A Xeración Nós: Produción Narrativa e Ensaística (Risco, Otero Pedrayo, Castelao)

Lengua y literatura4,72 KB

Vicente Risco: Traxectoria e Obra

A Guerra Civil supuxo un duro golpe na súa traxectoria vital e literaria.

Produción Narrativa de Vicente Risco

  • A súa primeira creación narrativa foi Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros. Nesta obra, Risco deixa constancia da súa ideoloxía, facendo patente a súa oposición frontal ao pensamento racionalista. Rompe cos tópicos da tradición do século XIX e incorpora á nosa literatura asuntos como o esoterismo ou un mundo máxico e marabilloso.

  • A única novela de Risco é O porco de pé. A figura do protagonista, caracterizado como un porco, sérvelle para criticar desde a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía ata a perda da galeguidade. Destaca a ironía, as longas enumeracións e as imaxes paródicas e caricaturescas.

Produción Ensaística de Vicente Risco

Risco, gran teorizador e posuído dun innegable afán didáctico, atopou no ensaio o seu mellor medio de expresión.

  • Teoría do nacionalismo galego: Nesta obra postula os trazos diferenciais que lle dan a Galicia o status de nación.

  • Noutros ensaios, como Nós, os inadaptados, Risco expoñería a evolución ideolóxica da súa xeración.

Ramón Otero Pedrayo: Obras e Clasificación

Produción Narrativa de Otero Pedrayo

  • Entre os seus relatos destaca O Purgatorio de D. Ramiro. Segue as liñas iniciadas por Risco e Castelao.

  • Pedrayo publicou só un volume de contos na Preguerra: Contos do camiño na rúa. É unha recompilación de sete narracións nas que ofrece unha visión entre melancólica e humorística das vivencias de diversos personaxes ligados á fidalguía.

  • A primeira das súas novelas é Os Camiños da Vida. Pedrayo reconstrúe deste xeito o momento histórico do tránsito entre a Galicia que morre e a Galicia que nace.

Clasificación da Obra Narrativa de Otero Pedrayo

A obra narrativa de Otero adoita clasificarse en tres grupos distintos:

  • Novelas histórico-culturalistas
  • Novelas e contos histórico-realistas
  • Novelas psicolóxicas

Produción Ensaística de Otero Pedrayo

Dentro da produción ensaística de Pedrayo atopamos estudos científicos, conferencias, guías, etc. Case todos eles versan sobre a xeografía e a historia, con Galicia como obxecto de reflexión. Entre os máis relevantes podemos citar:

  • Pelegrinaxes: Crónica da marcha a pé que fixeron el, Risco e outros amigos desde Santiago ata o santuario de San Andrés de Teixido, mesturada con reflexións sobre a vida aldeá e descricións da paisaxe galega.

  • Ensaio histórico sobre a cultura galega: Presenta o desenvolvemento histórico e cultural de Galicia, desde a Prehistoria ata o século XX, destacando catro grandes momentos de esplendor: céltico, románico, barroco e romántico.

Castelao: Narrativa, Ensaio e Compromiso

Produción Narrativa de Castelao

  • Cousas: Formada por 45 narracións líricas que apareceron en dúas recompilacións, é considerada a súa creación máis orixinal. Cada «cousa» consta dunha breve anécdota, cuxo centro adoitan ser tipos populares, acompañada dunha ilustración que complementa o contido da anécdota.

    Trazos da Fórmula Narrativa de Cousas

    • Unidade perfecta entre debuxo e texto.
    • Carácter sintético e carente de artificiosidade.
    • Combinación de realismo, lirismo e humor.
    • Protagonismo do pobo co que se busca a complicidade.

    Caracterízase pola precisión, o humor, a tenrura, o sentimentalismo e o compromiso cos máis débiles.

  • Os dous de sempre: É a única peza narrativa longa de Castelao. Nela desenvólvese de forma paralela a biografía de dous personaxes: Pedriño e Rañolas, que sendo amigos desde a infancia toman camiños diverxentes. Cada un representa un prototipo diferente de persoa. Castelao reproduce nesta obra pequenas unidades narrativas que se suceden nas que se combina o humor, o lirismo e o realismo.

Produción Ensaística de Castelao

No ámbito do ensaio histórico – político, escribiu Sempre en Galiza, que consta dun adro, no que Castelao compara a realidade galega coa estremeña. Desde unha perspectiva de nacionalismo progresista, Castelao expón nesta obra as súas reflexións sobre múltiples temas: o autogoberno, a defensa do idioma, o exilio, o sentimento de Galicia, etc.

Descargar

PDF Word HTML