Os Textos Prescriptivos e a Sintaxe da Oración Simples en Galego

Español4,13 KB

Os Textos Prescriptivos e a Sintaxe

Prescribir significa ordenarlle ou mandarlle algo a alguén. Algúns textos conteñen ordes e normas coas que o emisor pretende regular o comportamento do receptor. A finalidade principal é dirixir dita conducta.

Estrutura dos Textos Prescriptivos

  • Meta: O obxectivo das normas ou instrucións do texto.
  • Programa: O conxunto de normas ou instrucións que debe seguir o receptor para conseguir a meta.

Nas instrucións, a orde é cronolóxica, mentres que nas normas non necesariamente.

Linguaxe dos Textos Prescriptivos

Posúen unha linguaxe clara, breve e concisa. Predominan as formas verbais en imperativo, infinitivo e as construcións co pronome impersonal se.

Complementos do Núcleo Verbal

O verbo funciona como núcleo do Sintagma Verbal (SV) e pode ir acompañado de diversos sintagmas que realizan a función de complementos.

O Complemento Directo (OD)

Só se atopa en predicados verbais e nomea o ser ou obxecto que recibe directamente a acción do verbo.

Recoñecemento do OD

  • Forma: Adoita estar constituído por un Sintagma Nominal (SN) ou un Sintagma Preposicional (SPrep) introducido pola preposición a, ou coma un pronome átono de OD.
  • Pronominalización: Cando o sintagma se pode substituír polos pronomes o, a, os, as ou calquera dos seus alomorfos.
  • Concordancia: Se variamos o número do verbo, o OD non varía.
  • Transformación en pasiva: Ao pasar a oración a pasiva, o OD transfórmase en suxeito paciente.

O Complemento Indirecto (OI)

É o complemento verbal que designa o destinatario da acción nomeada polo conxunto do verbo máis o OD.

Recoñecemento do OI

  • Forma: Preséntase como un SPrep introducido pola preposición a ou como un pronome persoal átono.
  • Pronominalización: Cando o sintagma se pode substituír polos pronomes lle / lles.
  • Transformación a pasiva: Ao transformar a oración a pasiva, o OI non varía.

O Complemento Preposicional (C. Prep.)

É un complemento que vai introducido por unha preposición esixida estritamente polo verbo.

Recoñecemento do Complemento Preposicional

  • Forma: Preséntase sempre coma un SPrep introducido polas preposicións a, de, en ou con.
  • Pronominalización: Só se pode substituír por unha forma tónica precedida de preposición.

O Complemento Circumstancial (CC)

É o complemento que expresa as circunstancias que enmarcan a acción verbal. Pode aparecer tanto en predicados nominais coma verbais.

Recoñecemento do Complemento Circumstancial

  • Forma: Pode desempeñar esta función un adverbio, un SPrep ou un SN.
  • Adverbialización: Pódese substituír por un adverbio.
  • Supresión: Moitas veces pódese suprimir sen que o sentido fundamental da oración varíe.

O Complemento Axente (C. Ax.)

É o complemento que nomea o ser que realiza a acción nas oracións pasivas.

Recoñecemento do Complemento Axente

  • Forma: Preséntase coma un SPrep introducido pola preposición por.
  • Transformación en activa: Convértese no suxeito da oración activa.

O Complemento Predicativo (C. Pred.)

Expresa, nas oracións de predicado verbal, unha calidade ou un estado do substantivo ao que se refire.

Recoñecemento do Complemento Predicativo

  • Forma: Desempéñao un Sintagma Adxectival (SAdx), aínda que ás veces pode facelo un SN ou un SPrep.
  • Concordancia: O C. Pred. concorda en xénero e número co substantivo ao que se refire.
  • Adverbialización: Cando se suprime, deixa habitualmente como resto o adverbio así.

Descargar

PDF Word HTML