Variedades Dialectais do Galego e Fenómenos Léxicos
Fenómenos Léxicos e Morfolóxicos
- Arcaísmos: Son palabras que caeron en desuso na lingua (por exemplo, «cibdade», «outo»...) ou que cada vez teñen menos presenza («vegada», «ás vegadas»...). Non son palabras de uso actual común.
- Vulgarismos: É unha expresión morfolóxica, fonética ou sintáctica empregada en lugar da palabra correcta e que non se considera parte da chamada lingua culta. Non pertencen ao rexistro culto.
- Hipergaleguismos: É un fenómeno característico do galego, moi presente na época da Xeración Nós, consistente en galeguizar indebidamente termos que xa son correctos ou coincidentes co castelán.
Bloque Occidental
Abrangue a parte occidental das provincias da Coruña e de Pontevedra, así como unha pequena zona do suroeste da provincia de Ourense.
Localización das áreas: Fisterrá, Bergantiñá e Pontevedresa.
Trazos fonéticos:
- Gheada: ghato.
- Seseo: en posición final de sílaba e de palabra: lus, des.
- Ditongo oi: noite, troita, loita.
- Mantemento do ditongo ai diante de -x: caixa, baixo.
- Eliminación do u do grupo CUA-: catro, cando…
Peculiaridades nas áreas:
- Área Fisterrá: cheísmo (ex.: «Vinche na praia» por «Vinte na praia»).
- Área Bergantiñá: terminación -iu na 3.ª persoa de perfecto (colliu, partiu).
- Área Pontevedresa: terminación -eu na 3.ª persoa (colleu, porteu).
- Desinencia -in na 1.ª persoa de perfecto (exemplo co verbo parar): «Parín un autobús para ir a Santiago».
Bloque Central
Esténdese polo nordeste e interior da provincia da Coruña, interior de Pontevedra e a totalidade das provincias de Lugo e Ourense. Divídese en catro áreas principais.
Trazos fonéticos:
- Presenza de gheada na franxa occidental.
- Ausencia case total de seseo.
- Ditongo oi(t): noite, troita, loita…
- Mantemento do ditongo ai diante de -x: caixa, baixo.
Trazos morfosintácticos:
- Solución das terminacións latinas -ANU / -ANA en -ao / -á: irmao, irmá.
- Solución da terminación latina -INU en -iño: paxariño, neniño.
- Plural dos nomes acabados en -n en -s: camiós.
- Plural dos nomes acabados en -l en -les: caracoles.
Pronomes:
- Alternancia dos pronomes ti / tu.
- Distinción funcional e morfolóxica entre te e che.
- Uso da contracción llo (referido a el/ela) e llelo (referido a eles ou elas).
Peculiaridades nas áreas:
- Área Mindoniense: uso dos pronomes nosoutros / nosoutras.
- Área Lucu-auriense: formas dos demostrativos iste, ise, aquil.
Bloque Oriental
Comprende a franxa máis oriental das provincias de Lugo e Ourense, así como o denominado galego exterior (que inclúe a parte máis occidental de Asturias, León e Zamora).
Neste bloque localízanse catro áreas: Asturiana, Ancaresa, Oriental Central e Zamorana.
Trazos fonéticos:
- Non hai gheada.
- Non hai seseo.
- Ditongo ui(t): truita, luita, muito.
- Redución do ditongo ai diante de -x: caxa.
- Mantemento do ditongo -ua- no comezo de palabra: cuatro, cual, cuando.