Poesía Galega de Posguerra: Da Xeración do 36 aos Poetas dos 50

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,72 KB

Poetas da Xeración do 36

Aquilino Iglesias Alvariño escribiu unha poesía na que ata a paisaxe está humanizada, abordando temáticas como a soidade, o paso do tempo e a morte. Cómaros verdes foi o seu primeiro poemario en galego salientable tras a guerra. Xosé María Díaz Castro publicou un único libro, Nimbos, con temas recorrentes como o amor, a morte, a vida e a nostalxia da infancia perdida. Luís Pimentel, autor de Sombra do aire na herba, centra a súa poesía nas pequenas cousas do mundo cotián, caracterizándose por unha visión pesimista da vida.

Poetas da Promoción de Enlace

Este é un grupo de escritores nados arredor dos anos vinte do século pasado que supuxeron un nexo de unión entre os poetas anteriores e os máis novos:

  • Antonio Tovar: destaca pola súa intención social xunto cos poemas de corte intimista, como se observa en Non.
  • Manuel Cuña Novás: destaca polo seu poemario Fabulario novo.
  • Luz Pozo Garza: cunha obra con altas doses de intimismo, existencialismo e culturismo, publicou o Códice Calixtino.

Xeración dos 50

Os autores desta xeración non viviron directamente a Guerra Civil. Realizaron estudos universitarios, participaron e gañaron os premios poéticos das Festas Minervais da Universidade de Santiago, e comprometéronse cultural e politicamente coas liberdades e coa situación de Galicia.

Autores Destacados

  • Uxío Novoneyra: escribiu poemas paisaxísticos onde se expresa a soidade da persoa en contacto coa natureza do Courel, como na súa obra Os eidos.
  • Antón Avilés de Taramancos: publicou O tempo no espello e As torres no ar; a súa é unha poesía vitalista chea de imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza, xunto con outros poemas de amor ou de reflexión sobre a vida e o paso do tempo.
  • Manuel María: escribiu inicialmente poesía máis de carácter intimista e desacougado, para logo facer poemas de crítica social e, finalmente, outros de carácter íntimo e amoroso, como en Terra Chá.
  • Bernardino Graña: escribiu Profecía do mar, que lle valeu o apelativo de "poeta do mar", pois o tema central da súa obra é o mar e a vida mariñeira.
  • Xohana Torres: é a principal voz feminina da Xeración dos 50. Os seus poemarios máis importantes son Estacións ao mar, onde fala da vida e da importancia do paso do tempo, así como da súa condición de muller.

Entradas relacionadas: