A Poesía das Irmandades da Fala e a súa evolución

Otras lenguas extranjeras2,71 KB

A poesía das Irmandades da Fala

A poesía das Irmandades da Fala. Ideoloxía agrarista: lei de desamortización, non éxito-estancamento económico, baixo desenvolvemento técnico, fortes cargas impositivas. Naceron movementos agrarios reivindicativos que se preocuparon pola formación cultural dos afiliados. A máis importante liga agraria foi Acción Gallega de Basilio Álvarez. As Irmandades da Fala foron un movemento político para a defensa de Galicia como nación. Promoveron empresas e actividades culturais que sentaron as bases do desenvolvemento e dinamización do galego.

Noriega Varela e a transición lírica

Noriega Varela: Desde comezo do século XX ata as Irmandades, o galego sofre decadencia, pero co paso dos anos na lírica dase unha transición influida polo modernismo español e portugués. O poeta máis importante é N. V., autor dun só libro: Follas do mont e logo Do ermo.

Facetas literarias de Noriega Varela

  • 1) Poesía costumista: primeiras composicións, foxe do esteticismo das novas correntes poéticas e contemporáneas.
  • 2) A poesía lírica pura: supera o realismo costumista. Os motivos e a lingua son os mesmos, pero agora é o poeta quen se aproxima á natureza falando cun ton íntimo e emotivo. Céntrase no intimismo.
  • 3) Poeta satírico-burlesco: poemas non recompilados da mocidade e da última época.
  • 4) Poesía civil ocasional: na que había poemas anticaciquís, que non mantivo.
  • 5) Recompilador de literatura popular: esta faceta inclúese dentro da súa ideoloxía defensora de todo o tradicional. Propón recompilar literatura e frases feitas que forman parte da nosa singularidade.

A lingua de N. V. reflicte a fala popular; opinaba que a fala había que conservala por ser a lingua de labregos.

Ramón Cabanillas: obra e modalidades

Ramón Cabanillas: A súa obra abrangue 45 anos e agrúpase en dúas modalidades:

  • 1) Poesía lírica (catro orientacións):
    • Reivindicación cívica na liña do agrarismo: os temas son a loita anticaciquil contra os foros e o sufrimento do labrego (No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada).
    • O intimismo: herdado do romanticismo europeo.
    • Costumismo.
    • Modernismo: busca a evasión.
  • 2) Poesía narrativa: a obra épica máis destacada é Na noite estrelecida, compoñesta por tres poemas (sagas) onde recrea a temática medieval de Bretaña trasladándoa a Galicia.

Descargar

PDF Word HTML