Resumen de las respuestas del organismo: sistemas locomotor, endocrino e inmunitario

BiologíaActualizado el 20,92 KB

Resumen

El texto explica cómo el organismo responde a los estímulos mediante respuestas motoras, hormonales e inmunitarias. Describe el funcionamiento del aparato locomotor (huesos, articulaciones y músculos), del sistema endocrino (glándulas y hormonas) y del sistema inmunitario (barreras, células, vacunas y alteraciones). También incluye consejos de salud y pruebas diagnósticas.

Puntos clave

  • Las respuestas del organismo pueden ser motoras (actos voluntarios y reflejos), hormonales o inmunitarias.
  • Los actos reflejos son más rápidos que los voluntarios porque el camino nervioso es más corto y se coordinan en la médula espinal.
  • El esqueleto humano consta de 208 huesos, divididos en esqueleto axial y apendicular.
  • Las articulaciones se clasifican en fijas, semimóviles y móviles según el grado de movimiento.
  • Las hormonas son moléculas que actúan sobre órganos diana, se transportan por la sangre y son activas en concentraciones muy bajas.
  • La insulina reduce la glucosa en sangue, mientras que el glucagón la eleva.
  • El sistema inmunitario actúa mediante barreras externas, fagocitos, linfocitos T y B, y genera memoria inmunológica.
  • Las vacunas proporcionan inmunidad específica usando microorganismos inactivos o debilitados, o partes de ellos.

Ponte a prueba

Emisión de respostas no organismo

O organismo responde aos estímulos que recibe do exterior e do interior do corpo con diferentes tipos de respostas:

  • Motora: É a relacionada co aparato locomotor. Comprende os actos voluntarios (respostas que decidimos facer por propia vontade; os responsables destes actos son as áreas da codia motora, a codia sensorial e a de asociación do cerebro) e os actos reflexos (respostas involuntarias que se fan e coordinan na medula espiñal; é unha resposta máis rápida que os voluntarios porque o camiño que fai a información desde que a percibimos ata que se produce o movemento é máis curto), controlados pola rede nerviosa somática.
  • Hormonal: Respostas relacionadas co sistema endócrino que orixinan a secreción de hormonas (substancias que controlan o funcionamento de certos órganos chamados órganos diana). As respostas feitas polo sistema endócrino son máis lentas que as do locomotor; as hormonas liberadas polos órganos produtores teñen que ser transportadas polo sangue ata chegar ao órgano diana no que efectuarán a súa función.
  • Inmunitaria: As respostas inmunitarias protexen o organismo dos axentes patóxenos capaces de ocasionar enfermidades. O sistema inmunitario tamén detecta e elimina partículas estrañas, así como células propias que se dividen de forma anómala e que poden ocasionar tumores. As respostas inmunitarias son levadas a cabo por diversos grupos de células do conxunto dos leucocitos ou glóbulos brancos.

O aparato locomotor

Leva a cabo o movemento, un tipo de resposta elaborada polo sistema nervioso. Os nervios sensitivos informan aos centros nerviosos sobre a posición do organismo e as súas partes, e os nervios motores transmiten a resposta aos músculos. Este aparato está formado polo sistema esquelético e o sistema muscular, os cales funcionan de forma coordinada: cando o sistema nervioso envía unha orde de contracción ou de relaxación aos músculos, estes, xunto cos ósos aos que están unidos, producen un movemento.

Sistema esquelético

Está formado polos ósos, estruturas constituídas por tecido óseo. Os ósos teñen varias funcións: sosteñen o noso corpo e posibilitan unha gran variedade de movementos, protexen algúns órganos delicados, encárganse da formación de certos compoñentes do sangue na medula ósea vermella presente no interior da pelve, no fémur ou no esterno, e constitúen un importante depósito de minerais.

O esqueleto humano consta de 208 ósos que se poden agrupar en dúas zonas:

  • Esqueleto axial:
    • Cranio: Ósos planos que protexen o encéfalo; a parte anterior forma a cara.
    • Columna vertebral: Formada por unha serie de ósiños curtos chamados vértebras. Estas teñen un orificio central polo que pasa a medula espiñal. A columna vertebral constitúe o soporte principal do corpo.
    • Tórax: Protexe o corazón e os pulmóns; está formado polas costelas, que son ósos planos arqueados unidos pola parte anterior do corpo ao esterno (óso plano e longo) e pola parte posterior á columna vertebral.
  • Esqueleto apendicular:
    • Extremidades superiores: Apéndices chamados brazos que se unen ao esqueleto axial polo cinto escapular.
    • Extremidades inferiores: Apéndices chamados pernas que se unen ao esqueleto axial polo cinto pélvico.
    • A función de ambas as extremidades é executar a maior parte dos movementos.

