Historia do galego: do 1936 ao 1975
O galego do 36 ao 75
O levantamento militar de Franco deu lugar a unha guerra que duraría tres anos; en Galicia triunfou o franquismo e instálase rapidamente. Os organismos, institucións e editoriais que tanta influencia tiveran no primeiro terzo do século XX tocan á súa fin no 36 coa excepción da RAG. A guerra interrompeu calquera movemento político e cultural de carácter galeguista. Os que sobreviviron e permaneceron aquí quedaron totalmente silenciados.
Os anos posteriores á guerra foron sen produción en lingua galega ata 1947, en que se publica Cómaros verdes de Iglesias Alvariño e, cinco anos máis tarde, publícase A xente da Barreira de Carballo Calero. Clave deste período é 1950 coa fundación da Editorial Galaxia, exclusiva...