Construción do galego estándar: etapas, interferencias e desviacións

Clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 5,23 KB
Actualizado el

Resumen

O texto explica o proceso de normativización do galego, desde a ausencia dunha variedade culta ata a norma vixente. Describe as catro etapas históricas (popularizante, enxebrizante, protoestándar e estándar) e os autores e institucións asociados a cada unha. Tamén analiza as interferencias do castelán nos planos fónico, morfolóxico, sintáctico e léxico, e define as desviacións da norma.

Puntos clave

  • O galego tardou en ter unha variedade estándar; a normativización culta comezou no século XIX cos autores do Rexurdimento.
  • Etapas: Galego Popularizante (ata finais do XIX), Enxebrizante (ata 1936), Protoestándar (ata finais dos anos 70) e Estándar (ata a actualidade).
  • As Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego foron aprobadas en 1982 pola RAG e o ILG e reformadas levemente en 2003.
  • O Galego Enxebrizante buscaba un galego supradialectal, eliminaba castelanismos e tomaba o portugués como modelo culto na escrita.
  • As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra e afectan sobre todo á lingua máis débil.
  • As desviacións son voces que non se axustan á norma: vulgarismos, dialectalismos, arcaísmos e hipergaleguismos.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

A Construción da Variedade Estándar do Galego: Historia, Interferencias e Desviacións

Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano oral. A existencia dunha variedade estándar —a que se usa nos ámbitos formais, a que se describe nas gramáticas— contribúe a frear esa dispersión. O galego, lingua de reis e dos cancioneiros medievais, tardou en contar cunha variedade estándar, o que se coñece co nome de normativización lingüística: a fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.

A maioría das linguas romances fixeron este labor durante a Idade Media, cando o galego comezara xa a sufrir o proceso de minorización, convertida só na lingua oral do pobo. Polo tanto, a nosa lingua non emprendeu esa tarefa —imprescindible para a súa normalización social— ata o século XIX, cos autores do Rexurdimento. Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas:

  1. Galego Popularizante (ata finais do século XIX)

    Representado por autores como Rosalía de Castro e Curros Enríquez. Non existía realmente unha intención normativizadora (Pondal foi o único autor consciente da súa necesidade); utilizaban o galego oral no seu rexistro popular (o que se conservara), cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.

  2. Galego Enxebrizante (ata 1936)

    Impulsado por movementos como as Irmandades da Fala. Os autores comezaron a sentir a necesidade dunha norma escrita e inclináronse por un modelo diferencialista, que marcase distancias co castelán. As características máis salientables son:

    • Busca dun galego supradialectal, non o dunha zona concreta.
    • Eliminación de castelanismos, moi abundantes na fala.
    • O portugués é, dalgunha maneira, o seu modelo de lingua culta na escrita.
  3. Galego Protoestándar (ata finais dos anos 70)

    Asociado a autores da Editorial Galaxia. Medrou a conciencia da necesidade dun modelo culto que apoiase a normalización do galego. Caracterizouse sobre todo pola simplificación ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e circunflexos) e pola ortografía inspirada no castelán.

  4. Galego Estándar (ata a actualidade)

    O mellor coñecemento lingüístico (grazas ás investigacións e estudos universitarios) axudou a atopar solucións apropiadas para as interferencias e desviacións que aparecían nas etapas anteriores. En 1982, a RAG (Real Academia Galega) e o ILG (Instituto da Lingua Galega) aprobaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, levemente reformadas en 2003. Estas son a norma culta oficial vixente na actualidade.

A oficialización dunha norma culta e estándar provocou, ao principio, un certo rexeitamento en moitos falantes, que consideraban a lingua da TVG, da Radio Galega e doutros medios como unha especie de "galego inventado, de laboratorio" co que non se sentían identificados. Mais toda lingua moderna ha de ter a súa norma culta, que se usa nos rexistros máis formais. Como o galego non a tiña polo seu uso unicamente oral, foi necesario creala.

Nos últimos anos, as ferramentas informáticas e a internet supuxeron un importante avance na implantación da norma culta: correctores de lingua e dicionarios para procesadores de texto, navegadores, sistemas operativos (Android, Windows, Linux); tradutores automáticos; webs especializadas; cursos en liña; etc. Sempre existiu unha corrente partidaria de que o galego retome as súas orixes, uníndose en maior ou menor medida ao actual portugués: o reintegracionismo ou lusismo (AGLP, AGAL).

Interferencias e Desviacións da Norma Lingüística Galega

As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico e que afectan maioritariamente á lingua máis débil. Aparecen en todos os planos da lingua. Algúns exemplos son:

  • No plano fónico: Redución do sistema vocálico de 7 vogais a 5, eliminando a oposición entre semiabertas e semipechadas.
  • No plano morfolóxico: Cambio de xénero de determinados substantivos (ex: *o ponte, *a sangue), seguindo a norma castelá; confusión dos pronomes TE/CHE; uso de tempos verbais compostos.
  • No plano sintáctico: Incorrecta colocación dos pronomes átonos.
  • No plano léxico: É onde máis abundan e responden a diferentes motivacións: prevalencia da palabra coincidente co castelán (ex: comprar por mercar); restrición do significado, adoptando a palabra castelá para a realidade de maior prestixio (ex: billa / *grifo); substitución da forma galega pola castelá (ex: *arcilla por arxila, *tenedor por garfo...).

Chamamos desviacións a aquelas voces que non se axustan á normativa, ben porque non pertencen ao nivel culto (vulgarismos, dialectalismos), ben por non seren palabras de uso actual (arcaísmos), ben por seren inventos motivados indirectamente pola presión do castelán (hipergaleguismos).

Preguntas frecuentes

Cales son as etapas da normativización do galego?

Distínguense catro etapas: Galego Popularizante (ata finais do século XIX), Galego Enxebrizante (ata 1936), Galego Protoestándar (ata finais dos anos 70) e Galego Estándar (ata a actualidade).

Cando se aprobaron as normas ortográficas do galego?

A RAG e o ILG aprobaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego en 1982, levemente reformadas en 2003.

Que é unha interferencia lingüística?

É o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico, e afecta maioritariamente á lingua máis débil. Aparece en todos os planos da lingua.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que século comezou a normativización culta do galego?
2. Que caracterizou a etapa Protoestándar?
3. Que institucións aprobaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas en 1982?
4. Que é un hipergalguismo segundo o texto?
5. Que modelo culto na escrita seguía o Galego Enxebrizante?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.