A Nova Narrativa Galega (NNG) e a Prosa entre 1936 e 1976

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,59 KB

A Nova Narrativa Galega (NNG)

A NNG presenta os seguintes trazos característicos:

Novidades técnicas

  • Multiperspectivismo: varios narradores nun mesmo relato.
  • Monólogo interior.
  • Xustaposición de planos temporais: non hai orde cronolóxica, senón que está en función da realidade interior do personaxe.
  • Obxectalismo: os obxectos adquiren moita importancia ao seren descritos con detalle.

Novidades temáticas

  • Expresión do absurdo da existencia.
  • Mundos simbólicos.
  • Personaxes desarraigados, violentos e con problemas psicolóxicos.
  • Violencia e sexo explícitos.
  • Intimismo.
  • Ambientes urbanos, claustrofóbicos e sórdidos.

Entre os autores da NNG destacan:

  • Méndez Ferrín: coas obras Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas (libros de relatos) e Arrabaldo norte (novela obxectalista).
  • Carlos Casares: con Vento ferido e Cambio en tres.

A prosa entre 1936 e 1976

Neste período distinguimos varios grupos xeracionais:

Narradores de preguerra e continuadores

Destacan autores como Otero Pedrayo ou continuadores da Xeración Nós, como Carballo Calero, que en 1951 publica A xente da Barreira, a primeira novela en galego publicada en Galicia despois da Guerra Civil.

Autores con características individuais

  • Eduardo Blanco Amor: escritor realista de carácter social. Escribiu a novela máis importante da segunda metade do século XX, A esmorga, de ambientación urbana en Auria, centrada na marxinación. Outras obras son Xente ao lonxe, sobre o sindicalismo e a clase obreira, e Os biosbardos, libro de relatos narrado por rapaces. Nas súas obras atopamos temas recorrentes como a infancia, a adolescencia, a violencia, a marxinación e a soidade.
  • Ánxel Fole: recreador dunha Galicia rural e misteriosa. É o mestre do conto baseado na cultura popular, onde combina realidade e imaxinación. As súas obras principais son Á lus do candil e Terra brava. Nelas atopamos a Galicia material (a terra e os seus habitantes) e a Galicia inmaterial (a máxica, chea de supersticións e crenzas míticas).
  • Álvaro Cunqueiro: combina nas súas obras realidade e fantasía para presentarnos un mundo mítico.

Entradas relacionadas: