Literatura Galega nos Séculos Escuros: Poesía, Prosa e Teatro

Otras lenguas extranjeras4,09 KB

Séculos Escuros: A Literatura Culta en Galego

O Renacemento (Século XVI)

Poesía Renacentista Galega

  • Cantiga en homenaxe a Felipe o Fermoso: Primeira manifestación poética dos séculos escuros. Cantiga anónima en homenaxe ao consorte da raíña.
  • O soneto de Monterrei: A imprenta de Monterrei posuía a primeira imprenta de Galicia. Consérvase o primeiro poema: unha pastorela renacentista anónima. O tema céntrase nun diálogo entre un pastor e un cabaleiro que declara o seu amor.
  • O soneto da condesa de Altamira: Obra da autora Isabel de Castro e Andrade.

Prosa Renacentista

  • Relazón da carta executoria: Narra a morte do Mariscal Pardo de Cela.
  • Documentación histórica: Inclúe outros textos en prosa de relevancia para a época.

O Barroco (Século XVII)

Poesía Barroca

  • As exequias da raíña dona Margarida de Austria: Autor: Xoán Gómez Tonel. Trátase dun libro en castelán que describe as honras fúnebres da raíña, o cal inclúe dous sonetos en galego para honrar a raíña morta.
  • As décimas do apóstolo Santiago: Autor: Martín Torrado. Poema galego en décimas, cheo de gracia e humor irónico, cun loubanza á figura do Apóstolo Santiago. O manuscrito orixinal atópase depositado na Biblioteca Xeral da Universidade de Compostela.
  • As composicións das Festas Minervais: As Festas Minervais eran certames académico-literarios. Consérvanse as composicións publicadas nun libro no ano 1697, que constan de 9 romances de 80 versos de varios autores e escaso valor literario.

Teatro Barroco

  • O entremés famoso sobre a pesca no río Miño: Única mostra de literatura dramática do período. Autor: Gabriel Feijoo de Araújo. O asunto xira arredor dun enfrontamento entre galegos e portugueses pola pesca no río Miño, xa que os portugueses non respectan as normas. Consta de tres partes: 1) Monólogo dun fidalgo portugués e un labrego galego; 2) Liorta colectiva e pranto da portuguesa; 3) Reflexión de Roleiro, as paces e o canto final.

A Ilustración (Século XVIII)

A Ilustración foi un movemento cultural que se desenvolveu en Europa e América no século XVIII, o cal intentaba facer achegar a cultura ao pobo.

Autores Ilustrados Galegos

  • Fray Benito Jerónimo Feijoo: Introduciu do ensaio filosófico en lingua castelá. Na súa obra estuda sobre a lingua e a realidade social de Galicia. Sostivo que o galego non é un dialecto, senón unha lingua irmá xemelga do portugués e irmá e veciña do castelán.
  • Padre Martín Sarmiento (Pedro José García Balboa): Abordou temas de historia, pedagoxía, botánica e etimoloxía. Foi pioneiro en documentos e escritos en galego, xa que defendeu e intentou dignificalo, ademais de propoñer a ensinanza aos nenos galegos na súa propia lingua. Destacan as 1201 cuartetas tituladas Coloquio de Perico e Marica, onde catro rapaces falan da morte de Filipe V e a subida ao trono de Fernando VI.
  • O Conde de Fruíme (Diego Antonio Cernadas e Castro): Poeta que escribiu composicións alegres e graciosas en defensa de Galicia nun ton polémico. Criticou as inxustizas das que Galicia era vítima. Os seus escritos foron recollidos en sete volumes publicados baixo o título Obra en prosa y verso del cura de Fruíme.

Teatro Ilustrado

  • O entremés do porco: Obra anónima na que un galego supera con intelixencia os aires de superioridade dun andaluz, un francés e un portugués. A historia comeza cunha disputa entre os tres sobre quen é o máis guapo, valente e destro coa espada. Chega un galego e pídenlle que decida quen é o mellor. O galego responde que acepta a condición se lle dan cartos; paganlle e dita que o mellor é el mesmo. Os outros alíanse coa intención de matalo, mais o galego deféndese e humíllaos.

Descargar

PDF Word HTML