Suso, Evanxelina e a emancipación da muller en 'Xente ao lonxe'
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,12 KB
Que feitos nos conta Suso?
Os principais feitos que conta Suso son:
- Suso é o fillo de Aser, irmán de Evanxelina.
- A reunión dos membros do sindicato na casa do seu pai, os sábados pola noite.
- O traballo que facía a nai máis a súa irmá Evanxelina, así como o conflito que se produciu entre elas.
- O novo papel que adoptaron as dúas mulleres en relación coas xuntanzas dos obreiros.
Lugar e tempo dos feitos
O lugar en que ocorren os feitos é Ourense, onde está a casa de Aser. O tempo non aparece concretado no texto, aínda que sabemos que ocorre arredor de 1920.
Personaxes que aparecen
Os principais son: Suso (narrador), seu pai Aser, súa nai e mais a súa irmá Evanxelina. Secundarios: os obreiros, Mosqueira, o Crespo, Seixo e Elixio, Tula.
Realidade e cambio reflectidos
A emancipación da muller e a asunción dos roles públicos é un dos temas que podemos atopar en Xente ao lonxe. Este anaco narra, dende os ollos de Suso, a toma de conciencia da súa irmá Evanxelina e percibimos o forte contraste entre o papel que a nai xoga e o que a irmá quere xogar.
Da frase "as mulleres soían quedar na cociña" deducimos que a nai e mais Evanxelina, rematada a cea, que a primeira facía, quedaban na cociña a recoller e arranxar todo, mentres que os homes continuaban coas discusións laborais e ideolóxicas. É dicir, tanto as mulleres como os homes asumían como natural esa repartición de funcións, atribuíndolles os labores domésticos á categoría de "cousas das mulleres".
Forma de ser da nai e de Evanxelina
Sobre a forma de ser da nai, pode dicirse que, malia traballar fóra, asumía con naturalidade o seu rol de ama de casa: facía a cea para todos, e tiña ao seu cargo os labores de limpeza. Ademais, non interviña nas discusións políticas e sindicais, por entender que iso era o propio do mundo masculino. Quedaba calada, tal e como se agardaba dunha muller diante dos temas deste tipo.
Pola contra, Evanxelina, que tamén traballaba fóra, non aceptaba ese rol de subordinada da muller. Abandonaba os labores domésticos, cando menos durante as discusións. Participaba activamente nas conversas, demostrando que eses temas eran tamén do interese das mulleres, con opinións e ideas propias.
Vocabulario
- Mortalla: Vestidura branca que certos penitentes levan en cumprimento dun voto.
- Meigallo: Acto realizado por unha meiga ou calquera outro ser con poderes supostamente sobrenaturais que ten efecto sobre unha persoa ou cousa.
- Tangaraño: Raquitismo que sofren algúns cativos nas pernas, supostamente causado por un diaño ou trasno maligno.
- Romaxe: Festa popular ao redor dunha ermida ou santuario.
- Estadea: Procesión de almas en pena que percorre de noite os camiños para ir recoller a alma das persoas que morren ou para anunciarlles a súa morte.
- Advocación: Denominación das correspondentes imaxes dos santuarios e días en que se veneran.