Textos Literarios en Galego: Géneros, Recursos Estilísticos y Elementos Narrativos

Español2,69 KB

Texto literario

A literatura está constituída por textos de moi diversos tipos: contos, novelas, poesía e obras de teatro, nos que se presentan realidades e ficcións.

Novela

Narración longa en prosa onde se entrelazan varias historias que se relacionan entre si.

Conto

Narración breve en prosa sobre un suceso real ou ficticio.

Características

  1. Poucos personaxes.
  2. Único suceso.
  3. Escrito de modo directo e sinxelo.
  4. Final sorprendente.

Estrutura

Presentación, desenvolvemento e desenlace.

Estrofa

Conxunto de versos que deben seguir unhas normas de rima e número de sílabas. Exemplos: terceto, cuarteto, sirventés.

Literatura popular

  1. Descoñécese o nome do autor.
  2. Os textos chegaron a nós grazas á transmisión oral.
  3. Foron postos por escrito grazas á reelaboración.

Recursos estilísticos

Clasifícanse en tres grandes bloques:

  • Fónicos
  • Morfosintácticos
  • Semánticos

Recursos semánticos citados

  • Hipérbole
  • Ironía
  • Antítese

Elementos narrativos

  1. Narrador omnisciente: coñece todos os pensamentos e accións.
  2. Narrador protagonista: narra a historia desde o seu propio papel.
  3. Narrador testemuña: observa e relata os feitos desde fóra.

Xénero narrativo

As súas obras contan unha historia evocada polo seu autor. Os seus personaxes e situacións son reais ou ficticios. As narracións escríbense en prosa.

Xénero lírico

Son aqueles textos nos que prima a expresión dos sentimentos do autor ou as súas vivencias. Pretende transmitir estados anímicos. A máxima expresión son os poemas.

Oración

Conxunto de palabras que comunica unha mensaxe breve con sentido, ou que, varias, forman un texto.

Predicado verbal

Núcleo é un verbo predicativo; o verbo é o núcleo imprescindible.

Competencias lingüísticas

Miden as capacidades das persoas para entender, ler, falar e escribir o seu idioma.

Termos contrarios

Significados opostos.

Homófonas

Soan igual, pero teñen distinto significado.

Lingua oficial

Representa de maneira legal un país, e conta coa protección do Estado.

Diglosia

Nun territorio con dúas linguas, a maioría das persoas coñece ambas, pero unha ten máis prestixio que a outra, e empréganse as maioritarias nas situacións máis importantes.

Descargar

PDF Word HTML