Dicionario de termos xeográficos e xeolóxicos en galego
Xeografía:
Ciencia que estuda o espazo xeográfico.
Placa Tectónica:
Fragmento da codia terrestre que se despraza por riba da parte superior do manto.
Continente de Gondwana:
Masa continental do Paleozoico da que se cre que proceden os continentes do hemisferio sur.
Magma:
Masa rochosa fundida que se atopa no interior da Terra, sometida a unha presión e temperatura elevadas.
Litoloxía:
Ciencia que estuda as rochas, as súas propiedades físicas, etc.
Rocha Ígnea:
Rocha formada polo proceso de solidificación dun magma. Clasifícanse segundo a súa textura, composición química e contido de sílice en ácidas, básicas, intermedias, etc.
Rocha Volcánica:
Rocha ígnea consolidada na superficie terrestre, posto que arrefría rapidamente.