O sector servizos en Galicia: importancia económica, emprego e turismo
Clasificado en Geografía
Escrito el en
español con un tamaño de 2,78 KB
Actualizado el
Resumen
O texto analiza o peso do sector servizos na economía galega, que supón máis do 60% do PIB e xera a maior parte do emprego. Explica a súa diversificación, a súa distribución xeográfica desigual e a división entre servizos non destinados á venda e servizos destinados á venda. Dedica unha parte específica ao turismo en Galicia, as súas cifras e os seus tipos.
Puntos clave
- Os servizos representan máis do 60% do PIB de Galicia.
- En 2008 os servizos ocupaban o 63% do emprego galego.
- Os servizos concéntranse nas capitais provinciais e grandes núcleos urbanos, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra.
- Os servizos non destinados á venda son financiados polos organismos oficiais (educación, saúde, administración pública).
- Os servizos destinados á venda abranguen comercio, turismo, transportes, servizos ás empresas e servizos financeiros.
- En 2014 Galicia recibiu máis de 4 millóns de turistas, e o turismo supuxo ao redor do 10% do PIB.
- Os tipos de turismo en Galicia son sol e praia, cultural, rural, termal e gastronómico.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
En resumo, os servizos teñen hoxe unha gran importancia e dinamismo, ata converterse na principal fonte de emprego actual e para o futuro. Por esa razón, e porque as diferentes actividades tamén mostran diversas tendencias de localización, xeran paisaxes específicas e, en ocasións, son fonte de impactos negativos; a Xeografía interésase cada vez máis por este sector que conta con máis de 14 millóns de empregos e dous terzos do valor da produción total obtida en España, así como a maior perspectiva de crecemento.
O sector servizos en Galicia
Máis do 60% do PIB de Galicia corresponde ao sector servizos, que experimentou un gran crecemento e diversificación nas últimas décadas. O turismo, o comercio, os transportes e máis os servizos sociais son exemplos desta transformación.
O sector terciario de Galicia adquiriu unha importancia decisiva na creación de postos de traballo, xa que en 2008 os servizos ocupaban o 63% do emprego galego. A distribución xeográfica está pouco equilibrada; os servizos concéntranse nas capitais provinciais e nos grandes núcleos urbanos, principalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra.
Subsectores do sector servizos en Galicia
Distínguense dous subsectores:
- Os servizos non destinados á venda: Son os servizos sociais financiados polos organismos oficiais, como a educación, a saúde e a administración pública. Así, en 2014, o 78% do gasto público que realizou a Xunta estivo destinado a sanidade, dependencia e educación.
- Os servizos destinados á venda: Abranguen o comercio, o turismo, os transportes, os servizos ás empresas, que diversificaron a súa oferta en actividades como asesoramento xurídico, servizos informáticos e administrativos, recursos humanos ou publicidade e os servizos financeiros, que potencian o crecemento da economía a través da concesión de créditos a particulares e empresas, e o investimento en proxectos empresariais.
O turismo en Galicia
En canto ao turismo, Galicia recibiu en 2014 máis de 4 millóns de turistas. Esta afluencia masiva de visitantes representou ao redor do 10% do PIB e proporcionoulle emprego a unha boa parte da poboación ocupada. Actualmente a Comunidade dispón de máis de 54.000 prazas hoteleiras e de numerosos servizos e equipamentos complementarios.
Os turistas que visitan Galicia proceden na súa maioría do territorio español (75%) e en menor medida do estranxeiro (25%), máis dun millón de turistas, sobre todo de países da UE, como Portugal, Reino Unido, Alemaña, Francia e Italia.
A nosa Comunidade ofrece diversos tipos de turismo:
- Turismo de sol e praia
- Turismo cultural
- Turismo rural
- Turismo termal e gastronómico
Preguntas frecuentes
Que porcentaxe do PIB de Galicia corresponde ao sector servizos?
Máis do 60% do PIB de Galicia corresponde ao sector servizos, que experimentou un gran crecemento e diversificación nas últimas décadas.
Cales son os tipos de turismo que se ofrecen en Galicia?
O texto menciona o turismo de sol e praia, cultural, rural e termal e gastronómico. Estes tipos complementan a oferta turística da Comunidade.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.