Articulacións

Son as unións entre dous ósos. A superficie de contacto entre os dous ósos está recuberta por tecido cartilaxinoso para evitar o rozamento e o desgaste óseo nos movementos. Segundo o grao de movemento dos ósos que as constitúen, as articulacións pódense clasificar en:

  • Fixas: Non se poden mover; proporcionan estabilidade á unión dos ósos. Este é o caso dos ósos do cranio, que ademais teñen o contorno irregular para encaixar mellor entre eles e aumentar así a estabilidade.
  • Semimóbiles: Teñen pouca capacidade de movemento e proporcionan certa flexibilidade. Un exemplo é a articulación entre as vértebras.
  • Móbiles: Permiten moitos movementos. Neste caso os ósos non están en contacto directo. Un exemplo é a articulación do cóbado, que permite a flexión e extensión do brazo.

Sistema muscular

Está formado polos músculos. Os que están unidos aos ósos e recobren o esqueleto están constituídos polo tecido muscular estriado e chámanse músculos esqueléticos. Estes músculos inducen o movemento grazas á súa capacidade de contracción, é dicir, á súa capacidade de reducir o tamaño das fibras que os constitúen nun momento determinado. O sistema muscular do aparato locomotor está formado por uns 400 músculos. Os músculos esqueléticos constitúen bandas de fibras que se poden inserir nos ósos mediante tendóns (estruturas alongadas de tecido conxuntivo).

O movemento

A resposta do aparato locomotor a un estímulo é un movemento. Os movementos son posibles grazas ao modo en que os ósos se unen aos músculos nas articulacións e grazas á capacidade dos músculos de contraerse e relaxarse.

Movemento do músculo

O músculo bíceps está suxeito á omoplata por dous tendóns; polo outro extremo está unido ao radio mediante un só tendón. Cando o bíceps se contrae, exerce unha forza sobre os tendóns que fai que estes se tensen; a tensión do tendón inferior arrastra cara arriba o antebrazo e prodúcese a flexión.

O movemento dos músculos é o resultado de:

  • Acto voluntario:
    1. Ao mercar froita, os nosos sentidos captan a cor, o cheiro, etc.; estes envían información á codia do cerebro a través de dous nervios sensitivos: o nervio óptico e o olfactivo.
    2. A información é analizada na codia de asociación, que decide cal das froitas colleremos.
    3. A codia motora envía a resposta polos nervios motores ata os músculos do brazo para que se movan e collan a froita elixida.
  • Acto reflexo:
    1. Cando tocamos un obxecto moi quente, os receptores que se atopan na pel percíbano e envían a información á medula espiñal polos nervios sensitivos.
    2. A medula espiñal analiza a información sobre a situación de perigo e elabora unha resposta.
    3. A resposta envíase rapidamente aos músculos da man e do brazo a través dos nervios motores; esta resposta consiste na contracción dos músculos do brazo para poder retirar a man.

A saúde do aparato locomotor

Para manter a saúde deste aparato é importante seguir unha dieta equilibrada, manter unha boa postura e evitar o sedentarismo. Vexamos como repercuten positivamente na saúde do aparato locomotor:

  • Exercicio físico: Desenvolve a musculatura de forma que constitúe unha capa protectora de elementos como articulacións, ligamentos e ósos. Ademais, axuda a manter un peso adecuado que prevén a aparición de moitos problemas relacionados coa obesidade e contribúe ao noso benestar mental.
  • A postura: A maioría dos problemas posturais inícianse na infancia pola adopción de posturas incorrectas non corrixidas a tempo. Á parte de defectos estéticos, este feito pode ocasionar dores de costas, contracturas, anomalías na actividade dos órganos internos e problemas en funcións como a respiración, a deglutición, a circulación sanguínea ou a locomoción. Unha boa postura é aquela capaz de manter unha correcta aliñación dos diferentes elementos corporais co mínimo esforzo e tensión sobre o sistema nervioso e o aparato locomotor.
    • Consellos para unha postura correcta: Se se leva peso, distribuílo uniformemente; manter o corpo ergueito sen esaxerar as curvaturas normais das costas; ao sentar, descansar os pés no chan flexionando os xeonllos en ángulo recto respecto das cadeiras e evitar a torsión da columna vertebral.

