A literatura galega do Prerrexurdimento: autores e obras (1808-1863)
Clasificado en Español
Escrito el en
español con un tamaño de 3,34 KB
Actualizado el
Resumen
O texto presenta as primeiras manifestacións literarias en galego durante o Prerrexurdimento, con obras de carácter propagandístico ligadas á Guerra da Independencia, a poesía e o teatro. Tamén recolle a figura dos Precursores do Rexurdimento, vinculados ao Provincialismo, e os seus autores máis destacados, Xoán Manuel Pintos e Francisco Añón. O estudante aprenderá datas, títulos e contexto histórico destas obras.
Puntos clave
- As primeiras obras en galego do século XIX tiñan carácter propagandístico e respondían á Guerra da Independencia contra os franceses.
- Un labrador que foi sarxento (1808) e Proezas de Galicia (1810, Xosé Fernández Neira) son exemplos destas primeiras obras.
- Nicomedes Pastor Díaz é o autor máis salientable da poesía do período e escribiu dúas obras en galego: a 'Alborada' e a 'Égloga de Belmiro e Benigno'.
- Antonio Benito Fandiño escribiu A casamenteira en 1812 durante o seu encarceramento en Santiago, publicada en 1849.
- Os Precursores do Rexurdimento tiveron actividade entre 1846 e 1863, cunha poesía tradicional, folclórica e costumista, con castelanismos e vulgarismos.
- A gaita gallega (1853) de Xoán Manuel Pintos considérase o primeiro libro en galego do século XIX.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
A Literatura do Prerrexurdimento
Aínda que na primeira parte do século XIX os textos en galego son poucos, van aparecendo algúns autores e obras que marcan o inicio do Prerrexurdimento.
Manifestacións Literarias Iniciais
As primeiras manifestacións literarias en galego neste período pódense clasificar en tres grandes áreas:
Textos literarios de carácter propagandístico
Característicos das primeiras décadas do século, nacen como resposta a acontecementos políticos e sociais desta época: a **Guerra da Independencia** contra os franceses, enfrontamentos entre **liberais e absolutistas**, etc.
- En **1808**, publícase o romance anónimo Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento, para animar os soldados galegos contra os franceses.
- En **1810**, **Xosé Fernández Neira** publica Proezas de Galicia, obra dialogada que trata da guerra contra os franceses.
Poesía
A comezos do XIX continúa a tradición do **vilancico**. O cultivo da poesía foi escaso e as composicións apareceron espalladas por diferentes xornais e revistas.
O autor máis salientable é **Nicomedes Pastor Díaz** (Viveiro, 1811 - Madrid, 1863). Foi un importante poeta do Romanticismo español, e escribiu dúas obras en galego:
- Unha “Alborada” de tema amoroso.
- A “Égloga de Belmiro e Benigno”, na que dous pastores choran as súas penas de amor.
Teatro
Durante a **guerra contra os franceses** representábanse obras en galego coas que se pretendía animar o pobo contra o invasor.
Antonio Benito Fandiño escribiu en 1812 A casamenteira, cando se atopaba preso no cárcere de Santiago polas súas **ideas liberais**; a obra foi publicada en 1849.
Os Precursores do Rexurdimento
Os **Precursores** son un grupo de autores vinculados ao **Provincialismo**, que teñen actividade literaria entre **1846** (data do levantamento provincialista) e **1863** (ano da publicación de Cantares gallegos).
Estes escritores, de ideoloxía **liberal e romántica**, cultivan unha poesía **tradicional, folclórica e costumista**, inzada de castelanismos, vulgarismos e formas dialectais. As figuras máis destacadas son:
Xoán Manuel Pintos (Pontevedra, 1811 - Vigo, 1876)
(Texto 21)
Gran defensor da **lingua galega** e da súa dignificación. A obra máis salientable é A gaita gallega (**1853**), considerado o **primeiro libro en galego do século XIX**, aínda que tamén ten páxinas escritas en castelán e en latín. Esta obra foi publicada en fascículos e contén unha mestura de diálogos, poemas, observacións lingüísticas, etc., na que se denuncia a **marxinación de Galicia**.
Francisco Añón (Outes, A Coruña, 1812 – Madrid, 1878)
(Texto 22)
A súa obra poética quedou espallada en numerosas publicacións periódicas. Hoxe coñecemos **39 poemas en galego**, composicións improvisadas na súa meirande parte. As máis relevantes son aquelas nas que canta a Galicia ou nas que aparecen tipos e costumes galegos. O poema máis famoso é o titulado “A Galicia”, co que gañou o primeiro accésit nos **Xogos Florais da Coruña en 1861**.
Preguntas frecuentes
Cal é o primeiro libro en galego do século XIX segundo o texto?
O texto considera A gaita gallega (1853), de Xoán Manuel Pintos, como o primeiro libro en galego do século XIX. Aínda que tamén contén páxinas en castelán e en latín, a obra denuncia a marxinación de Galicia.
Cal é o poema máis famoso de Francisco Añón?
O poema máis famoso de Francisco Añón é “A Galicia”, co que gañou o primeiro accésit nos Xogos Florais da Coruña en 1861.
Que tema tratan as obras de Nicomedes Pastor Díaz en galego?
A 'Alborada' é un poema de tema amoroso, mentres que a 'Égloga de Belmiro e Benigno' presenta dous pastores que choran as súas penas de amor.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.