Xultas 6.1: novedades, funciones y guía de uso en español

Otras lenguas extranjeras43,67 KB

¡Bienvenido/a a Xultas 6.1!

Esta nueva versión de Xultas está repleta de nuevas e interesantes características. ¿Quieres echar un vistazo?

Nueva interfaz

Xultas cuenta ahora con una interfaz más consistente, rápida y bonita. Además, ahora las ventanas del programa son acoplables y se puede personalizar el programa de más formas distintas. Pruébalo en la pestaña Opciones, botón Diseño de ventana.

Edita varios documentos a la vez

Otra de las más importantes novedades de Xultas es la capacidad para trabajar con varios documentos a la vez. Ahora puedes añadir un resumen de un documento en la misma ventana o comparar la diferencia entre dos textos, por ejemplo. Pruébalo abriendo un nuevo documento en blanco y pulsando en la pestaña Opciones, botón Diseño de escritorio o arrastrando la pestaña del documento abierto adonde quieras.

Divide la Xulta en varias partes (¡Novedad!)

Hasta ahora, Xultas trabajaba con las 2 caras de una sola hoja, que podías imprimir en sencillo o a doble cara. Sin embargo, a partir de esta versión, Xultas es capaz de crear documentos formados por varias partes o secciones, de manera que a la hora de imprimirlas cada sección ocupe un folio distinto. Además, se puede marcar cada una de ellas para que muestre el número que le corresponde, para así tenerlas siempre en orden. Pruébalo en la pestaña Opciones, botón Partes.

Live preview, pestañas contextuales

Documento

Prueba a pulsar la imagen que acompaña a este texto. Podrás ver una de las nuevas características de Xultas, las pestañas contextuales. Estas pestañas permiten editar las propiedades de imágenes, tablas, enlaces y abreviaturas, de manera cómoda y sencilla. Además, algunos botones incorporan Live preview, que te permite ver cómo queda un cambio de formato antes de aplicarlo. Pruébalo seleccionando este párrafo y pasando el ratón por los distintos tamaños de texto disponibles.

Autorresumen

¿Tienes un texto demasiado largo y no tienes ganas de leerlo entero antes de resumirlo? En ese caso, Xultas puede hacer el trabajo por ti. La nueva herramienta Autorresumen permite extraer los conceptos e ideas más importantes de un texto de manera totalmente automática, y te permite elegir la cantidad de texto que quieres eliminar. Pruébala en la pestaña General, botón Autorresumen.

Cambia textos fácilmente

¿Cuántas veces te has bajado un texto de Internet y tenías que cambiarlo para que no se notase lo que cortaste y pegaste? Ahora es más fácil con la nueva herramienta de reemplazar por sinónimos, donde irás escogiendo, palabra a palabra, el sinónimo que más se ajuste, para que así el texto parezca otro. Pruébala en la pestaña General, botón Sinónimos.

Menú de navegación

Navega entre títulos, secciones, imágenes y tablas de manera organizada en el nuevo panel de navegación. Pruébalo en la pestaña General, botón Buscar.

Mejoras de impresión y compresión de texto

Tus Xultas ahora dan aún más. Diversas mejoras en el interlineado y un nuevo y mejorado compresor de texto, permiten más texto, más fácil de leer en el mínimo espacio posible. Pruébalo en la pestaña General, botón Comprimir texto.

Editor de fórmulas

Xultas incorpora un potente editor de fórmulas y ecuaciones que permite crear y editar ecuaciones de manera cómoda y sencilla. Además, si descubres algún fallo una vez creada la fórmula, solo tienes que volver a seleccionarla y pulsar Editar ecuación. Pruébalo en la pestaña Insertar, botón Ecuación.

Ecuacion

Crea tus propias plantillas

En Xultas 6 puedes crear tus propias plantillas de manera sencilla y usarlas en cualquier Xulta que quieras. Pruébalo en la pestaña Opciones, botón Plantilla > Crear nueva.

Gráfico Lineal: Ejemplo de un gráfico

Más elementos que añadir

El menú Insertar ha aumentado la familia. Además de imágenes, ecuaciones, tablas y palabras clave, ahora también puedes insertar savedores, enlaces, gráficos, marcas de tiempo y abreviaturas.

