O materialismo histórico: Marx, Engels e a praxe
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,86 KB
O materialismo histórico
O materialismo histórico oponse ao idealismo: afirma a prioridade do ser sobre o pensamento. Neste aspecto, Feuerbach acusa a Hegel de privar o ser de toda realidade e de facelo derivar do pensar. Por iso, Feuerbach tamén critica a Hegel por converter o home en espírito, en lugar de consideralo un ser real. Así mesmo, oponse ao materialismo clásico: Marx cre que este é un materialismo abstracto e mecanicista, que carece de carácter didáctico e histórico. Así pois, Marx está en contra de Feuerbach, quen considera a realidade como un obxecto de contemplación.
O materialismo de Marx afirma a independencia da natureza exterior respecto ao pensamento, pero tamén di que non é posible separar a natureza do home. Marx supera a contraposición idealismo-materialismo co concepto de praxe (actividade práctica, o traballo). Deste pensamento subxace unha idea dialéctica da natureza:
- A materia é cambio, e o cambio non é máis que contradición.
- A dialéctica é a ciencia das leis do movemento e da evolución da natureza, da sociedade e do pensamento.
- Toda cousa é ela mesma e, ao mesmo tempo, a súa contraria.
O materialismo histórico segundo Engels
Esta teoría sociolóxica postula que:
- A unidade fundamental da análise social e histórica é o modo de produción, que se compón dunha estrutura económica e dunha superestrutura ideolóxica.
- A realidade social determina a conciencia e non ao revés, pero hai que ter en conta dous conceptos: que non se trata de produción causal, senón de determinación; e que hai unha acción recíproca entre estrutura e superestrutura.
Deste xeito prodúcese o desenvolvemento das forzas produtivas (capacidade real de produción nun determinado momento histórico), as cales non atopan un marco adecuado nas relacións de produción (relacións sociais que se establecen no momento determinado polas forzas produtivas) e xeran unha revolución social que transforma a superestrutura ideolóxica.
Do enfrontamento entre estrutura e superestrutura xorde o comunismo, o cal, segundo Marx, é inevitable tras a destrución e a substitución do sistema actual. Hai dúas leis que predican a desaparición da sociedade capitalista:
- Lei de acumulación capitalista: na cal a riqueza se acumula en poucas mans.
- Lei do empobrecemento do proletariado: na cal as clases sociais se unen para eliminar o proletariado.
Como consecuencia deste enfrontamento, desenvólvese o motor da historia: a loita de clases. Os obreiros instalan a ditadura do proletariado, que representa un estado socialista de transición cara ao comunismo que ten como fundamentos desenvolver a industria, arruinar os privilexios e a resistencia da clase dirixente, e educar as masas.
O comunismo, por unha banda, suprime a oposición entre o home e a natureza e, pola outra, suprime a oposición entre os homes, instaurando o traballo común e igualitario. Para Marx, os trazos máis característicos do comunismo son:
- Desaparición da división entre o traballo intelectual e manual.
- Desenvolvemento de institucións que distribúan as riquezas a cada un en función das súas necesidades.
- Desaparición do Estado como dominio das clases dirixentes, pero permanecen as institucións.
- Consideración do ser humano como un fin en si mesmo, e non como un medio que vale en canto ao que produce.