Vangarda e neotrobadorismo na poesía galega: Manuel Antonio, Cunqueiro e o galeguismo
A poesía de vangarda
En 1922, Manuel Antonio e o artista plástico Álvaro Cebreiro publicaron un manifesto rupturista titulado ¡Máis alá!. A publicación deste manifesto supón o momento cumio da literatura galega vangardista. Manuel Antonio semellaba formular unha fenda total coa literatura galega que se fixera antes del, na liña doutros manifestos similares que se espallaron pola Europa das dúas primeiras décadas do século XX. Adoptouse unha posición adanista, renegando do pasado e prescribindo unha literatura completamente nova, na liña que ían debuxando os diferentes ismos que se sucedían sen interrupción.
Porén, a situación sociocultural galega resultaba ben pouco semellante á que se vía en culturas plenamente normalizadas....