Analizador de documentos

El analizador de documentos ahora es más preciso y menos engorroso. Cambia las propiedades del documento desde una ventana externa, sin interrumpir la operación que ibas a realizar y comprobando al momento si el valor es el adecuado. Pruébalo en el menú Archivo, botón Propiedades.

+, +, +

Las novedades no acaban aquí, aún quedan más:

  • Esta versión es la más veloz y estable hasta la fecha.
  • Nuevas plantillas y estilos.
  • Ahora puedes guardar tus documentos en PDF (necesita Office 2007 o superior para funcionar).
  • Mejoras en la gestión de deshacer y rehacer, ahora son mucho más útiles.

Espero que disfrutéis con esta nueva versión de Xultas :)

Ojo

As condicións para a democratización do ensino segundo Luis Gómez Llorente son as seguintes:

  • Facer efectiva a súa universalidad: acceso a un posto escolar, de forma que todo o mundo teña acceso a un posto escolar, o que implica a existencia dunha rede pública de centros suficientemente ampla.
  • Gratuidad do sistema público desde a escola infantil ata a universidade, o que require: gratuidad do material escolar e becas para alumnado procedente de familias con poucos recursos. Non é gratuidade para todos, xa que se ten en conta a situación de cada neno.
  • Que os centros concertados (de ser necesarios para prestar o servizo educativo) cumpran os criterios de planificación das ensinanzas impartidas e favorezan a distribución racional do alumnado. Os centros elitistas ou que non admitan a certo alumnado non poden ser considerados de utilidade social. Gómez Llorente entende que eses centros non poden ser concertados. Si se concertou parte do ensino a centros privados.
  • Organización flexible do currículo no ensino obrigatorio: manter un tronco común compatible coa diversificación adaptada a necesidades e expectativas do alumnado.
  • Compensar as desigualdades de orixe dándolles prioridade ao alumnado procedente de familias ou ambientes sociais de menor capital cultural. A compensación pode lograrse a través do establecemento de axudas para o alumnado que teñan máis dificultades, a través da existencia do profesorado especializado.
  • A participación na xestión e control do centro e, por tanto, intervir na lexislación, programación e planificacións educativas a través dos consellos escolares (en representación de distintos sectores do sistema educativo), municipais, territoriais, da comunidade autónoma (de Galicia) e do Estado.
  • A laicidad: non somentes da escola ao dogma de ninguna confesión relixiosa.
  • Garantir a independencia intelectual e moral de mestres e mestras, a través da liberdade de cátedra e do carácter funcionarial, o que comporta unha elevada autosuficiencia por parte do profesorado.

A democratización nas diferentes reformas escolares:

Lei Xeral de Educación (LXE, 1970):

  • Extensión do ensino obrigatorio e gratuito ata os 14 anos, o que supón un avance.
  • Mellora na formación de mestres.
  • Ordenación da FP en 3 graos (primeiro grao, 2.º e terceiro). Destes 3 graos, o autor sinala que o realmente efectivo foi o 2.º, xa que o primeiro recibiu alumnado que non acadaba o graduado escolar. Entón se recoñecía alumnado con baixa expectativa. O 2.º ciclo foi máis exitoso e o terceiro plantouse pero apenas se chegou a desenvolver.
  • Recursos: construíronse bastantes grupos escolares, e na época das denominadas concentracións escolares, estas concentracións provocaron pouco a pouco que desaparecesen as escolas unitarias. E construíronse varios institutos de FP.
  • Esta lei regulou todo o sistema educativo, incluído o universitario.
  • O discurso pedagóxico baseábase nunha educación personalizada, tratar de evitar o memorismo e a rutina, suprimir a revalida, introdución de avaliación continua, crear servizos de orientación…
  • En canto ao bacharelato (BUP) duraba 3 anos. Para acceder á universidade había que ter superado o COU e a selectividade.
  • Incrementouse o número de alumnado do ensino secundario.
  • Existe un problema estrutural: adaptar a escola ao mundo velozmente cambiante. Nesta situación debería introducir as normas flexibles e imprescindibles para manter un mínimo de homoxeneidade no territorio.
  • Percíbese certa insatisfacción do movemento de ensinantes (liderado por Marta Mata e por Eloy Terrón).
  • Inestabilidade do emprego.
  • Baixos salarios.
  • Profesorado interino peor retribuído que o fixo.
  • O movemento de ensinantes actúa: elaborando documentos como «Alternativa democrática do ensino» e «Por unha nova escola pública», nos que se critica o carácter selectivo e clasista do currículo e do réxime de centros, se rexeita o memorismo e autoritarismo existente nos centros; organizando folgas de profesorado interino; manifestando o desacordo coa dobre titulación ao final da EXB (que era un reflexo da división da sociedade en clases); apostando pola «escola única», é dicir, unha única escola pública, prolongación da escolaridade obrigatoria, medidas compensatorias, tronco común e sistemas non selectivos de avaliación; rexeitando o financiamento público da escola privada, é dicir, como se apostaba pola escola única e pública, non se aceptaba que se dispoñera de fondos públicos para a escola privada; reivindicando a democratización dos centros (órganos de participación, elección de cargos directivos, liberdade de asociación e de reunión) e do «corpo único de ensinantes».

