revistas culturais e de poesía nas que se dan a coñecer novos escritores e novas tendencias (Nordés, Coordenadas, Dorna...) e os innumerables certames, premios e encontros de poesía: Concurso Nacional de Poesía O Facho, o Esquío, o Leliadoura, o Martín Codax, o Celso Emilio Ferreiro... Destaca o Festival da Poesía do Condado, en Salvaterra do Miño.


Na década dos 80, a nosa poesía é máis universal e actual;
caracterizada
pola multiplicidade temática e formal. Reivíndicase a poetas esquecidos tanto da nosa literatura (hai un redescubrimento das vangardas) como doutras (portuguesa, americana, inglesa). Superase o socialrealismo poético e xorde un afán culturalista. Aparece aescritura conxunta e antoloxías plurais; isto dá pé á creación de colectivos como Rompente (Reixa, Avendaño, ROMón...Levan a cultura urbana ao texto), Alén (Miguel Mato, X. Ramón Pena cunha liñasocialrealista), Cravo Fondo (Ramiro Fonte, Xesús Rábade...), Loia (formado por estudantes e traballadores en Madrid, entre eles, Manuel Rivas). Así, as tendencias principais van ser o culturalismo, o experimentalismo, o europeísmo e o esteticismo.

A poesía desta época caracterízase pola calidade e cantidade dos seus poetas, entre os que sobresaen: Manuel Forcadela cun universo simbólico moi persoal (Profecía, Amorte do fadista), Álvarez Cáccamo cunha poesía que invita a reflexión e a denuncia pola Guerra Civil (Praia das furnas, Os cadernos da ira), Ana Romaní que reivindica o papel da muller (Palabra de mar, Arden), Ramiro Fonte cunha poesía de fonda filosofía (Pensar na tempestade, Adeus norte), Pilar Pallarés que vai desde o intimismo amoroso á angustia existencial (Entre lusco e fusco, Livro das devocións), Miguel Anxo Fernán-Vello, editor e poeta do amor e o desexo fronte a ausencia (Seivas de amor, Poemas de lenta nudez).


Entradas relacionadas: