Préstamos, abreviaturas y ejercicios de gramática gallega: guía completa de lengua
Os préstamos
Cando aos usuarios dunha lingua lles compre nomear novas realidades, poden recorrer a palabras doutras linguas. Normalmente, os préstamos clasifícanse en:
Préstamos necesarios
Son aqueles que se introducen na lingua ante unha necesidade real de designar novos conceptos e obxectos. Poden adoptar 3 formas:
- Extranxeirismos: manteñen a grafía e a fonética estranxeiras: software.
- Adaptados: acomodan a grafía e a fonética ao galego: penalti.
- Calcos: traducións literais das voces estranxeiras: baloncesto (basketball).
Préstamos innecesarios
Son aqueles que non responden a unha necesidade real de designación, posto que o idioma xa posúe termos propios: rodilla (castelán) / xeonllo (galego).
Abreviacións
Abreviacións comúns
Prodúcese cando se pronuncia só parte dela: poli (policía), profe (profesor).
Siglas
Abreviacións dun sintagma que se forma uníndo as letras iniciais de cada elemento do sintagma: CD, ESO.
Acrónimos
Fórmase cando un sintagma se abrevia tomando varias letras ou sílabas completas dunha ou varias palabras que constrúen un enunciado: Inem, Inserso.
Exercicios
Análise morfolóxica
- Enlousado: en- (prefixo), -lous- (lexema), -ado (sufixo).
- Cafeciños: cafe- (c) (lexema), -iñ- (sufixo), -o- (morfema flexivo de xénero), -s (morfema flexivo de número).
- Sobriñas: sobriñ- (lexema), -a- (morfema flexivo de xénero), -s (morfema flexivo de número).
Palabras cultas, semicultas e patrimoniais
Conxunto de palabras que evolucionaron a partir da palabra latina clave:
- Cultas: clave, clavecín, clavicémbalo, clavicordio.
- Semicultas: caravilla, caravilleiro.
- Patrimoniais: chave, chavear, chaveiro.
Castelanismos plenos
Cita 5 castelanismos plenos: os nomes dos días da semana ou dos meses: luns, martes... xaneiro, febreiro...
Clasificación de palabras
- Compostas: ignífugo, parabrisas, ollomol.
- Derivadas: empedrado, coitelada, empanada, pronominal.
- Parasintéticas: alaranxar.
- Simples: casario, caracol.
Determinantes e pronomes
Sinala os elementos que actúan como determinantes (det) e pronomes (pron):
- -O (det) carro é por un (det) camiño de terra. Este (det) carro embarrancou.
- -A (det) miña (det) tía levaba sempre aquela (det) bata branca que (pron) lle (pron) regalara eu (pron).
- -Algunhas (det) veces sentía moita carraxe coas (det) cousas que (pron) lle (pron) dicías. Estas (pron) non eran boas.