    A educación na Constitución:

    En relación co ensino da relixión, a Constitución establece que os poderes públicos garantirán o dereito dos pais a que os seus fillos reciban formación relixiosa de acordo coas súas conviccións. Isto implica que:

    • As escolas ofrecerán ensino confesional da relixión.
    • O ensino da relixión terá carácter voluntario.
    • No artigo 2 do Acordo sobre ensino e asuntos culturais entre España e a Santa Sé (1979) establécese que o ensino da relixión católica se impartirá nos niveis de preescolar, primaria, media e FP en condicións equiparables ás demais disciplinas fundamentais.

    En relación co estatuto do ensino privado propón:

    • Un equilibrio entre o dereito-obriga do Estado a ensinar e o dereito dos particulares a promover centros docentes: dobre rede de centros, que rompe co monopolio educativo do Estado, xa que encerra o perigo da desigualdade entre os centros (centros de elite – centros que escolarizan a alumnado que os de elite non escolarizaron).

    Polo que se refire á participación, indica que o profesorado, pais e, no seu caso, o alumnado, intervirán no control e xestión de todos os centros sostidos pola administración con fondos públicos.

    Logo de aprobada a Constitución, de seguido aprobáronse os estatutos de autonomía do País Vasco e de Cataluña (1979) e, algo máis tarde, o de Galicia (1981), que abriron o paso á transferencia de competencias en educación, sobre todo no que se refire á programación e xestión do sistema educativo no seu territorio. Con todo, o Estado retén a competencia de regular as condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e as normas básicas (LOE, LODE, decreto de requisitos mínimos, ensinanzas mínimas das distintas etapas, o calendario de aplicación da LOE) para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución.

    A reforma LODE (1985) – LOGSE (1990):

    • Co goberno de Adolfo Suárez (Abril Martorell de vicepresidente), no momento fíxose posible o consenso constitucional.
    • Na Lei orgánica 5/1980 regulouse o estatuto de centros escolares e aprobouse a LOECE, que non logrou o mesmo consenso.
    • Durante o goberno de Unión de Centro Democrático (UCD) (77-82) pasaron polo Ministerio de Educación bastantes persoas relevantes (Aurelio Menéndez, Otero Novas…), pero o feito de que pasaran tantas persoas en tan pouco tempo impediu que as iniciativas tivesen continuidade.
    • A UCD propón: a reforma do ensino medio; alongar a escolarización plena ata os 16 anos; configurar un 1.º ciclo de ensino secundario (14-16 anos); diversificar máis o bacharelato; abrir varios camiños á FP; que todas estas vías permitan o acceso aos estudos superiores.
    • En 1982 o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) gaña as eleccións e accede ao goberno.
    • Con este goberno inicióse un proxecto de reforma educativa: nun primeiro momento, déuselle prioridade ao ensino universitario e en 1983 aprobouse a Lei de Reforma Universitaria (época do ministro José María Maravall). Algo máis tarde, Javier Solana e o seu colaborador e sucesor, Alfredo Pérez Rubalcaba, abordan a reforma do ensino non universitario.
    • A reforma da Lei orgánica 8/1985, reguladora do dereito á educación (LODE) e a Lei orgánica 1/1990 de ordenación xeral do sistema educativo (LOGSE) supón un cambio na concepción da escola: debe formar bos cidadáns (LODE); debe promover un compromiso activo da comunidade educativa coa escola (LODE); busca unha escola integradora que contribúa á redistribución do saber, que eleve a cultura media da base popular (SO), e que renove a FP (LOGSE).

