Poemas de Cabanillas, Manuel Antonio e Celso Emilio Ferreiro: análise da poesía galega

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 6,2 KB
Actualizado el

Resumen

O documento analiza catro poemas da poesía galega: dous de Ramón Cabanillas, un de Manuel Antonio e un de Celso Emilio Ferreiro. Para cada un expón o contexto literario, a estrutura métrica, os recursos fónicos, léxicos e sintácticos, a voz lírica e o tema. Serve para entender a evolución da poesía galega desde o nacionalismo literario ata a posguerra.

Puntos clave

  • "A espada de Escalibor" (Cabanillas, Na noite estrelecida, 1926) exalta unha Galicia heroica con referencias artúricas e celtas, en alexandrinos.
  • "A Basilio Álvarez" (Cabanillas, No desterro) é un soneto de temática social e agrarista que homenaxea o líder labrego contra o caciquismo.
  • "Sós" (Manuel Antonio, De catro a catro, 1928) pertence á vangarda, con versos libres, sen rima e disposición gráfica que suxire soidade e baleiro.
  • "Longa noite de pedra" (Celso Emilio Ferreiro, 1962) é un poema da posguerra que expresa a opresión franquista mediante a anáfora e a metáfora da pedra.
  • A análise de cada poema inclúe recursos fónicos, léxicos e sintácticos, así como a voz lírica e o tema principal.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

1. “A espada de Escalibor” – Ramón Cabanillas

Este poema de Ramón Cabanillas, incluído en Na noite estrelecida (1926), pertence ao nacionalismo literario galego, onde se glorifica unha Galicia heroica. A figura de Merlín, “o celta armoricán”, e a espada sagrada evocan raíces célticas e simbólicas cristiás como o “Xordán”. A intención do autor é exaltar un pasado mítico para inspirar un futuro digno. Está escrito en versos alexandrinos (14 sílabas) agrupados en dúas estrofas: a primeira de 10 versos e a segunda de 6. Non segue un esquema de rima fixa, e o ton é épico e culto. Destacan recursos fónicos como a aliteración (“dos fados escuros”), recursos léxicos como cultismos (“ardentía”, “diviño”), e recursos sintácticos como enumeracións (“ás nubes da tormenta, á ardentía do lume”). A voz lírica é narradora e exaltadora, e diríxese á comunidade galega. A espada simboliza un legado espiritual e guerreiro. O poema remata cunha visión esperanzadora: “que por riba dos tempos leva ó trunfo diviño”. O título remite á lenda artúrica como metáfora dunha Galicia chamada á grandeza.

2. “A Basilio Álvarez” – Ramón Cabanillas

Este poema pertence á obra No desterro e sitúase dentro da poesía social e agrarista de principios do século XX. Cabanillas homenaxea a Basilio Álvarez, símbolo da loita labrega contra o caciquismo. O autor, comprometido co movemento agrarista galego, usa a metáfora do “sementador” para representar ao líder que esperta ao pobo. Está estruturado como un soneto con catro estrofas: dous cuartetos e dous tercetos, en verso endecasílabo e rima consonante ABBA ABBA CDC DCD. O estilo é elevado e épico. Entre os recursos fónicos, destaca a aliteración (“berro e comezar a sega”), recursos léxicos como metáforas agrarias (“o trigo dos beirais”) e recursos morfosintácticos como a interpelación directa (“¡Sementador!”). O poema combina imaxes do traballo coas da loita: “tráxico brillo de puñais” ou “ruxidos guerreiros”. A voz lírica é colectiva e mobilizadora. O tema principal é a loita pola xustiza social, representada pola sega como acto de revolución. O poema remata cun chamamento directo: “xa é hora de dar o berro”, expresión dunha Galicia que esperta.

3. “Sós” – Manuel Antonio

O poema “Sós”, da obra De catro a catro (1928), forma parte da vangarda galega, influenciado polo ultraísmo e o futurismo. Manuel Antonio experimenta coa linguaxe poética e con novas formas de expresión do eu, vencellado á soidade existencial. Carece de estrofas regulares, con versos libres e curtos, sen rima. A disposición gráfica e os espazos en branco suxiren baleiro, silencio e abandono, como no verso final: “nós.”. O poema mostra carácter culto e experimental. Emprega recursos léxicos náuticos (“singradura”, “paquebote”, “veleiro”), recursos fónicos como a musicalidade do ritmo fragmentado, e recursos morfosintácticos como a omisión de conectores e puntuación, que xeran unha linguaxe aberta. Destaca a metáfora central: “O cadáver do Mar / fixo do barco un cadaleito”, que simboliza a fin das esperanzas. A voz lírica é un “nós” colectivo que expresa a soidade, o illamento e a incomunicación. O poema é unha alegoría da vida como travesía sen rumbo, cunha Galicia sen mar nin barco, sen identidade nin destino. O título reflicte o estado emocional dos protagonistas: abandonados, sen futuro.

4. “Longa noite de pedra” – Celso Emilio Ferreiro

Este poema, publicado en Longa noite de pedra (1962), é unha obra central da poesía galega social da posguerra. Ferreiro expresa aquí a súa experiencia vital: a reclusión e represión durante o franquismo. É un símbolo da situación política e espiritual de Galicia. Está composto en versos libres, sen rima nin estrutura estrófica fixa. A anáfora de “de pedra” crea un efecto fónico monótono e opresivo, reforzando o tema da inhumanidade. A disposición escalonada dos versos engade densidade e claustrofobia ao poema. Os recursos léxicos son simbólicos: a pedra representa o castigo, o medo e a falta de liberdade. Usa tamén enumeracións (“as cadeas, o aire, as fiestras...”) e antítese: a vida fronte á morte, o “eu” que morre dentro da prisión. A voz lírica é individual, íntima, mais representa unha dor colectiva. O tema é a opresión política e o sufrimento existencial: “eu, morrendo nesta longa noite de pedra”. O título é metáfora dunha noite interminable, sen luz nin esperanza, símbolo da ditadura e do esquecemento.

Preguntas frecuentes

Que tipo de estrofas e métrica usa "A Basilio Álvarez"?

Está estruturado como un soneto con catro estrofas (dous cuartetos e dous tercetos), en verso endecasílabo e rima consonante ABBA ABBA CDC DCD.

Que recursos literarios aparecen en "Sós"?

Emprega recursos léxicos náuticos, musicalidade do ritmo fragmentado e omisión de conectores e puntuación. Destaca a metáfora do cadáver do Mar que fai do barco un cadaleito.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que obra publicou Cabanillas "A espada de Escalibor"?
2. Que forma métrica ten "A Basilio Álvarez"?
3. A que movemento vangardista se vincula "Sós"?
4. Que simboliza a pedra en "Longa noite de pedra"?
5. Que figura se evoca no poema "A espada de Escalibor" como símbolo de raíces celtas?
6. Que tema central ten "A Basilio Álvarez"?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.