A Poesía Galega Contemporánea: Autores Clave

Otras lenguas extranjeras2,48 KB

A Poesía Galega Contemporánea

Taramancos

Emigrado a Colombia, coa recompilación O tempo no espello o seu traballo foi coñecido e inflúe en novas promocións. As torres do ar: cada poema constituía unha afirmación da vida, un conto ou memoria persoal e colectiva.

Méndez Ferrín

Autor clave na evolución da poesía galega contemporánea. Voz de Nebra, pertence ás Festas Minervais e Antoloxía popular (escribiúno baixo o pseudónimo de Heriberto Bens). Clase socio-política: Con pólvora e magnolias é un revulsivo na poesía dos 70; seguindo o tema político-social, dá un salto cualitativo introducindo elementos estéticos e formais novidosos, como un novo enfoque no tratamento dos temas.

O libro combina dúas vetas:

  • A proclama política (pólvora).
  • A introspección íntima (magnolias).

O tema máis importante é o compromiso social e patriótico.

María Xosé Queizán

Participou dende cedo na renovación da NNG e destacou como pioneira no pensamento e a praxe feminina en Galiza. Comezou con Metáfora de metáfora, que busca unha nova palabra e liberdade de discurso. Autocrítica: espertar dos amantes e unha deconstrución do machismo e plasmación do lesbianismo. Fóra de min é unha reivindicación contra a miseria, o racismo, a desigualdade...

Novoneira

Herdeiro da tradición paisaxística e membro do grupo Brais Pinto, a súa obra está a dialogar co entorno natural dende unha perspectiva telúrica, existencial, metafísica e misticista. Comeza a súa obra con Os eidos; a partir dos 60 experimentará novos camiños que o levarán ao experimentalismo topográfico, a escrita fonética, facendo tamén incursións na poesía social e patriótica.

Nos seus primeiros libros predominan elementos paisaxísticos, telúricos e existencialistas. A partir dos 60 ten unha preocupación político-social e unha perspectiva afastada do tópico. Dende os 80 participa nas correntes de renovación. A súa poesía ten tres dimensións básicas: a telúrica, a existencial e a política. Parece sinxela, pero no fondo ten unha gran complexidade.

Xohana Torres

Iníciase con Do soluçon, radicalmente intimista con tres lemas: amor, soidade e morte. Estación ao mar aborda cuestións esenciais como a soidade, a fugacidade do tempo e as lembranzas. Ten un profundo dominio do ritmo e musicalidade.

Descargar

PDF Word HTML