    A LODE foi rexeitada inicialmente polos sectores máis conservadores. Esta lei:

    • Reafirma o dereito de todas as persoas á educación.
    • Define o carácter gratuíto do ensino obrigatorio.
    • Perfila dereitos e liberdades dentro dos centros asentados na participación.
    • Recoñece a liberdade de cátedra, o dereito de reunión e de asociación…
    • Crea canles de participación: a través do consello escolar e claustros.
    • Deixa espazo para que os territorios menores que o Estado establezan as propias regras.
    • Crea o Consello Escolar do Estado para que poida intervir, mediante consulta, nas disposicións normativas que afecten a educación.
    • Considera que a escola debe formar cidadáns activos que se impliquen, que analicen os problemas da súa sociedade e cuxa formación se logre mediante o exercicio, guiado e estimulado, de liberdades cívicas e de usos propios do sistema representativo (a través do voto, a través da participación de distintos sectores como o consello escolar, das asociacións de pais…).
    • Considera que o autogoberno debe ir máis aló das eleccións, debe practicarse en todos os ámbitos nos que os cidadáns poidan tomar decisións que lles afecten.

    Non obstante, a filosofía na que se sustenta a LODE non calou nas persoas responsables da educación nin impregnou a vida dos centros (escasa participación).

    A LODE regula a liberdade de ensino: liberdade para crear centros, para establecer o seu carácter propio, outorga plenas facultades académicas e deixa autonomía aos centros privados non concertados para regular o seu réxime interno.

    Esta lei esixe aos centros privados concertados que teñan determinados órganos de participación, que respecten a liberdade de conciencia e que a práctica confesional teña carácter voluntario. Nestes centros a administración pagáballe ao profesorado, pero non son os titulares os que contratan e despiden ao profesorado.

    A LOGSE:

    1. Nace con vontade de nivelación social: escola diversificada, tronco común – progresiva diversificación, traballo como eixe da actividade escolar…
    2. Optou pola escola comprensiva fronte á selectiva. Reto: a atención á diversidade: ensaiáronse diferentes medidas. Problema: «imposición» sen suficientes recursos.
    3. Creou a ESO, de carácter obrigatorio e gratuíto (de 12-16 anos).
    4. Tivo fallos: insuficientes recursos; desacertos no desenvolvemento normativo (s.t. na ESO); carácter «aberto e flexible» do currículo non era posible debido ao afán regulamentista e as rutinas instaladas nos centros; a optatividade non se axustaba ao prometido por falta de recursos ou por interese corporativos dos docentes.

    O sistema de promoción e avaliación tivo efectos desmotivadores. A diversidade curricular produciuse ao final da ESO e debería introducirse antes. Era necesario introducir melloras en educación infantil e primaria, xa que o alumnado chegaba peor á ESO.

    A reforma LODE-LOGSE non se acompañou do estatuto do profesorado, o que desmotivou a este.

    Debe recoñecerse, sen embargo, o reforzo dos reformadores por:

    • Ampliar a escolarización a todos os niveis.
    • Estender a gratuidad do ensino.
    • Ampliar o número de becas.
    • Incrementar os cadros de persoal docente.
    • Mellorar a formación permanente do profesorado e vincular esta á mellora da retribución.