Enfermidades do aparato locomotor

As malas posturas e os traumatismos poden causar lesións no aparato locomotor:

  • Escordaduras: Rotura ou excesiva distensión dos ligamentos das articulacións debido a un traumatismo ou a un movemento brusco. O síntoma principal é a dor intensa. O tratamento consiste en reducir a dor e a inflamación, así como gardar un tempo de repouso para favorecer a recuperación dos tecidos.
  • Contracturas: Trastorno muscular causado pola contracción continuada e involuntaria do músculo. Os síntomas principais son o avultamento da zona afectada, a dor e o mal funcionamento do músculo. O tratamento baséase na aplicación de calor na zona e na realización de masaxes por parte de profesionais especializados.
  • Fracturas: Rotura parcial ou total dun óso debido a un traumatismo externo. O síntoma é unha intensa dor. O tratamento varía segundo sexa máis ou menos complexo, aínda que se debe diminuír a inflamación e a dor, reducir a fractura recolocando os fragmentos de óso se se desprazaron e favorecer a consolidación do óso fracturado mediante a inmobilización da parte lesionada.
  • Dor de lombo: Unha das causas máis comúns destas dores é a hérnia discal, que consiste na presión dun disco intervertebral sobre un ou varios nervios. As dores de lombo afectan a outras zonas do corpo, empeorando o estado xeral da persoa.

Probas diagnósticas

  • Estudo radiolóxico: Detección de tecidos de diferentes densidades mediante o uso de radiacións. Cando as radiacións atravesan os tecidos, impresionan unha placa fotográfica que, unha vez revelada, proporciona imaxes de tonalidades brancas, negras e grises. Os tecidos densos como o óseo adquiren as tonalidades máis brancas, mentres que os espazos baleiros son negros; outros tecidos menos densos como o muscular son de cor gris.
  • Resonancia magnética: Usa un campo magnético e ondas de radio para obter imaxes dos órganos internos. A información recollida durante o proceso é analizada por un ordenador que pode recrear imaxes tridimensionais da zona afectada. Esta técnica úsase para detectar múltiples doenzas e é moi axeitada para as lesións dos ósos, músculos, articulacións, ligamentos e tendóns.

O sistema endócrino

É o encargado de realizar a resposta hormonal, é dicir, a segregación de hormonas que controlan o funcionamento de certos órganos. Os órganos que elaboran as hormonas denomínanse glándulas endócrinas.

As hormonas mostran as seguintes particularidades: son moléculas de natureza lipídica e proteica, vértese ao sangue e transpórtanse ata o órgano ou órganos diana nos que deben actuar, prodúcense en pequenas cantidades pero son activas en baixas concentracións funcionais.

Principais glándulas endócrinas

  • Hipófise: Pequena estrutura situada debaixo do hipotálamo que se divide en dous lóbulos:
    • Hormona do crecemento: Activa o crecemento e desenvolvemento do corpo.
    • Prolactina: Estimula a secreción de leite despois do parto.
    • Hormona foliculoestimulante: Activa a produción dos gametos.
    • Hormona antidiurética: Reduce a cantidade de auga que se elimina a través da urina.
  • Tiroide: Glándula situada na base do pescozo xunto á traquea:
    • Tiroxina: Activa funcións celulares como a síntese de proteínas, especialmente durante o crecemento.
    • Calcitonina: Reduce a cantidade de calcio que circula polo sangue e deposítao nos ósos.
  • Paratiroide: Pequena glándula situada na parte posterior da tiroide:
    • Hormona paratiroidea: Regula o calcio e o fósforo que circulan polo sangue. A secreción desta substancia provoca un aumento da concentración de calcio en sangue e a eliminación de fósforo mediante a urina.
  • Páncreas: Glándula anexa do sistema dixestivo situada á altura da cintura, no lado esquerdo do corpo:
    • Insulina: Diminúe a cantidade de glicosa no sangue. Actúa a nivel do fígado, do músculo e do tecido adiposo facilitando a absorción de glicosa do sangue e transformándoa en glicóxeno apto para ser almacenado.
    • Glicagón: Eleva o nivel de glicosa no sangue. Cando se libera esta hormona, o fígado, o músculo e o tecido adiposo transforman o glicóxeno en glicosa e libérano ao sangue.
  • Glándulas suprarrenais: Glándulas triangulares situadas sobre os riles:
    • Cortisol: Actúa na degradación de proteínas e graxas.
    • Adrenalina: Prepara o corpo nunha situación de alarma: incrementa o ritmo cardíaco, activa o sistema nervioso central, etc.
  • Ovarios: Órganos reprodutores femininos con forma de améndoa situados aos dous lados do útero:
    • Estróxenos e proxesterona: Desenvolven os caracteres sexuais da muller, activan o funcionamento dos órganos reprodutores femininos e preparan o útero para a implantación do embrión.
  • Testículos: Órganos reprodutores masculinos situados detrás da base do pene, no interior do escroto:
    • Testosterona: Activa o funcionamento dos órganos reprodutores masculinos e o desenvolvemento dos caracteres sexuais.

