Variedades da Lingua Galega e Dialectoloxía
Variedades da lingua
Históricas: cambios que se producen ao longo do tempo polo efecto da evolución natural da lingua. No caso do galego, distínguese o galego-portugués medieval ou o galego dos Séculos Escuros.
Niveis e estilos da lingua
- Niveis da lingua: Determinados pola clase social dos falantes (nivel culto, popular ou vulgar).
- Estilos da lingua: Rexistro formal, informal e xergas; están motivados polo contexto onde se utilice a lingua.
- Xeográficas: Segundo o lugar de Galicia de onde proceda o falante.
Variedades dialectais
Bloque occidental
Comprende parte da Coruña e Pontevedra. O plural das palabras é en -ns. Teñen gheada. Seseo implosivo (lus) e tamén explosivo (soco, coser); na área bergantiñana non hai seseo. Terminación en -án. Plural das palabras agudas en -ns. Ti para a segunda persoa, en Pontevedra tu. O sufixo -des por -ndes, -is en Miño, -s na Coruña. (Este bloque divídese en fisterrán, bergantiñán e pontevedrés).
Bloque central
Interior da Coruña, interior de Pontevedra e parte de Lugo e Ourense. Ditongo -io. Masculino acabado en -ao e feminino en -á. Plural de agudas rematadas en -s. Presente de indicativo da segunda conxugación levan -i (colliches). Sufixo -des para a 5ª persoa. Dentro do bloque distínguense:
- Mindoniense: esteña e seña para ser e estar. Grelo e raposo para cimón e golpe.
- Lucu-auriense: demostrativo iste e pronome persoal il. Llelo/llo.
Bloque oriental
Lugo e Ourense, occidente de León, Zamora e Asturias. Ditongo oi, ui, u (noite, muito, muto). Conservación do u en palabras (cuatro). Secuencia ax (caxa, baxo). Terminación en -in (camín, padrín). Plural das palabras en -is. Plural das agudas rematadas en -l faise en -is.
- Asturiana: avolo para avó, madria, l'amigo.
- Ancaresca: a tónico palatizante.
- Zamorana: ditongos io, ou coa súa ausencia (moito, muito, muto).
Palabras e os seus semas
- Hiperónimo: nome do campo semántico.
- Hipónimo: cada un dos elementos.
- Cohipónimo: relacións entre ambos.
Diglosia e lingua estándar
Diglosia: no interior dunha sociedade, cada lingua desempeña diferentes funcións, o que contribúe a crear os conceptos de lingua dominada e lingua dominante.
Lingua estándar: variedade para as situacións que sexa común a todos os falantes.