    A contrarreforma LOCE (2002):

    • Marco político: goberna o Partido Popular.
    • Cambios na titularidade do ministerio: Esperanza Aguirre, Mariano Rajoy, Pilar del Castillo.
    • Escaso apoio á escola pública e incremento do gasto público na escola privada (expansión de centros concertados).
    • A Lei orgánica de calidade na educación (LOCE):
    • Desvirtúa a escola participativa (novo mecanismo de elección do director ou directora, dáselle máis poder á dirección, avalíase a súa xestión, consolídanse os complementos, supedítase este órgano á administración, desvirtúase a participación das familias, profesorado, alumnado e PAS).
    • Xerarquiza o profesorado e recupera o corpo de catedráticos.
    • Destrúe o modelo comprensivo (segregación por currículo –itinerarios– e por centros –libre elección).
    • Promove a liberdade de elección de centros, xa que considera que esta favorece a competitividade e esta, á súa vez, a mellora. Así xustifica a igualdade de oportunidades.
    • Asenta na selectividade, segregación, xerarquización e autoritarismo.

    En canto á LOGSE, os principios son os mencionados na primeira parte desta pregunta, as condicións para a democratización do ensino que comenta Luis Gómez Llorente.

    O Estado, segundo Alejandro Tiana Ferrer, comprometeuse de maneiras diferentes ao longo das diferentes leis educativas. No caso da escolarización obrigatoria houbo certo retraso en relación co contemplado nas leis, que era o seguinte:

    • Lei Moyano (1857): 6 a 9 anos.
    • Comezos do s. XX: 6-12 anos.
    • 1964: 6-14 anos.
    • LXE (1970): incidía na mesma idade establecida en 1964: 6-14 anos.
    • LOGSE (1990): 6-16 anos.

    E o proceso real foi o seguinte:

    • Escolarización plena na EXB: na década dos 80.
    • No ensino pre e postobrigatorio: esforzo escolarizador e avance a partir da década dos 80.

    Escolarización nas idades obrigatorias

    • Anos 70 e 80 do s. XX: esforzo por acomodar nas aulas ao alumnado entre 6-14 anos.
    • Pactos da Moncloa (1977) e política educativa do primeiro goberno socialista: impulso ao proceso de escolarización obrigatoria.
    • LOGSE (1990): escolarización obrigatoria de 6-16 anos (no ano 2002 algo máis do 10% do alumnado desta idade non estaba escolarizado).
    • A escolarización efectiva lograse coa iniciativa pública e privada. Evolución:
    • Primeira metade dos anos 70: aumento da matrícula nos centros privados.
    • Pactos da Moncloa: incremento do orzamento para o ensino: mellora da rede pública.
    • Do 75 ao 85: incremento da matrícula na rede pública.
    • 1985: 35,3% escolarizados na rede privada.
    • A partir do ano 85: estabilización das redes públicas e privadas.
    • 2000: 34% do alumnado de ensino obrigatorio na rede privada (concertada e non concertada).

    A escolarización obrigatoria en España en centros públicos é menor que noutros países europeos (66,6% fronte ao 90%).

    Na ESO a distribución do ensino público e privado varía dunha comunidade a outra debido á distribución da riqueza e as raíces históricas. Nas comunidades máis ricas e nas que a escolarización se produciu antes a % do alumnado escolarizado en centros privados e concertados é maior. Nas comunidades máis pobres o esforzo escolarizador foi posible grazas á acción das administracións públicas.

    A ratio de centros privados que escolarizan a alumnado de EP e ESO é maior que a dos públicos.

    Os centros públicos contan con máis profesorado especialista e de apoio que os privados.

    Os centros públicos atenden a alumnado de menor nivel socioeconómico e cun volume maior de problemas académicos.

    A promoción ao final dos ciclos de EP é maior nos privados que nos públicos. O mesmo acontece en 3.º e 4.º de ESO.

    A proporción de alumnado que cursa programas de diversificación curricular no 2.º ciclo de ESO é maior nos públicos que nos privados.

    Os centros públicos acollen maior proporción de alumnado con NEE, de alumnado en situación de risco e de inmigrantes que os privados.

    En conclusión, o perfil das dúas redes é diferente.

