Literatura Galega Contemporánea: Manuel Antonio, A Posguerra e o Exilio
Manuel Antonio e a Vanguardia Poética
A obra máis importante de Manuel Antonio é De catro a catro. É o diario poético dunha viaxe polo mar e, ao tempo, dunha viaxe interior marcada pola soidade e a ausencia. A súa obra caracterízase por empregar unha linguaxe experimental e renovadora, na que elimina a rima, a métrica, a división estrófica e o ritmo. Distribúe de forma noidosa os espazos, altera a tipografía... Poesía conformada por unha sucesión de imaxes novidosas ausentes de todo sentimentalismo.
A Cultura Galega na Posguerra
A posguerra foi un tempo de represión. A ideoloxía do franquismo era contraria á democracia, afectando sobre todo ás organizacións de esquerda e ás nacionalistas. As consecuencias para a vida cultural foron as seguintes:
- Clasuráronse as editoriais, as revistas e os xornais.
- Foron fusiladas persoas relacionadas co mundo da cultura, como Ánxel Fole, Alexandre Bóveda ou Víctor Casas.
Só co paso dos anos, de xeito tímido, comezaron a publicarse algúns libros en galego, sempre de poesía e sen ningún contido que puidese molestar ás autoridades franquistas.
O Labor Cultural dos Exiliados
Entre os exiliados salientan nomes de gran importancia como Luís Seoane, E. B. Amor, Rafael Dieste, Lorenzo Varela e Emilio Pita. Eles puxeron en marcha numerosas iniciativas para manter viva a cultura galega:
- Edición de revistas culturais e literarias: Galicia, Galicia Emigrante, entre outras.
- Creación de canles para a publicación de libros en galego.
- Consolidación dun teatro en galego: O Teatro Popular Galego.
- Extenso labor de divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante.
Poesía do Exilio: Liñas Temáticas e Autores
Liñas Temáticas
- Intimista: Distancia da terra, dor, sufrimento, morriña e saudade, todo motivado pola emigración e polo exilio.
- Social: Exilio, represión despois da Guerra Civil e vivencias da súa xeración.
Autores Máis Importantes
- Luís Seoane: Obras como Fardel de eisilado ou As cicatrices.
- Lorenzo Varela: Coa súa obra Lonxe.
- Emilio Pita: Autor de Jacobusland.
Eduardo Blanco Amor: Obras Máis Destacadas
- A esmorga: Ambientada nos arrabaldes de Ourense. Contrúese como a declaración ante un xuíz dun dos personaxes, Cibrán, detido tras a morte dos seus compañeiros. Narrada cunha linguaxe dura e realista, o libro consegue crear unha atmosfera trágica e opresiva.
- Xente ao lonxe: Cóntanos, a través dos ollos dun neno, a historia dunha familia obreira e de esquerdas. Narrada de xeito fragmentario e con técnicas experimentais, é unha novela emotiva e chea de forza.
- Os biosbardos: Recolle sete contos onde Blanco Amor explora diversas facetas da infancia e da adolescencia.