Dicionario de termos xeográficos e xeolóxicos en galego
Resumen
Este glosario recolle definicións de termos básicos da xeografía e da xeoloxía en galego, desde conceptos como placa tectónica, magma ou erosión ata tipos de rochas, formas do relevo e procesos de transgresión e regresión mariña. Serve para revisar a terminoloxía de base antes dun exame ou para consultar rapidamente o significado dun termo concreto.
Puntos clave
- A litoloxía é a ciencia que estuda as rochas e as súas propiedades físicas.
- As rochas ígneas fórmanse pola solidificación dun magma e clasifícanse pola súa textura, composición química e contido de sílice.
- As rochas sedimentarias poden ser detríticas, químicas ou orgánicas.
- Unha falla é unha fractura de orixe tectónica causada por forzas verticais sobre a codia terrestre.
- Un anticlinal é a parte convexa dunha prega e un sinclinal é a parte que se afunde.
- A transgresión mariña é o ascenso do nivel do mar sobre o continente, e a regresión mariña é o seu descenso con emersión de terras.
Xeografía:
Ciencia que estuda o espazo xeográfico.
Placa Tectónica:
Fragmento da codia terrestre que se despraza por riba da parte superior do manto.
Continente de Gondwana:
Masa continental do Paleozoico da que se cre que proceden os continentes do hemisferio sur.
Magma:
Masa rochosa fundida que se atopa no interior da Terra, sometida a unha presión e temperatura elevadas.
Litoloxía:
Ciencia que estuda as rochas, as súas propiedades físicas, etc.
Rocha Ígnea:
Rocha formada polo proceso de solidificación dun magma. Clasifícanse segundo a súa textura, composición química e contido de sílice en ácidas, básicas, intermedias, etc.
Rocha Volcánica:
Rocha ígnea consolidada na superficie terrestre, posto que arrefría rapidamente.
Rocha Metamórfica:
Rocha orixinada polo metamorfismo ou transformación doutra rocha primitiva.
Rocha Sedimentaria:
Rocha formada a partir de sedimentos. Poden ser:
- Detríticas
- Químicas
- Orgánicas
Rocha Silícea:
Rocha que contén unha alta porcentaxe de sílice.
Rocha Arcillosa:
Rocha formada por partículas desagregadas doutras rochas.
Rocha Calcaria:
Rocha derivada de procesos de precipitación química.
Tectónica:
Forzas internas que deforman a codia terrestre, dando lugar ao relevo.
Falla:
Son fracturas de orixe tectónica que se producen cando as rochas da codia terrestre se encontran sometidas a forzas verticais.
Fosa Tectónica:
Depresión existente na codia terrestre de forma alongada, coincidente cun bloque afundido limitado por fallas máis ou menos paralelas.
Pregamento:
Proceso tectónico polo que os estratos horizontais se enrugan e se pregan.
Prega:
Accidente tectónico de carácter flexible desenvolvido en materiais sedimentarios.
Anticlinal:
Parte convexa dunha prega orixinada por forzas tectónicas compresivas.
Sinclinal:
Parte da prega que se afunde.
Transgresión Mariña:
Movemento de ascenso do nivel do mar sobre o continente debido a un aumento do nivel das augas.
Regresión Mariña:
Descenso do nivel do mar coa conseguinte emersión de terras.
Movemento Eustático:
Cambio producido no nivel do mar tanto de carácter positivo como negativo.
Zócolo:
Conxunto de materiais metamórficos e cristalinos.
Isohipsa:
Liña que une nos mapas puntos que presentan valores, situacións, etc.
Perfil Topográfico:
Liña que representa as variacións altitudinais do relevo e as súas formas nun mapa topográfico.
Macizo:
Relevo montañoso compacto, uniforme nas súas características e de límites ben definidos.
Penillanura:
Superficie de erosión ou chaira sen grandes desniveis entre os vales e os interfluvios.
Páramo:
Superficie de erosión ben constituída por potentes estratos sedimentarios protexidos por rochas calcarias.
Outeiro:
Elevación dun terreo de forma illada sobre un territorio que a rodea.
Meseta:
Superficie chaira de importante extensión, horizontal ou lixeiramente inclinada e elevada con respecto ao nivel do mar.
Cordilleira:
Conxunto de montañas formado por movementos oroxénicos que pregaron e fracturaron os materiais que o compoñen.
Serra:
Liña de cordilleiras de dimensións relativamente pequenas e de cristas dentadas, orixinadas por un pregamento.
Costa:
Forma de relevo estrutural de débil inclinación dos estratos sobre rochas de litoloxía diferenciada.
Erosión:
Conxunto de procesos que actúan sobre a superficie terrestre.
Glaciar:
Masa de xeo acumulada por riba do límite das neves perpetuas.
Glaciación:
Período da historia da Terra no que, por mor das baixas temperaturas, descendeu o límite de neves ata os 1000 metros.
Raña:
Superficie de erosión inclinada entre a montaña e o val.
Relevo Xermánico:
Resultado da fracturación do zócolo antigo.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Que é unha placa tectónica?
É un fragmento da codia terrestre que se despraza por riba da parte superior do manto.
Que diferenza hai entre anticlinal e sinclinal?
O anticlinal é a parte convexa dunha prega, mentres que o sinclinal é a parte da prega que se afunde.
Que é unha glaciación?
É un período da historia da Terra no que, por mor das baixas temperaturas, o límite das neves descendeu ata os 1000 metros.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.