Secreción e regulación hormonal

A secreción hormonal está controlada polo hipotálamo. Este recibe información do medio externo a través dos órganos dos sentidos e do medio interno, procésaa e formula unha resposta que consiste na secreción de substancias chamadas neurohormonas. Estas estimulan ou inhiben a acción da hipófise, que pode segregar hormonas que actúan directamente sobre os órganos diana ou ben hormonas que estimulan outras glándulas endócrinas. Deste xeito establécese un mecanismo no que o sistema nervioso controla o sistema endócrino e este, á súa vez, regula os procesos fisiolóxicos do organismo.

Regulación da glicosa

  1. Despois dunha comida aumentan os niveis de glicosa no sangue. Este incremento fai que o páncreas secrete insulina, que estimula a absorción da glicosa por parte das células para que diminúa a súa concentración no sangue.
  2. En caso contrario, cando pasa un tempo sen comer, os niveis de glicosa no sangue son baixos. Esta variación provoca que outras células do páncreas segreguen glicagón, o cal facilita o paso ao sangue da glicosa almacenada nas células.

Saúde do sistema endócrino: Diabetes mellitus

A diabetes mellitus é un grupo de enfermidades caracterizadas por uns elevados niveis de glicosa no sangue (glicemia). O aumento desta é o resultado dun defecto na secreción de insulina, na súa acción ou en ambas.

  • Síntomas: Hiperglicemia (exceso de glicosa no sangue), glicosuria elevada (exceso de glicosa na urina), aumento da micción, polidipsia (moita sede), polifaxia (moita fame) e cansazo.
  • Tratamento: Consiste en tomar medicación oral ou, nalgúns casos, administrarse insulina, xunto co seguimento dunha dieta especial que controle o consumo de glícidos.

O sistema inmunitario

O sistema inmunitario protexe o organismo: evita a entrada de microorganismos e outros patóxenos que poderían ser nocivos, e detecta e elimina células propias que se comportan e se reproducen de forma anómala. Actúa a distintos niveis:

  1. Barreiras externas: Impiden a entrada de patóxenos externos ao organismo. Ademais, o corpo segrega diferentes substancias que dificultan a proliferación de xermes.
  2. Células inmunitarias e órganos linfoides: Constitúen o seguinte nivel de actuación cando un patóxeno é quen de traspasar as barreiras externas ou cando se debe actuar sobre células propias.

Células e órganos do sistema inmunitario

  • Células inmunitarias (leucocitos):
    • Fagocitos: Identifican corpos estraños e captúranos englobándoos coa súa membrana celular. No seu interior, o xerme é destruído pola liberación de encimas dixestivos.
    • Linfocitos T: Fagocitan e destrúen directamente os xermes e estimulan a activación dos linfocitos B.
    • Linfocitos B: Fabrican anticorpos ou inmunoglobulinas que se unen aos antíxenos dos xermes.
  • Órganos linfoides:
    • Medula ósea e timo: Forman células inmunitarias que poden circular polo sangue grazas ao contacto destes órganos con capilares sanguíneos. A medula ósea está formada por células hematopoéticas, células que se diferencian para orixinar as células sanguíneas, incluídas as células do sistema inmunitario.
    • Bazo e ganglios linfáticos: Almacenan e producen células inmunitarias. Estes órganos están conectados entre si polos vasos linfáticos, polos cales circula a linfa (líquido transparente que contén as células inmunitarias e que comunica coas veas).