    Escolarización nas idades tempras

    • O esforzo escolarizador da LXE (1970) tivo tamén algúns efectos na educación preescolar (hoxe educación infantil).
    • Aumento da escolarización. Etapas: anos 80: escolarización case completa do alumnado de 5 e 4 anos e baixa (27,7%) nos de 3 anos. Década dos 90: escolarización paulatina do alumnado de 3 anos.
    • Escolarización moi reducida de 0-3 anos.
    • Factores que motivaron o aumento da escolarización en educación preescolar (infantil): esforzo das administracións por incrementar a oferta de prazas en centros públicos nas décadas dos 70 e 80; incorporación das mulleres ao mercado laboral; descenso das taxas de natalidade, diminución do alumnado do ensino obrigatorio (aulas libres e profesorado sen praza) e incremento das prazas no nivel 3-6; revalorización da EI a partir dos anos 80; reivindicación explícita do carácter educativo da etapa fronte ao momento asistencial.
    • A LOGSE (1990) consagrou estes cambios.
    • A LOCE (2002) retrocedeu neste proceso, o que choca coa tendencia existente noutros países, a evolución na liña que se viña producindo en España.

    Escolarización nas idades postobrigatorias

    • A guerra civil frenou o desenvolvemento da educación en España e afectou especialmente ao ensino secundario. A creación de institutos públicos foi escasa e a % de alumnado escolarizado moi baixa.
    • Década dos 60, expansión: necesidade de contar con man de obra máis capacitada.
    • Décadas dos 70 e 80: novo impulso ao ensino medio.
    • LOGSE (1990): reforza dita tendencia.
    • Anos 80 e 90: aumenta a escolarización do alumnado de ensino postobrigatorio, superándose a discriminación histórica entre homes e mulleres na matrícula.
    • Comezos da década de 2000: a escolarización media do alumnado español nesta etapa está por enriba da media internacional (17,5% fronte ao 16,8%) e o bacharelato cursouse máis que a FP (2/3 fronte a 1/3).
    • A matrícula do ensino secundario feminizouse. Durante o franquismo, no bacharelato predominaban os homes; en 1976 o número de homes e mulleres era similar e a partir de aí o número de mulleres escolarizadas superou ao de homes. Nalgunhas ramas de FP predominan mulleres e noutras homes (discriminación por sexos).
    • O réxime franquista ata a década dos 60 desenvolveu unha política favorable ao ensino privado confesional no ensino secundario. Sen embargo, a matrícula nesta etapa aumentou cando o Estado asumiu a función docente.
    • No nivel postobrigatorio o alumnado escolarizouse, sobre todo, nos centros públicos. A non existencia de concertos neste nivel e a necesidade de contar con moitos especialistas fai que o ensino privado sexa moi caro.

    Financiación do ensino

    • Dos anos 70 aos 90, o gasto público en educación medrou de forma continuada. En 1993 acadou o 6,1% do PIB. A partir desa data reduciuse ao 5,8 en 1997 e ao 5,6% no 2002.
    • O gasto privado (das familias) en educación en España representa o 20% do total do gasto en educación.
    • Nos últimos anos o gasto público descendeu e o privado mantívose.
    • O gasto español en educación é máis baixo que o da media da Unión Europea.
    • En 1999 o gasto español en institucións educativas por estudante en EI era inferior ao medio da OCDE. En EP era similar e en educación secundaria era inferior.

    Unha valoración global

    • Nos anos 80 conseguiuse a escolarización global no ensino obrigatorio.
    • Nos anos 80 e 90 aumentou a escolarización nas idades tempras e postobrigatorias.
    • O desemprego xuvenil pode ter incidido no incremento das taxas de escolarización no ensino postobrigatorio, mentres que na etapa de educación infantil o incremento débese, fundamentalmente, á vontade política de aumentar os niveis de formación da poboación na etapa de Ed. Infantil.
    • Nos últimos anos diminuíu o esforzo económico a favor da educación, o que incidirá negativamente no incremento da escolarización e na calidade da educación.

    Segundo Jurjo Torres Santomé, os piares e o vigor dunha sociedade democrática teñen que ver:

    • Coa información á que accede a cidadanía.
    • Coas súas posibilidades de comprendela e analizala.
    • Coa súa implicación na planificación e desenvolvemento dun proxecto de sociedade.
    • Coa capacidade de traballar e convivir con persoas diversas.
    • Coa súa disposición para participar na política, para protestar contra as inxustizas, para esixir responsabilidades aos seus dirixentes e comprometerse na loita pola xustiza social, a promoción de bens públicos e o coidado do medio ambiente.

Descargar

PDF Word HTML