Cantigas de Santa María e a prosa medieval galego-portuguesa: resumo de contidos
Cantigas de Santa María: Finalidade e Contexto
A finalidade fundamental das Cantigas de Santa María consistía no culto á Virxe a través do relato das súas intervencións marabillosas. Contamos cunhas 427 composicións ao redor da figura de María.
Alfonso X levou a cabo un labor no que se combina o marioloxio, o afán de conformar unha verdadeira summa dos milagres marianos, coa proxección político-cultural. A elaboración desta colección mariana sitúase entre os anos 1270 e 1283.
Os expertos discuten ata que punto Alfonso X participou directamente na elaboración destas cantigas. Se ben pode ser o autor directo dunha certa cantidade de textos, actuaría no conxunto da obra como o director de todo o traballo.