Superestrato xermánico e árabe no galego: orixe e formación do léxico
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,55 KB
O superestrato xermánico
De entre os pobos xermánicos que invadiron o Imperio romano de Occidente, foron os suevos os que se asentaron na antiga Gallaecia e crearon un reino con capital en Braga que durou case dous séculos (411-585). Os visigodos, tamén de etnia xermánica, derrotáronos e asimiláronos baixo o seu poder. Parte dos pobos xermánicos que invadiron a Península Ibérica xa estaban bastante latinizados á súa chegada, o que facilitou a súa fusión coa poboación hispanorromance e a súa progresiva romanización. Con todo, quedan no galego numerosos trazos léxicos das súas linguas orixinais, que constitúen o superestrato xermánico, composto por:
Antropónimos (nomes de persoa)
Afonso, Blanca, Elvira, Fernando, Henrique...
Topónimos
como Suevos, Godos, A Gudiña, e moitos outros rematados en -ar: Baltar, Gondomar, Roupar, Tosar...
Léxico común da vida cotiá
agasallo, banco, branco, escuma, xabón, roubar...
O superestrato árabe
No ano 711 os árabes entran na Península Ibérica a través do estreito de Xibraltar e establecen o seu dominio en case a súa totalidade, deixando os reinos cristiáns visigóticos recluídos nas cornixas cantábrica e pirenaica. Durante os séculos de reconquista do territorio peninsular cara ao sur por parte dos reinos cristiáns, o galego-portugués foi estendéndose ao longo da franxa atlántica, do mesmo xeito que ían facendo no resto da península os outras linguas romances: astur-leonés, castelán, navarro-aragonés e catalán. A cultura árabe estaba moito máis desenvolvida.
A formación do léxico galego
As influencias das linguas de substrato e de superestrato fixeron que a fala da Gallaecia se fose diferenciando cada vez máis das falas do resto da Península Ibérica, e tamén, con trazos que singularizaban unhas das outras. O léxico galego-portugués é froito da evolución fonética das palabras latinas orixinais, chamadas étimos, ao longo dos séculos. En función destes parámetros clasificamos o léxico galego en:
- Palabras patrimoniais
- Cultismos e semicultismos
- Pares e tripletes léxicos