Tipos de resposta inmunitaria

  • Inespecífica (inmunidade innata): Dirixida a eliminar calquera microorganismo, partícula ou célula que o corpo considere prexudicial. Está activa desde o nacemento do individuo. Realízana os fagocitos, un tipo de glóbulo branco que pode saír dos vasos sanguíneos e dirixirse aos tecidos onde se atopa a infección. Un caso desta resposta ocorre cando a pel sofre unha ferida: desencadéase unha resposta inflamatoria na cal o tecido lesionado libera substancias que favorecen a dilatación vascular, o que supón unha maior achega de sangue na zona afectada.
  • Específica: Elimina un tipo concreto de patóxeno. É unha inmunidade que se desenvolve ao longo da vida a medida que o organismo entra en contacto con diferentes antíxenos. É levada a cabo por:
    • Linfocitos B: Fabrican anticorpos que se unen aos xermes de forma que anulan a súa acción nociva ou actúan como marcas para que poidan ser destruídos por outras células inmunitarias.
    • Linfocitos T: Fíxanse ás células infectadas polo xerme e destrúenas; algúns actívanse en contacto cos anticorpos segregados polos linfocitos B.
    • Como resultado desta resposta, o organismo desenvolve unha memoria que o protexe de infeccións futuras, polo que dicimos que queda inmunizado.

Vacinas

Proporcionan inmunidade específica a un xerme concreto, protexéndonos así de certas enfermidades. Son substancias preparadas artificialmente con microorganismos inactivos ou debilitados causantes da enfermidade ou con partes destes. Permiten evitar que se manifeste a enfermidade ou que se faga de forma moi agresiva.

  1. Prodúcese unha resposta inmunitaria cando os antíxenos que contén a vacina se incorporan ao organismo.
  2. O sistema inmune responde fabricando anticorpos específicos.
  3. Os antíxenos da vacina son destruídos, deixando memoria inmunolóxica.

Alteracións do sistema inmunitario

  • Alerxia: Resposta inmunitaria inespecífica desmesurada que se desencadea cando unha substancia penetra no organismo. Estas substancias chámanse alérxenos. Cando se desencadea unha reacción alérxica pódense padecer dificultades respiratorias, erupcións cutáneas, vómitos, etc. Nos casos máis graves pódese desencadear unha reacción de anafilaxe que, se non se trata axiña, pode provocar a morte.
  • Enfermidades autoinmunes: Conxunto de doenzas nas cales o sistema inmunolóxico ataca e destrúe as células do propio organismo. Exemplos disto son a diabetes mellitus tipo 1, a celiaquía ou a psoríase.
  • Rexeitamento inmunitario: O transplante é unha técnica médica que consiste en substituír órganos, tecidos ou grupos de células danadas por outros sans que proveñen dun doante. O principal problema é o rexeitamento inmunitario, que se pode producir se os tecidos do órgano transplantado son recoñecidos como antíxenos polo sistema inmunitario receptor, o cal fabrica anticorpos para destruír o corpo estraño. Se isto ocorre, provócanse graves trastornos á persoa receptora; para evitar este rexeitamento é preciso administrar medicación inmunosupresora específica.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

¿Qué diferencia hay entre un acto voluntario y un acto reflejo?

Los actos voluntarios son respuestas que decidimos hacer por propia voluntad y en ellos intervienen áreas del cerebro. Los actos reflejos son respuestas involuntarias que se coordinan en la médula espinal y son más rápidas.

¿Qué es la diabetes mellitus?

Es un grupo de enfermedades caracterizadas por niveles elevados de glucosa en sangre, debido a un defecto en la secreción o acción de la insulina. Sus síntomas incluyen hiperglucemia, aumento de la micción, sed, hambre y cansancio.

¿Qué es una reacción alérgica?

Es una respuesta inmunitaria inespecífica desmesurada que se desencadena cuando una sustancia llamada alérgeno penetra en el organismo. Puede causar dificultades respiratorias, erupciones cutáneas o vómitos, y en casos graves una anafilaxia.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. ¿Cuál de estas respuestas es la más rápida?
2. ¿Qué hormona reduce la cantidad de glucosa en sangre?
3. ¿Cuántos huesos tiene el esqueleto humano según el texto?
4. ¿Qué células del sistema inmunitario fabrican anticorpos?
5. ¿Qué tipo de articulación es la que une las vértebras?
6. ¿Qué produce la vacuna en el organismo?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.