A literatura galega do século XIX: rexurdimento, etapas e Rosalía de Castro
A literatura galega do século XIX
O rexurdir da literatura galega no XIX caracterízase por:
- A carencia de tradición literaria escrita. Os escritores descoñecían a existencia dos cancioneiros medievais e seguían modelos da literatura oral popular e doutras.
- A significación ideolóxica. Polas condicións sociolingüísticas de Galicia, o feito de utilizar o galego era reflexo de compromiso.
Manifestacións literarias: tres etapas
1. Etapa inicial (1808-1833)
Literatura de circunstancias inspirada en acontecementos políticos do momento. Proezas de Galicia de X. Fernández Neira ou Tertulia da Quintana son composicións políticas.
Textos de maior valor literario como A casamenteira de A. B. Fandiño. Tamén hai vilancicos de Nadal, con autores como Castor e Neira e Lois Corral, e sobre todo a obra de Nicomedes Pastor Díaz A alborada, de estilo neoclásico.
2. Os precursores (1833-1863)
Autores eminentemente líricos, vinculados á ideoloxía provincialista e cun gran compromiso de recuperación cultural:
- Xoán Manuel Pintos: A gaita gallega, libro dividido en 7 partes (foliadas) e un manual de iniciación ao galego e tamén un alegato patriótico, que mestura galego e castelán, en prosa e verso.
- Francisco Añón: autor dunha obra poética espallada polos xornais da época, como A Galicia.
- Alberto Camino: ferrolán, compuxo vilancicos e poemas de carácter romántico como Nai chorosa.
Nesta época tivo importancia a celebración dos Xogos Florais de Galicia. Foron presentados en galego e castelán no Álbum de la Claridad, poemas de Rosalía e Pondal.
3. O rexurdimento (1863-1917)
Coa publicación de Cantares Gallegos (1863) inicia o rexurdimento pleno, onde a nosa literatura terá un gran momento con Rosalía, Curros e Pondal.
Rosalía de Castro
Carácter social da súa obra
Resúmese en:
- A conciencia galega. A obra rosaliana é a expresión da forma de ser da nosa sociedade e unha defensa da nosa cultura.
- O populismo e o realismo. É un reflexo da sociedade do seu tempo, e os protagonistas son o pobo galego e a defensa dos seus valores morais, sociais e culturais.
- A denuncia e a crítica. Denuncia as inxustizas sociais e fai unha análise crítica dos novos valores da sociedade burguesa.
- O feminismo. É unha precursora deste, tema do que fai referencia en varios poemas.
Narrativa
Rosalía tamén escribiu en galego unha obra narrativa, O conto galego, narración de tipo popular e argumento sinxelo. No conto hai unha crítica á lexislación da época, que deixaba indefensa a muller fronte ao varón.